Como persoa que se enfronta á terefa de intentar expoñer sinteticamente o pensamento dun autor que plantexa que a metodoloxía hermeneútica é a máis adecuada, dende unha perspectiva contemporánea, para o pensamento e a verbalización filosófica, e como admirador confeso da prosa de Thomas Bernhard, véxome obligado a aclarar xa dende un principio que o presente escrito non é tanto unha exposición neutra da filosofía de Gianni Vattimo, como unha visión interesada do que eu coido que Vattimo dí. Trátase xa que logo, dun “digo que dí”, máis que dun “en efecto e obxectivamente Vattimo dí”. A postura sinalada, eminentemente interpretativa, permite un salto libre o pensamento do autor turinés de tal xeito que se deixe o lector a posibilidade de reinterpretar os textos de referencia escollidos -dun xeito interesado e por tanto non neutro-, que conforman a segunda parte do libro, así como a posibilidade de completar o tan só suxerido, indicando que, e esa é unha intención básica na exposición deste traballo, non se quere ofrecer unha visión única e unívoca da filosofía de Vattimo. As razóns son múltiples, mais entre elas indicar soamentes que tal postura negaría a propia metodoloxía de investigación plantexada, ademáis de que na medida do posíbel o que se quere é incluír activamente o lector na propia reflexión autónoma do autor estudado, sen visións últimas e completas da filosofía do autor turinés. Outra poderosa razón, se cabe a máis importante, e que incide no anteriormente sinalado, é que Vattimo é un autor que continúa escribindo e publicando na actualidade, é un autor pois rabiosamente contemporáneo…cómo querer defender unha visión explicativa pechada do que aínda está abríndose e fluíndo de por sí?.

Os contidos expostos na monografía reflexionan a medida que expoñen o pensamento de Vattimo sobre o pensamento de Vattimo, tomando como referencia unha serie de termos que considéranse representativos da teoría do autor. É de seu indicar que tal división só pretende alertar sobre a importancia relativa de tales termos, a súa inmersión explicativa demostrará que todos eles interrelaciónanse, coimplícanse e necesítanse para poderen ser comprendidos por separado, polo que tal división é manifestamente artificial, máis se cabe convencional e por elo nada orixinal, aínda que se espera que sexa na medida do posíbel útil. Sen máis…

pdf completo