PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Author Archive
Quizais

Quizais

Xa está nas librerías Quizais. Filosofía ético-política do porvir, do filósofo galego Delmiro Rocha. Este título novo da colección Casabranca, dedicada á filosofía, pescuda na consecuencia política da aplicación do que Jacques Derrida chamou “a lóxica do quizais”: a deconstrución da democracia. É no interior inestable deste concepto que camiña desde Grecia onde o quizais atopa o seu lugar de...
A escritura poética ou a douta ignorancia

A escritura poética ou a douta ignorancia

D.Rocha Hauser  Resumo O poema en tradución do saber, a súa suspensión, como o seu contrapaso, aparece aquí como o resto do saber, en suma, o saber mesmo que xa non sabe. A-identitario, a-poietico e a-humano/animal, o poema deixa latexar o seu corazón robotizado e pon en xogo, antes que ao saber absoluto, ao poema...
Viñeta

Viñeta

Descarga o artigo en PDF

Manifestación

Drocha Hauser Había unha morea de xente. Resultaba imposible calcular a cantidade estando no medio da masa. Todas as rúas anexas á Puerta del Sol estaban anegadas pola multitude. Moitos de nós chimpabamos ao ritmo do cántico “ANTI-ANTI-ANTICAPITALISTA!” – Se te ha caído — dixo mentres recollía do chan a miña palestina. – Gracias —...

Fe na universidade

Drocha Hauser Resumo: O famoso debate medieval entre fe e saber ten unha inédita actualidade na universidade contemporánea. Esta, garante e gardián do saber, é a fe como garda e guarida, a fe como saber e o saber como fe. Este concepto de fe —previo ao relixioso— maniféstase como inseparable do saber na era do...

Deconstrución de O Rei Lear de Shakespeare: Acto I

O 4 de Marzo de 1963 no Collège Philosophique Derrida le o seguinte:1 Drocha Hauser Creo que a historicidade en xeral sería imposible sen unha historia da filosofía e creo que esta sería imposible á súa vez se non houbese máis que hipérbole, por unha parte, ou se non houbese, por outra parte, máis que...

Ser atrapado e ser aforcado: autores do golpe, a pena de morte

  “SER ATRAPADO E SER AFORCADO”:AUTORES DO GOLPE, A PENA DE MORTE1 Thomas Dutoit O meu título carrexa un erro que é culpa miña. En lugar de “ser atrapado e ser aforcado” debería entregar “Atrapar e aforcar” porque é unha cita, pero unha cita dunha gravación e non dun texto. A cita “Atrapar e aforcar”...
Jacques Derrida: Séminaire La bête et le souverain  II (2002-2003)

Jacques Derrida: Séminaire La bête et le souverain II (2002-2003)

Drocha Hauser No marco da colección “La Philosophie en Effet“, dirixida inicialmente por Jacques Derrida, Sarah Kofman, Philippe Lacoue-Labarthe e Jean-Luc Nancy ­­­­­­­­­­­—aínda que só Nancy está vivo na actualidade—, a editorial Galilée publica en París o segundo volume do Séminaire La bête et le souverain que Jacques Derrida impartiu en París no curso 2002-2003....
C. de Peretti e E. Velasco (EDS.) Conjunciones. Derrida y compañía, Madrid, Dykinson, 2007.

C. de Peretti e E. Velasco (EDS.) Conjunciones. Derrida y compañía, Madrid, Dykinson, 2007.

Drocha Hauser Conjunciones. Derrida y compañía. Baixo este título publícase o cuarto libro do Grupo Decontra. Froito dun seminario levado a cabo no anos 2002-2003, que versaba sobre “os amigos de Derrida”, reúnense neste volume 17 textos inéditos. Nesta ocasión, o grupo de investigación máis importante do estado Español sobre deconstrución foi máis alá das...

Nunca souben contar unha historia

 Drocha Hauser “Nunca souben contar unha historia”2. Con esta frase o filósofo francés Jacques Derrida empeza o seu libro titulado Mémoires- Pour Paul de Man. Concretamente é a primeira frase do primeiro capítulo titulado, á súa vez, “Mnemósine”, palabra que en grego significa memoria. “Nunca souben contar unha historia”. Principio enigmático, principio imposible. Imposible, principalmente,...
Deconstruccións. Unha volta a Jacques Derrida

Deconstruccións. Unha volta a Jacques Derrida

VOLTA Á INTRODUCIÓN   É preciso volver. Xamais poderiamos empezar así unha introdución porque o deber que implica a propia sentenza a convertería xa nunha volta, nunha re-vinda ou reaparición. Non sería xamais, por principio e por estar no principio, un principio. ¿Como empezar entón unha introdución, un texto ou un discurso?, ¿como empezar?, ¿por...

TRADUCIR AO OUTRO Entrevista con Cristina de Peretti

TRADUCIR AO OUTRO Entrevista con Cristina de Peretti (Adirías Hauser)1 – Drocha Hauser: Boas tardes, Cristina, e antes de empezar, moitas grazas. A nosa intención é abordar, no limitado espazo duns minutos e apenas uns folios, un tema ilimitado, ilimitábel: A alteridade. Pero, de forma preliminar, o primeiro problema que se nos formula é a...

Derivas: Dunha lingua a outra

Drocha Hauser     O mundo está cheo de curas e hainos de todas as clases, iso está clarísimo. E os peores non son os que vestidos de corvos apracibles adestran a miña avoa a acertar coa moeda na fenda do cepillo senón os que disfrazados de segrares con retóricas amables e eruditas, presbíteros fisicometamaníacos,...
Seminario "A besta e o soberano". Recensión crítica

Seminario “A besta e o soberano”. Recensión crítica

DERRIDA, JACQUES. SÉMINAIRE LA BÊTE ET LE SOUVERAIN. VOLUME I (2001-2002). Ed. Galilée. 2008. París.   A publicación póstuma do último seminario que Jacques Derrida impartiu na L´École des Hautes Études en Sciences Sociales de París entre os anos 2001 e 2003 pon moitas cuestións en xogo. A cuestión do contido é fascinante e enriquecedora....

Colloque International Derrida Politique

Descarga o artigo en PDF

Sempre nos quedaba…

Paco nunca foi demasiado afeccionado ás homenaxes nin eu tampouco. Non obstante, cando o Decanito (como Paco o chamaba) díxome que ía organizar, na Facultade (de Filosofía. UNED. Madrid), unha homenaxe a Paco e que quería que eu estivese nesta mesa, non puiden dicirlle que non. En ocasións, tampouco o silencio é a mellor opción....

Até logo, Paco

Sobra dicir que é realmente imposible dicir adeus. E menos reunir nunhas poucas palabras o que Paco Vidarte significou, e significará aínda por moito tempo, quizais por sempre, para a institución universitaria. Cunha agravante: a todos aqueles que éramos e somos amigos de Paco resúltanos, outra vez, imposible dicir o que significan as palabras “Profesor...

Amor a Cachón

AMOR A CACHÓN Drocha Hauser E canta máis forza facía máis me resistía, máis me doía, pero non abandonaría simplemente por iso. Levaba tanto tempo soportando o seu peso abusivo, os seus golpes, os seus simétricos e constantes golpes, dolorosos como ningún porque a mocada máis vehemente é a que cicatriza máis alá da faciana....

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.