PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Monografías
Pensar (dende) a precariedade: reinscribindo o común con Judith Butler

Pensar (dende) a precariedade: reinscribindo o común con Judith Butler

Este libro podería presentarse como unha introdución á filosofía de Judith Butler –inda que quizais resulte ser máis ben unha prótese á súa obra, que ten que afrontar o risco que supón escribir sobre outra viva, sobre un corpus non fechado–; mais sobre todo é unha aposta pola necesidade de pensar (dende) a precariedade, de...
Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze é un dos autores aos que a tópica acostuma a facer parte dunha filosofía de liña diferencial –xunto a, entre outros, Jacques Derrida, con quen terá puntos en común pero, especialmente, unha distinción clara que fai que ambos se separen radicalmente: o estilo1–. Neste texto apostarase pola tese de que para Deleuze o concepto central da súa...
O debuxo dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton.

O debuxo dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton.

Eagleton inicia estudos de doutoramento supervisado por Raymond Williams, un dos seus referentes. No Jesus College, Cambridge, xa combina aulas coa a pescuda teórica na súa tese sobre Edward Carpenter, o poeta e escritor victoriano. Involúcrase a fondo en actividades da esquerda católica baixo a influencia de teólogos dominicos coma Laurence Bright e Herbert McCabe,...
Fredric Jameson: ENTRE Posmodernidade E UTOPÍA

Fredric Jameson: ENTRE Posmodernidade E UTOPÍA

Se queremos tratar o tema da postmodernidade debemos en primeiro lugar ver de onde sae, fronte a que reacciona e cal é a súa exacta relación con aquilo que o seu propio nome presupón que a precede: a modernidade. Para iso pode ser un bo camiño remitirse aos anos 60, onde o pulo ilustrado moderno...
Deconstruccións. Unha volta a Jacques Derrida

Deconstruccións. Unha volta a Jacques Derrida

VOLTA Á INTRODUCIÓN   É preciso volver. Xamais poderiamos empezar así unha introdución porque o deber que implica a propia sentenza a convertería xa nunha volta, nunha re-vinda ou reaparición. Non sería xamais, por principio e por estar no principio, un principio. ¿Como empezar entón unha introdución, un texto ou un discurso?, ¿como empezar?, ¿por...
Ulrich Beck. Cosmopolitismo versus Globalización

Ulrich Beck. Cosmopolitismo versus Globalización

A modernidade reflexiva é o título que leva un libro coeditado por Ulrich Beck xunto ós sociólogos ingleses Anthony Giddens e Scott Lash no ano 1994. O libro ten tres capítulos, un por cada autor, máis un cuarto onde se recollen certas discrepancias entre as súas visións teóricas. No capítulo aportado por Ulrich Beck faise...
Outro Xeito de ser: unha introducción ó pensamento de Gianni Vattimo

Outro Xeito de ser: unha introducción ó pensamento de Gianni Vattimo

Como persoa que se enfronta á terefa de intentar expoñer sinteticamente o pensamento dun autor que plantexa que a metodoloxía hermeneútica é a máis adecuada, dende unha perspectiva contemporánea, para o pensamento e a verbalización filosófica, e como admirador confeso da prosa de Thomas Bernhard, véxome obligado a aclarar xa dende un principio que o...
Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude

Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude

Sempre que temo-la pretensión ou o desexo de acceder ás claves do pensamento dun autor debemos fixarnos especialmente tanto na súa biografía coma nas súas influencias. Isto é básico para contextualiza-la súa obra. Pero no caso de Toni Negri convértese na chave coa que podemos acceder polo menos ao motivo polo que tódalas súas inspiracións...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.