Gilles Deleuze é un dos autores aos que a tópica acostuma a facer parte dunha filosofía de liña diferencial –xunto a, entre outros, Jacques Derrida, con quen terá puntos en común pero, especialmente, unha distinción clara que fai que ambos se separen radicalmente: o estilo1–. Neste texto apostarase pola tese de que para Deleuze o concepto central da súa obra será o de acontecemento, que terá un carácter marcadamente ontolóxico por unha banda, e explicitamente político pola outra, abrindo mesmo a posibilidade de participar na creación do acontecemento político dun xeito explícito. Así mesmo, cremos que as repercusións que vai ter a súa filosofía –especialmente aquela que crea xunto a Félix Guattari– partirán tanto do concepto de acontecemento como do concepto de desexo –seguramente o concepto central da súa obra conxunta–, e que, por tanto, se tornan como decisivos para articular unha panorámica xeral da súa obra.
1 comment
Agora que (ou) que facer un eloxio da resistencia | Proxecto Derriba says:
Feb 13, 2014
[…] RUBÍN, Abraham (2012): Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo. Tirado o 31 de outubro de 2013 de http://proxectoderriba.org/gilles-deleuze-acontecemento-e-desexo/ […]