PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Proxecto Derriba Edicións
Pensar (dende) a precariedade: reinscribindo o común con Judith Butler

Pensar (dende) a precariedade: reinscribindo o común con Judith Butler

Este libro podería presentarse como unha introdución á filosofía de Judith Butler –inda que quizais resulte ser máis ben unha prótese á súa obra, que ten que afrontar o risco que supón escribir sobre outra viva, sobre un corpus non fechado–; mais sobre todo é unha aposta pola necesidade de pensar (dende) a precariedade, de...
Derritaxes 12 · Cartografías das resistencias

Derritaxes 12 · Cartografías das resistencias

NÚMERO 12. Decembro 2013 pdf completo   Editorial   O presente texto leva por título “Cartografías das resistencias”. Mais leva inserido un subtítulo: “As transformacións da praxe política ou as revoltas globais”, e neste caso, quizais a mellor vía para a construción dunha editorial que dea conta do que aquí se vai falar sexa analizar...
Derritaxes 11 · Escrita(s) II

Derritaxes 11 · Escrita(s) II

NÚMERO 11. Xuño 2013 . EDITORIAL Seguramente un dos camiños que a novidade ten para saír adiante é a partir da repetición –é algo sabido–, da decisiva influencia que se dá no presente tanto dende a insistencia do pasado coma dende o asedio continuo do porvir. Claro que esa insistencia do asedio fai irromper novas...
Derritaxes 10 · Escrita(s)

Derritaxes 10 · Escrita(s)

  NÚMERO 10. Decembro 2012 pdf completo . EDITORIAL Este ano produciuse algo que para Proxecto Derriba foi da orde do acontecemento: un encontro cunha deconstrución da escritura, cunha repolitización do discurso (pre)individual que sempre fai parte dun desexo colectivo, cunha performance da experiencia da escritura. Estamos a falar, á fin, do noso encontro coas...
Derritaxes 9 · Eco-Políticas

Derritaxes 9 · Eco-Políticas

  NÚMERO 9. Agosto 2012 pdf completo . Nun momento no que a conversión do ecolóxico en etiqueta comercial convive coa destrución efectiva do oikos, a ecoloxía é lugar de resistencia e espazo suxeito a múltiplesreapropiacións. A ecoloxía política e a ecoloxía económica xorden no último terzo do século XX asociadas á crise das materias...
Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze é un dos autores aos que a tópica acostuma a facer parte dunha filosofía de liña diferencial –xunto a, entre outros, Jacques Derrida, con quen terá puntos en común pero, especialmente, unha distinción clara que fai que ambos se separen radicalmente: o estilo1–. Neste texto apostarase pola tese de que para Deleuze o concepto central da súa...
Derritaxes 8 · 15M

Derritaxes 8 · 15M

  NÚMERO 8. Decembro 2011 pdf completo . Faltan os nomes e quedan as datas. O 15 de maio prendeu simultaneamente en moitos lugares do Estado español un movemento que escapa, nas súas derivas heteroxéneas e na complexidade dos seus artellamentos, á asignación dun nome único. No inicio, unha convocatoria por internet no nome dunha...
O debuxo dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton.

O debuxo dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton.

Eagleton inicia estudos de doutoramento supervisado por Raymond Williams, un dos seus referentes. No Jesus College, Cambridge, xa combina aulas coa a pescuda teórica na súa tese sobre Edward Carpenter, o poeta e escritor victoriano. Involúcrase a fondo en actividades da esquerda católica baixo a influencia de teólogos dominicos coma Laurence Bright e Herbert McCabe,...
Derritaxes 7 · Universidad: ortodoxia e expansión

Derritaxes 7 · Universidad: ortodoxia e expansión

NÚMERO 7. Xuño 2011 PDF completo . Bolonia, 19 de xuño de 1999. Declaración de Bolonia. Declaración conxunta dos señores ministros europeos de educación. Construír unha universidade europea. A Europa do coñecemento, crecemento social e humano, a cidadanía europea, promocionar a mobilidade, obtención de emprego, independencia e autonomía das Universidades, responder ás demandas da sociedade,...
Derritaxes 6 · Filosofía e Literatura

Derritaxes 6 · Filosofía e Literatura

NÚMERO 6. Decembro 2010 PDF completo Mesmo agora, e máis que nunca, máis desesperadamente que nunca soño cunha escritura que non sería nin filosofía nin literatura, nin sequera contaminada pola unha ou a outra, ao tempo que garda, non teño ningún desexo de renunciar a iso, a memoria da literatura e da filosofía. J. Derrida:...
Derritaxes 5 · Procomún

Derritaxes 5 · Procomún

NÚMERO 5. Xunho 2010 PDF completo EDITORIAL “O Procomún son espazos institucionais nos que podemos practicar un tipo particular de liberdade: liberdade fronte ás restricións que normalmente aceptamos como precondicións necesarias do funcionamento dos mercados” Yochai Benkler. The Political Economy of Commons “Non haberá unha resposta verdadeira á crise ecolóxica máis que a escala planetaria...
Fredric Jameson: ENTRE Posmodernidade E UTOPÍA

Fredric Jameson: ENTRE Posmodernidade E UTOPÍA

Se queremos tratar o tema da postmodernidade debemos en primeiro lugar ver de onde sae, fronte a que reacciona e cal é a súa exacta relación con aquilo que o seu propio nome presupón que a precede: a modernidade. Para iso pode ser un bo camiño remitirse aos anos 60, onde o pulo ilustrado moderno...
Derritaxes 4 · Fronteira(s)

Derritaxes 4 · Fronteira(s)

NÚMERO 4. Decembro 2009 PDF completo EDITORIAL Neste número tentamos planear sobre o tópico fronteira(s) –incidimos nesa (s) irredutíbel porque non hai só unha– recollendo textos diversos sobre fronteiras tamén diversas que non se deixan reducir a unha única modalidade de discurso. Todos cruzamos fronteiras e somos constituídos nelas, pero tamén as constituímos: aquí-agora escribindo....
Deconstruccións. Unha volta a Jacques Derrida

Deconstruccións. Unha volta a Jacques Derrida

VOLTA Á INTRODUCIÓN   É preciso volver. Xamais poderiamos empezar así unha introdución porque o deber que implica a propia sentenza a convertería xa nunha volta, nunha re-vinda ou reaparición. Non sería xamais, por principio e por estar no principio, un principio. ¿Como empezar entón unha introdución, un texto ou un discurso?, ¿como empezar?, ¿por...
Ulrich Beck. Cosmopolitismo versus Globalización

Ulrich Beck. Cosmopolitismo versus Globalización

A modernidade reflexiva é o título que leva un libro coeditado por Ulrich Beck xunto ós sociólogos ingleses Anthony Giddens e Scott Lash no ano 1994. O libro ten tres capítulos, un por cada autor, máis un cuarto onde se recollen certas discrepancias entre as súas visións teóricas. No capítulo aportado por Ulrich Beck faise...
Número 3 · Alteridade Radical

Número 3 · Alteridade Radical

NÚMERO 3. Xuño 2009 PDF completo  Sempre pensando en ti, sempre repetindo contigo. A tematización da Alteridade ao longo da liña que este colectivo desenvolve na historia da filosofía contemporánea –algo que pode ser de feito contraproducente– desprázase dende o concepto de acontecemento –sexa en Heidegger (Ereignis) ou Deleuze (L’evenement)– á concepción do tout autre en Derrida, o...
Outro Xeito de ser: unha introducción ó pensamento de Gianni Vattimo

Outro Xeito de ser: unha introducción ó pensamento de Gianni Vattimo

Como persoa que se enfronta á terefa de intentar expoñer sinteticamente o pensamento dun autor que plantexa que a metodoloxía hermeneútica é a máis adecuada, dende unha perspectiva contemporánea, para o pensamento e a verbalización filosófica, e como admirador confeso da prosa de Thomas Bernhard, véxome obligado a aclarar xa dende un principio que o...
Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude

Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude

Sempre que temo-la pretensión ou o desexo de acceder ás claves do pensamento dun autor debemos fixarnos especialmente tanto na súa biografía coma nas súas influencias. Isto é básico para contextualiza-la súa obra. Pero no caso de Toni Negri convértese na chave coa que podemos acceder polo menos ao motivo polo que tódalas súas inspiracións...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies