PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Posts tagged "monografías"
Pensar (dende) a precariedade: reinscribindo o común con Judith Butler

Pensar (dende) a precariedade: reinscribindo o común con Judith Butler

Este libro podería presentarse como unha introdución á filosofía de Judith Butler –inda que quizais resulte ser máis ben unha prótese á súa obra, que ten que afrontar o risco que supón escribir sobre outra viva, sobre un corpus non fechado–; mais sobre todo é unha aposta pola necesidade de pensar (dende) a precariedade, de...
Compostela (Libraría Couceiro) Presentación monografías: ULRICH BECK e TERRY EAGLETON

Compostela (Libraría Couceiro) Presentación monografías: ULRICH BECK e TERRY EAGLETON

MARTES, 28 DE MAIO DE 2013 ás 20:00h Presentación das monografías sobre ULRICH BECK e TERRY EAGLETON LIBRARÍA COUCEIRO PRAZA DE CERVANTES – COMPOSTELA intervirán:       XOSÉ MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ (autor de O deseño dun círculo marxista)     MIGUEL MOSQUEIRA (Estaleiro editora)     FRANCISCO CONDE SOTO (autor de Cosmopolitismo versus globalización)...
Auriense (Ourense) Presentación monografías: ULRICH BECK e TERRY EAGLETON

Auriense (Ourense) Presentación monografías: ULRICH BECK e TERRY EAGLETON

O próximo sábado, 25 de Maio às 20 h. no Café cultural Auriense (Ourense) Estaleiro Editora presentación de: O deseño dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton e Cosmopolitismo versus globalización. Unha lectura de Ulrich Beck. As obras son resultado da colaboración continuada que manteñen os colectivos Estaleiro Editora e Proxecto Derriba, ao que pertencen os dous...
A.C. BOU EVA Presentación Monografías Pensamento Contemporáneo

A.C. BOU EVA Presentación Monografías Pensamento Contemporáneo

24 de Maio,ás 20.00. Presentación da colección de monografías de pensamento contemporáneo “Materiáis e Ferramentas Procomún“, no Bou Eva (Vigo) Descarga o artigo en PDF
Presentación das monografías sobre ULRICH BECK e TERRY EAGLETON

Presentación das monografías sobre ULRICH BECK e TERRY EAGLETON

O próximo venres, 26 de Abril às 20 h. no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, LALÍN, Estaleiro Editora presentación de: O deseño dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton e Cosmopolitismo versus globalización. Unha lectura de Ulrich Beck. O acto contará coa presenza de Francisco Conde Soto (autor de “Cosmopolitismo versus globalización”), Carme Adán Vilamarín (filósofa e...
Presentación en Compostela das monografías sobre Terry Eagleton e Ulrich Beck

Presentación en Compostela das monografías sobre Terry Eagleton e Ulrich Beck

O próximo martes, 19 de marzo, às 20 h. na sala 4 da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, Estaleiro Editora presenta dúas novidades da súa colección de ensaio: O deseño dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton e Cosmopolitismo versus globalización. Unha lectura de Ulrich Beck. O acto contará coa presenza...
Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze é un dos autores aos que a tópica acostuma a facer parte dunha filosofía de liña diferencial –xunto a, entre outros, Jacques Derrida, con quen terá puntos en común pero, especialmente, unha distinción clara que fai que ambos se separen radicalmente: o estilo1–. Neste texto apostarase pola tese de que para Deleuze o concepto central da súa...

Dúas novas Monografías: Beck e Derrida

Conforme tiñamos anunciado, publicamos dúas novas monografías do proxecto Monografías de Pensamento Contemporáneo. Nesta ocasión serán as análises do pensamento de Ulrich Beck, co título Ulrich Beck Cosmopolitismo versus Globalización, e Jaques Derrida, Deconstrucións. Unha volta a Jacques Derrida, asinadas respectivamente polos irmáns Frank Hauser e Drocha Hauser. Están os pdfs de libre descarga dende...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies