PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Posts tagged "derritaxes10"
Derritaxes 10 · Escrita(s)

Derritaxes 10 · Escrita(s)

  NÚMERO 10. Decembro 2012 pdf completo . EDITORIAL Este ano produciuse algo que para Proxecto Derriba foi da orde do acontecemento: un encontro cunha deconstrución da escritura, cunha repolitización do discurso (pre)individual que sempre fai parte dun desexo colectivo, cunha performance da experiencia da escritura. Estamos a falar, á fin, do noso encontro coas...

Fisuras nunha liña de progresión: comprender entre o lume

Oriana Méndez orianamf@hotmail.com Resumo: Rexeitemos a orde para protexernos do caos. A dor, a angustia que se crava nos pulmóns ao vermos ideas opostas a si mesmas, ideas cruzadas consigo mesmas, un pensamento que xa non é transparencias: pensamentos apodrentados ou peor, pensamentos contraditorios que foxen da nosa comprensión, que non entran no aparato coherente...
O planeta ben o merece. Por favor, lean Barthes.

O planeta ben o merece. Por favor, lean Barthes.

Elisa Hauser Sören Hauser “Trata de soster un discurso que non se enuncie en nome da Lei e/ou da Violencia: un discurso cuxa instancia non sexa nin política, nin relixiosa, nin científica; que sexa, dalgún xeito, o residuo e o suplemento de todos estes enunciados. Como chamariamos a este discurso? Erótico, sen dúbida, pois ten...
Conversa con...   Claudio Pato: “Ser xusto co outro é aceptar a súa monstruosidade”

Conversa con… Claudio Pato: “Ser xusto co outro é aceptar a súa monstruosidade”

Conversamos con Claudio Pato sobre as motivacións que levaron a poñer en pé o proxecto denominado “Escrita(s)”, que ten lugar anualmente n’A Coruña dende o ano 2009, os seus antecedentes, obxectivos (de habelos), pretensións e desexos. Proxecto Derriba: Para empezar dunha maneira típica e tópica, e antes de entrar en materia, estaría ben a nivel...
A domadora

A domadora

Sabela López Pato Resumo1: Partiremos dun elemento central na escrita da arte contemporánea, o artefacto. Polo camiño, perderemos a noción de obra en tanto que unidade ou complexo de sentido e caeremos no disparatado. Presentareivos a domadora e descenderemos das peañas da arte ao lugar dos obxectos comúns: alí onde nós habitamos, alí onde sempre...
Vidaextra: Notas de Presentación para un Proxecto de Filme

Vidaextra: Notas de Presentación para un Proxecto de Filme

Ramiro Ledo Cordeiro  Resumo:  Guiándonos pola novela de Peter Weiss A estética da resistencia (1975-1981), trátase de superporlla ao noso día a día e de facermos o posíbel para tirarmos proveito dela. Gardando respecto polas características formais do texto, entraremos no edificio do Banco Español de Crédito, na Praza de Cataluña de Barcelona, a través...

Deconstrucións e outro. Unha fantoloxía do acontecemento

Sören Hauser  Resumo:  Hai silencios, marcas, secretos, outros, que non son senón fantasmas que se repiten, asedian e esixen unha concepción de tempo afastado da presenza, onde o pasado insiste no presente e a apertura ao por-vir é precisa. O fantasma aparece, ve e deixa marcas secretas e silenciosas que condicionan o noso ver e...

Errantes e místicas. Andar sen rumbo no cinema contemporáneo

  Marta Pérez Pereiro  Resumo:  A figura do flanêur asóciase á época de nacemento do tecido urbano que vai en paralelo ao agromar dos medios de comunicación de masas. O cinema, malia a súa capacidade para transmitir o espazo-tempo, a diferenza doutras artes, aínda non atopou a fórmula para trasladar a imaxes as camiñadas do...

T(r)opos ou unknow pleasures. A subversión do goce

Rebeca Baceiredo Resumo: A linguaxe empápase dunha orde social e reprodúcea. A linguaxe, logo, funciona con consignas. Que un texto dinamite a armazón pola que se liga ao statu quo é que as palabras dun texto deixen un espazo ao seu redor para poder latexar o seu ritmo, o seu tacto. Facer balbucir a lingua...

Bosques de texto. Rosalía de Castro e a lóxica da sensación

María do Cebreiro Rábade Villar Resumo1:  O artigo tentará mostrar a produtividade lingüística, ética e política dun motivo que funciona dun xeito transversal á totalidade da obra de Rosalía de Castro, e que constitúe unha figuración imaxinaria do mundo natural como algo susceptible de ser vulnerado ou ferido. Refírome á representación literaria da talla das árbores,...
Burrida

Burrida

Démobilise la culture mais ce que tu sacrifies en route, en traversant la route, ne l’oublie jamais dans ta docte ignorance (Jacques Derrida : Che cos’è la poesia?). Se queres respostar à pregunta “que é?” (ti esti) pon a careta coa que Derrida desmonta o Saber Absoluto. Para máis info: Entrevista a Claudio Pato; A escritura...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.