PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Posts tagged "Acontecemento"

Deconstrucións e outro. Unha fantoloxía do acontecemento

Sören Hauser  Resumo:  Hai silencios, marcas, secretos, outros, que non son senón fantasmas que se repiten, asedian e esixen unha concepción de tempo afastado da presenza, onde o pasado insiste no presente e a apertura ao por-vir é precisa. O fantasma aparece, ve e deixa marcas secretas e silenciosas que condicionan o noso ver e...

T(r)opos ou unknow pleasures. A subversión do goce

Rebeca Baceiredo Resumo: A linguaxe empápase dunha orde social e reprodúcea. A linguaxe, logo, funciona con consignas. Que un texto dinamite a armazón pola que se liga ao statu quo é que as palabras dun texto deixen un espazo ao seu redor para poder latexar o seu ritmo, o seu tacto. Facer balbucir a lingua...

15M ou a relación entre o común e o acontecemento

  Sören Hauser 1.- Xustificación Estamos a vivir tempos convulsos no capitalismo, en Oriente, en Occidente, en Europa, no Estado español. A convulsión é froito de moitas continxencias, de moitas realidades vividas ao mesmo tempo, pero tamén de certo malestar, dunha indignación, dun desexo (do) común, a saber, a esixencia de democracia, dunha democracia real,...

(O) Desexo (do) común

pdf en castelán Proxecto Derriba Estamos a vivir tempos convulsos no capitalismo, no Oriente, no Occidente, na Europa, no Estado español, na Galiza. A convulsión é froito de moitas continxencias –como todo acontecemento–, de moitas realidades vividas ao tempo, pero tamén dun certo malestar, dunha indignación, dun desexo (do) común, a saber, a esixencia de...

Do acontecemento ou Por que xa non máis heideggerianismo

 Frank Hauser     Os obxectivos que nos propomos pasan por un intento de clarificar que implicacións comporta o emprego do termo “acontecemento” para referirse a un momento de transformación política, ata onde sabemos elevado a noción técnica de forma destacábel por primeira vez por Heidegger. Comezaremos intentando ofrecer unha pequena crítica do termo en Heidegger...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.