Unha posibilidade, dende o noso aquí-agora, é asumir que as fronteiras conceptuais como tales marcharon deixando unha pegada noxenta, xa que a filosofía pasaría a atravesar todas elas do(s) mesmo(s) xeito(s). Outra sería analizar algunhas disciplinas como a arquitectura e a literatura para ver como, especialmente a partir da segunda metade do s. XX, esas fronteiras deixan de ser operativas.
Mais isto non deixa ver simplemente unha problemática conceptual, senón que a fronteira como tal, e a barreira que leva consigo, tamén implican un control no que ao tratamento das persoas se refire. Nestes casos o paradigma é o control das migracións polas novas figuras da biopolítica, e quizais neste caso a análise do dereito e os testimonios dxs migrantes sexan os máis axeitados para tratalo. Pero tamén está o xeito no que eses mesmos se apropian e narran, na súa experiencia, os recunchos precarios que nos deixan, pero dende os que se poden construír outros espazos, resistindo as fronteiras.
CONTIDOS
_____________________________________________
DOCUMENTOS
(A) fronteira(s) postmoderna(s) · Sören Hauser
Para tratar pormenorizadamente o tema da(s) fronteira(s) desde unha posición que afirme que o propio concepto desta(s) vaise disolvendo aos poucos na época contemporánea, cremos axeitado un enfoque que parta dunha separación, é dicir, unha fronteira, que refira á época histórica chamada postmodernidade definíndoa sempre en referencia ao que se considera algo xa pasado, tanto no sentido de “época pasada con visos de retornar” como no de “época definitivamente abandonada”. Cremos importante esta delimitación pois só desde a marca dun paso dun lugar a outro podemos deixar facer o trazo da fronteira, velo e vivilo. Precisamente a relación tan especial que existe entre a modernidade e a postmodernidade, onde ambas as dúas se copian, asisten, reiteran e recuperan pódenos dar algunha pista sobre a ambigüidade de toda separación ou unificación baixo un mesmo criterio.
Nunca souben contar unha historia · Drocha Hauser
Esta é a historia dunha fronteira que non ten principio [ou ben comeza demasiado lonxe na obediencia homicida de Abraham que, por gardar o segredo e abrir así a porta á literatura, entrega ao seu fillo Isaac á morte e obriga a través da súa fe submisa a rectificar ao mesmísimo Deus, converténdoo así en culpable]. Esta é a historia dunha fronteira que se garda de e na memoria pero que carece, paradoxo insalvable, de memoria [pois a deusa Mnemósine goza dun saudable porvir só en canto borra o seu nome]. Esta é a historia abisal dunha fronteira sen fronteira, dun “nin nin”, daquilo que pisando as pegadas da literatura e da filosofía (non) é nin literatura nin filosofía. ¿Pódese contar esta historia? Aquí a conta o que confesa, liberando así o segredo, “nunca souben contar unha historia”.
A reflexión que se pretende presentar neste texto parte dunha metáfora, mellor dito, do cuestionamento dunha metáfora que, a pesar de ter acadado grande éxito, merece unha certa reconsideración. Tráta-se da expresión Europa Fortaleza, empregadade xeito cotián en todo xénero de análises críticas do actual réxime de biopoderinstituído no marco da UE fronte axs migrantes. Esa expresión, alén da sua poderosa carga simbólica, é inaxeitada para representar a realidade do complexo modelo de xestión de fronteiras hoxe vixente.
Carta a unha amiga galega · Josemari Ripalda
En que condicións e por canto tempo pode ser un nome político de lugar o refuxio para a xustiza que falta, que sempre falta? Estamos sen nomes propios para unha carencia aberta ou eses nomes –ti sabes que teño un, pero con moita indecisión–até o de agora foron incapaces de marcar unha dirección á dispersión que os poboa. Disgregación do bucle reflexivo, inaccesibilidade da lingua. Pero ademais, a que pasado recorrer cando se nos privou del e só existe unha e outra vez como espectro? Que futuro anterior será o de quen só dispón de vitorias ficticias e derrotas reais?
Arquivos e territorios: o lugar da fronteira. Ensaio breve en dous movementos. Paz Sastre Domínguez
Froito da investigación conducente á tese doutoral, este breve ensaio explora as cuestións fronteirizas dende a reconfiguración histórica e tecnolóxica dos territorios e os arquivos. Aos procesos de globalización como metamorfose viva dos cambios acaecidos tras a extinción do muro económico de Berlín, corresponde un renovado posicionamento do cultural como enclave da política contemporánea transnacional. Por outra banda, coas tecnoloxías dixitais iníciase un proceso de industrialización sen precedentes dos fenómenos socioecolóxicos e socioculturais, grazas ao carácter transversal destes medios capaces de abranguer toda a cadea de produción, distribución e recepción de dispositivos, bens, persoas e mensaxes. De aí que o ensaio defenda a existencia dunha única fronteira: aquela que conecta ao espazo físico co espazo dixital.
ENTREVISTA
En torno ás fronteiras: tres voces – Beatriz Hauser e Jana Días Juhl
RECENSIÓNS
Cosmopolitanism and the Geographies of Freedom, de David Harvey – Beatriz Hauser
Conjunciones. Derrida y compañía, del Grupo Decontra – Drocha Hauser
CONTEXTOS
A lingua – Pablo Ibáñez De Lille
Bordes. A vulnerabilidade do libro – Beatriz Hauser
DERIVAS
Labour day site– Beatriz Hauser
Finis rerum. In limine temporis – Marcello Barison
ILUSTRACIÓNS
Sao Hauser
http://santatorpeza.wordpress.com/
http://copygrafias.wordpress.com/