Poréticas da Crise: Estratexias do poder, espazos de resistencia
O poder fala de crise… A crise converteuse na súa lexitimación e a súa reprodución no seu obxectivo. Con tal estratexia as institucións, os media e o establishment pretenden que reproduzamos aquilo que elxs insisten en producir, a saber, unha subxectividade acorde co poder e o capital, unha subxectividade que leva a débeda no seu...
Derritaxes 9 · Eco-Políticas
NÚMERO 9. Agosto 2012 pdf completo . Nun momento no que a conversión do ecolóxico en etiqueta comercial convive coa destrución efectiva do oikos, a ecoloxía é lugar de resistencia e espazo suxeito a múltiplesreapropiacións. A ecoloxía política e a ecoloxía económica xorden no último terzo do século XX asociadas á crise das materias...
Da biopolítica á ecopolítica
Beatriz Hauser Pode aínda, para nós aquí e agora, funcionar a biopolítica como o designador dos complexos mecanismos de poder que nos constrúen, e como o lugar dunha resistencia (im)posíbel? Neste artigo tentaremos remarcar dende os seus desenvolvementos contemporáneos outra noción de vida irredutíbel a calquera contraposición binaria e que faga xustiza á multiplicidade...
Teresa Moure, O natural é político
DexectoraCastro Teresa Moure, O natural é político, Vigo, Xerais, 2008. “O mundo non se acabará por racharmos deliberadamente coas regras inxustas que o sustentan e, entrementres, talvez deamos feito unha fenda para nos ecoloxizarmos” Con esta obra a autora ofrécenos un texto que sen dúbida procura ser divulgativo. Hai que telo dende un...
Vandana Shiva: Biodiversidade, desenvolvemento local e crise financeira
(Esta entrevista, con Roberta Pellizzoli e Haram Sidibé, tivo lugar o 4 de Abril do 2009)1 Pregunta: O G20 concluíu con diversas propostas para encarar a crise económica e financeira global. Cales consideras ti que son as causas de fondo da crise? V.S: A raíz da crise está na desrregulación, que está permitindo ás forzas...
Urbanismo e sustentabilidade
Culturambiente A urbanización do planeta nos últimos cen anos creceu exponencialmente: en 1890 tan só un 15% da poboación vivía en cidades –uns 250 millóns de persoas–, fronte a case o 50% no ano 2000. Mentres que a poboación total se multiplicaba por catro durante estes cen anos, a poboación urbana aumentaba máis de...
Land art. A arte como ferramenta para a restauración ecolóxica de espazos mineiros na Galiza
Almudena Rodríguez Vila A minaría na Galiza sempre representou un dos motores fundamentais no desenvolvemento económico da rexión. Porén, o aumento da competencia internacional ofrecendo un produto moito máis barato, o descenso das vendas pola caída da construción e a crise económica mundial, así como a crecente sensibilidade da poboación cara á conservación da natureza,...
É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade
Dexectora Castro RESUMO: Partindo da urxencia no contexto galego de abordar a problemática ecolóxica de forma transversal, promóvese como movemento de resistencia política unha experiencia da propiedade que non exclúa a propia imposibilidade de ser propietario. Para iso analízase e ponse en cuestión o dereito á propiedade que rexe o modelo socio-político vixente e que...
Territorios desprezados-pero-sen-prezo
Iago Carro / Ergosfera RESUMO: A hipótese principal deste traballo é que moitos dos procesos vinculados ao feísmo achegan valores ao territorio postmetropolitano ou transxénico; polo que o seu obxectivo será a construción dunha narrativa crítica capaz de contrapoñerse ás inercias mediáticas xa consolidadas e ás accións lexislativas anti-feísmo que empezan a saír do forno...
A xestión popular da auga: respostas locais fronte á globalización centralizadora
David Barkin1 Resumo O crecente proceso de privatización dos servizos de xestión e distribución dos recursos hídricos non parece ofrecer solucións axeitadas para responder as múltiples funcións e demandas que xorden dos mesmos. En México, e outras partes de América Latina, están a xurdir novas propostas “populares” de control local dos procesos de “produción...
Ecoloxía e Produción de Subxectividade. De Guattari ao Ciborg
Sören Hauser D@n Hauser – Abstract: Félix Guattari na súa obra Las tres ecologías (Valencia, Pre-textos), desenvolve a noción de «ecosofía» que descansa sobre tres ecoloxías. A primeira, «medioambiental», é a demarcación ecolóxica ordinaria. O que nós desenvolveremos como parte fundamental desta ecoloxía é a relación «quecemento climático»-«globalización»-«Capitalismo Mundial Integrado». A segunda, a «ecoloxía social»,...
Síguenos