#Seminario Comúns e Cultura no MARCO

Este ano imos andar coordenando o Seminario “Comúns e Cultura” que organiza o compa Fran Quiroga de Montenoso, no MARCO de VIGO. Reproducimos abaixo a info do programa completo, que podedes atopar aquí.
  • Datas: 22 abril 20171 marzo 2018
  • Lugar: ANEXO (vestíbulo principal)
  • Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 y de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
  • Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo


Dirixido por Fran Quiroga
Proxecto gañador da Convocatoria de proxectos ANEXO 2017

Os museos de arte contemporánea son espazos creadores de subxectividades, e tamén amplificadores de narrativas; son lugares para o sublime, mais tamén facedores do presente. Han ser lugares que interpelen a sociedade e que se vexan afectados por ela, nos que o compromiso coa contemporaneidade condicione a creación doutros modos de facer, nos que o discurso se configure como unha pedra angular da arte.

O #SALÓN DO MARCO configurase como un espazo recoñecible pola propia sociedade, como esa sala de estar dun fogar na que reunirse en torno a unha mesa ou sentarse no sofá e falar do devir e do cotía. Este ‘lugar para estar’ concíbese como un proxecto de mediación, experimentación e investigación colectiva que facilita o impulso de comunidades de aprendizaxe; considerando a mediación non como un proceso de explicación do que alí ocorre, senón como un dispositivo que procura tecer redes e xerar conexións.

A apertura dun salón no MARCO abre unha nova infraestructura no propio museo para experimentar outra interface que reivindica a capacidade da cidadanía de construír e facer comúns. A través dunha serie de disposititivos procúrase que a cidadanía se apropie do #SALÓN DO MARCO. A xeración de nodos de investigación, conversas, seminarios, a construción do propio espazo, ou o impulso de comunidades de aprendizaxe, son algunhas das intervencións a desenvolver.

Este proceso comeza coa propia construción do salón: un dispositivo denominado #Facer Espazo que partirá dun obradoiro aberto, previa inscrición, coordinado polo colectivo Tecnoloxías Apropiadas no que grazas a Alejandro F. Palicio construirase un espazo axeitado para os usos do salón.

A continuación impulsarase a comunidade de aprendizaxe #Clínica Colectiva de Proxectos, que sirva como consultora colectiva. E o colectivo Alg-a Lab, referente na creación contemporánea independente en Galicia, realizará un #Obradoiro sobre fabricación dixital.

Ao longo do verán a investigación experimental #Vigo Rebelde, o Metal en loita convertirase nun dos dispositivos centrais ao reivindicar o dereito á cidade e o carácter instituínte dos movementos sociais. Este proxecto, liderado polo colectivo Niquelarte, procura atender á memoria do presente da industria do metal e será coordinado pola investigadora Adela Vázquez.

O pensamento contemporáneo terá a súa presenza a través do #Seminario Comúns e Cultura organizado por Proxecto Derriba, colectivo que se define a si mesmo como unha “comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra”.

Pablo Andrade e Rita Caoba abordarán #Pan de Cona a través dunha conversa performativa. E o conxunto destas accións irá acompañado dunha #Curadoría da Escoita, así como a #Documentación en Código Aberto a través do blog https://salondomarco.tumblr.com/

Fotografía de portada: Deseño do Club Obreiro de Rodchenko, para a exhibición soviética na Exposition Internationale des Arts Décoratifs et Industriels Modernes de París, 1925 (detalle)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies