O debuxo dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton.

Eagleton inicia estudos de doutoramento supervisado por Raymond Williams, un dos seus referentes. No Jesus College, Cambridge, xa combina aulas coa a pescuda teórica na súa tese sobre Edward Carpenter, o poeta e escritor victoriano. Involúcrase a fondo en actividades da esquerda católica baixo a influencia de teólogos dominicos coma Laurence Bright e Herbert McCabe, contribuíndo a fundar e publicar a revista radical Slant, unha achega crítica aos debates en torno á dirección que tomaba o catolicismo nos anos 60. Gerard M. Hopkins e Graham Greene, escritores católicos, son tema dos seus primeiros ensaios, tratando a metafísica do pecado e a culpa cun fervoroso escolasticismo relixioso. Coma defensor da «verba» e a «verdade» que é, desexará por freo máis tarde aos voos da deconstrución, recorrendo a modelos de xustiza social e virtudes cívicas co selo tanto do catolicismo radical coma do socialismo revolucionario.

pdf completo


Comentarios

Unha resposta a “O debuxo dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton.”

  1. […] manteñen os colectivos Estaleiro Editora e Proxecto Derriba, ao que pertencen os dous autores. Na monografía sobre Eagleton, Xosé Manuel López, que asina o libro co pseudónimo Karl Hauser, estabelece unha cartografía […]

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies