Nun momento no que a conversión do ecolóxico en etiqueta comercial convive coa destrución efectiva do oikos, a ecoloxía é lugar de resistencia e espazo suxeito a múltiplesreapropiacións. A ecoloxía política e a ecoloxía económica xorden no último terzo do século XX asociadas á crise das materias primas para lembrar o que a economía hexemónica facía poresquecer: o crecemento infinito que esixe a dinámica capitalista non é viábel nun mundo finito. Paralelamente, dos restos da crítica post-estrutural ao suxeito humanista e á dicotomíaentre natureza e cultura xurdía outra noción de natureza, máis aló das oposicións binarias, que forzaba a novas inscricións do político. Nese espazo converxen as loitas pola defensa dosbens comúns, as resistencias aos efectos máis nocivos da industrialización ou a protección da terra (non só como paisaxe, senón como xeito de vida) artellando así os principais lugares decrítica práctica á dinámica do actual sistema económico. Unha natureza alongada e redefinida tórnase o espazo principal de loita duns movementos que se saben políticos e que están amudar o topos político mesmo.
Neste novo número Derritaxes tentamos reescribir as mutacións radicais ou os desprazamentos mínimos que dende aí se inflixen aos xeitos usuais de pensar o político, o económico e asrelacións entre o “social” e o “natural” atendendo ao noso aquí e agora e destacando as resistencias imposíbeis que nel están a ter lugar. Os artigos que compoñen esta edición elaboran,dende espazos teóricos á vez heteroxéneos e afíns, unha cartografía suxerida das ecopolíticas contemporáneas: a necesidade de superar a noción de biopolítica como horizonte críticopresente repensando a noción de vida aí implicada, a visibilización de alternativas fronte ás xustificacións instrumentais do control técnico dos comúns, a apertura dun espazo máis aló danoción de dereito no que respecta á natureza e ás políticas que a teñen por obxecto, para abrir o lugar dunha relación desapropiadora, a construción dunha narrativa crítica fronte aostópicos asumidos respecto ao “feísmo” que abra outra mirada sobre o xeito no que os grupos humanos se constrúen no espazo e sobre os micro-espazos de resistencia ao capitalismoglobal, a reivindicación da relación entre arte e natureza para recuperar espazos danados pola actividade extractiva, ou a necesidade de ir máis aló do conservacionismo e dunha ideainxenua de natureza para poñer en primeiro plano das políticas ecolóxicas a cuestión da cidade. Todas elas liñas diversas mais converxentes que se esforzan en reinscribir a que “aquíagora” é xa a política por vir.
Derritaxes
desenvólvese mediante un percorrido imposíbel á
procura das pegadas, lembranzas e retornos
daqueles que perseveraron con e por ela. Fai dó, así
mesmo, polxs amigxs inesquecibeis.
Derritaxes, á fin, edítase na memoria de
Paco Vidarte.
DOCUMENTOS
Da biopolítica á ecopolítica – Beatriz Hauser
Pode aínda, para nós aquí e agora, funcionar a biopolítica como o designador dos complexos mecanismos de poder que nos constrúen, e como o lugar dunha resistencia (im)posíbel? Neste artigo tentaremos remarcar dende os seus desenvolvementos contemporáneos outra noción de vida irredutíbel a calquera contraposición binaria e que faga xustiza á multiplicidade do vivo. Trátase de proseguir o paso do bíos cara o oikos no pensamento contemporáneo para rearticular as relacións entre a natureza, o traballo e a política.
A xestión popular da auga: respostas locais fronte á globalización centralizadora – David Barkin
O crecente proceso de privatización dos servizos de xestión e distribución dos recursos hídricos non parece ofrecer solucións axeitadas para responder as múltiples funcións e demandas que xorden dos mesmos. En México, e outras partes de América Latina, están a xurdir novas propostas “populares” de control local dos procesos de “produción da auga” como parte dunha estratexia alternativa de supervivencia das comunidades tradicionais. Neste traballo ofrécese unha discusión e avaliación dalgunhas destas opcións, subliñando as características delas que poderían contribuír á resolución dos graves conflitos que están a xurdir.
Territorios desprezados-pero-sen-prezo – Iago Carro / Ergosfera
A hipótese principal deste traballo é que moitos dos procesos vinculados ao feísmo achegan valores ao territorio postmetropolitano ou transxénico; polo que o seu obxectivo será a construción dunha narrativa crítica capaz de contrapoñerse ás inercias mediáticas xa consolidadas e ás accións lexislativas anti-feísmo que empezan a saír do forno en Galicia, é dicir, expoñer as calidades duns territorios que, tras ser deostados (primeiro polo Mercado, como improdutivos, e agora polo Estado, como feos), necesitan novos relatos e argumentos para manter aberta a súa posibilidade.
É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade – Dexectora Castro
Partindo da urxencia no contexto galego de abordar a problemática ecolóxica de forma transversal, promóvese como movemento de resistencia política unha experiencia da propiedade que non exclúa a propia imposibilidade de ser propietario. Para iso analízase e ponse en cuestión o dereito á propiedade que rexe o modelo socio-político vixente e que dá lexitimidade á lóxica de dominación, percorrendo a modo de exemplificación distintos fitos –principalmente anarquistas– que se atreveron a impugnalo. Trátase así de amosar un dos mecanismos determinantes nos que se xoga que o risco de relacionármonos co que nos rodea doutro xeito traia consigo un cambio de modelo político-económico.
Da era do desenvolvemento á era da sustentabilidade – Edoardo Bazzaco
De todos os que se asociaron á palabra “desenvolvemento”, o epíteto que actualmente máis “fieis” semella ter nas ciencias sociais e naturais é o que fai referencia ao suposto paradigma da sostibilidade. O paradigma da sostibilidade preséntase como unha discontinuidade importante respecto ao discurso economicista tan profundamente ligado ao mito do desenvolvemento dende o seu nacemento. Pero, é real, efectiva, conceptualmente xustificábel esta discontinuidade?
CONTEXTOS
Urbanismo e sustentabilidade – Culturambiente
CONVERSA
Vandana Shiva – Biodiversidade, desenvolvemento local e crise financeira
DERIVAS
Mapacrítico – Galiza Non Se Vende e Rede De Dereitos Sociais
Viñeta – Delmiro e Mude Hauser
RECENSIÓNS
O natural é político, Teresa Moure
ILUSTRACIÓNS
Sao Hauser
http://santatorpeza.wordpress.com/
1 comment
E recomendamos: Territorios despreciados-pero-sin-precio / | O monte é noso says:
Feb 25, 2013
[…] Máis info en: http://proxectoderriba.org/derritaxes-9/ […]