PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Artigos

Unha mirada ó movemento 15M dende a filosofía Orteguiá

Jacobo López Castro Resumo: O día 15 de maio de 2011 ficará na nosa memoria colectiva como aquel domingo no que comezou o movemento dos «indignados» e «indignadas» en España, en medio desa ola de manifestacións que tanto o precederon como o continuaron noutros países. Neste ensaio queremos atravesar a costra deste «feito histórico» tomado...

Dislocando conceptos vellos: Bensaïd e o 15M

  Thomas Hauser Resumo. A aparición de movementos contestatarios críticos coa situación xerada a raíz da crise económica xurdida no 2008 fai que sexa cando menos relevante formularse a posibilidade de que conceptos que caeran en desuso –revolución, clase, partido– poidan volver ser repensados á luz da nova situación económica, política e social actual. Inténtase...

Outras políticas: lingua, tempo e as diferenzas

Beatriz Hauser Resumo: Neste artigo téntase percorrer o xeito no que o común acontece dende as diferenzas a través da experiencia dos conflitos en torno á Comisión de feminismos de Sol. Partindo da relación entre o feminismo e a política, e os artellamentos con moitos outros que poden darse aí, exponse a necesidade dunha noción...

15M ou a relación entre o común e o acontecemento

  Sören Hauser 1.- Xustificación Estamos a vivir tempos convulsos no capitalismo, en Oriente, en Occidente, en Europa, no Estado español. A convulsión é froito de moitas continxencias, de moitas realidades vividas ao mesmo tempo, pero tamén de certo malestar, dunha indignación, dun desexo (do) común, a saber, a esixencia de democracia, dunha democracia real,...

Fe na universidade

Drocha Hauser Resumo: O famoso debate medieval entre fe e saber ten unha inédita actualidade na universidade contemporánea. Esta, garante e gardián do saber, é a fe como garda e guarida, a fe como saber e o saber como fe. Este concepto de fe —previo ao relixioso— maniféstase como inseparable do saber na era do...

O goce universitario como mero saber: o discurso da universidade na teoría psicanalítica de Lacan.

Francisco Conde Soto   Resumo. Neste artigo faise unha exposición da teoría do psicanalista francés Jacques Lacan sobre o discurso da universidade, quen entende esta como unha mera produción de saber baleirado de goce no seminario XVII, O reverso da psicanálise (1969-70). A proposta é entón pensar na posibilidade dunha universidade alén desta estrutura, cuxo...

A Universidade do capitalismo cognitivo

Xulio Ferreiro Baamonde. Prof. Dr. Dereito Procesual Universidade da Coruña. http://invisibel.net   “You also can’t have a democracy without a free university. A regrouped democracy movement should rest in part on a demand for universal higher education – egalitarian access to the best quality, with its mission defined by its participants.” Christopher Newfield. Professor na...

Educar para podrecer

Thomas Hauser   Nivel de superficie da análise. Apertura de liñas de debate. E despois gardar silencio. Ensinar: ofrecer certeza e seguridade OU dúbida e tensión. Hipótese 1. O coñecemento é contido. A aprendizaxe outorga un modelo de representación do mundo que afasta dos prexuízos, dos estereotipos, da confusión e do erro. Ao saber un...

A alteridade na Ciencia ficción II: Aldiss, Egan, Robinson

Sören Hauser * Introdución – Resumo.1 O contexto no que nos situamos é o da contemporaneidade científico-filosófica, é dicir, aquel contexto no que o despregamento das categorías científicas no que atinxe á tentativa de facer máis comprensíbel a realidade segue a vivir un gran momento en canto a aceptación e confianza se refire. Quizais por...

Deconstrución de O Rei Lear de Shakespeare: Acto I

O 4 de Marzo de 1963 no Collège Philosophique Derrida le o seguinte:1 Drocha Hauser Creo que a historicidade en xeral sería imposible sen unha historia da filosofía e creo que esta sería imposible á súa vez se non houbese máis que hipérbole, por unha parte, ou se non houbese, por outra parte, máis que...

Ser atrapado e ser aforcado: autores do golpe, a pena de morte

  “SER ATRAPADO E SER AFORCADO”:AUTORES DO GOLPE, A PENA DE MORTE1 Thomas Dutoit O meu título carrexa un erro que é culpa miña. En lugar de “ser atrapado e ser aforcado” debería entregar “Atrapar e aforcar” porque é unha cita, pero unha cita dunha gravación e non dun texto. A cita “Atrapar e aforcar”...

A propósito de Bernhard. Formas filosóficas da tolemia

Thomas Hauser Identidade, tolemia, Bernhard. Non se descobre nada novo se se sinala que a procura de sentido, da comprensión dun mesmo e o do mundo que nos rodea foi, e segue sendo, unha das tarefas fundamentais da filosofía. Entender, atopar o sentido ou donalo. Estar no quicio, centrarse, proxectar unha existencia e intentar dirixila...

Ecosofía e Procomún. Paradigmas de re-existencia

  D@n Hauser 1. A proposta ecosófica. Félix Guattari e as tres ecoloxías Situamos, en primeiro lugar, a problemática a abordar no eixo que, pensamos, determina a urxencia da revitalización do procomún e da súa defensa: a ecosofía, entendida esta como o discurso que conecta os riscos ambientais –ecoloxía ambiental–, coa degradación social que provocan...

Da “Era do desenvolvemento” á “Era da sostibilidade”

Edoardo Bazzaco1 De todos os que se asociaron á palabra “desenvolvemento”, o epíteto que actualmente máis “fieis” semella ter nas ciencias sociais e naturais é o que fai referencia ao suposto paradigma da sostibilidade. O paradigma da sostibilidade preséntase como unha discontinuidade importante respecto ao discurso economicista tan profundamente ligado ao mito do desenvolvemento dende...

O redescubrimento do Procomún

David Bollier1 As categorías intelectuais da doutrina do libre mercado están tan enraizadas na nosa conciencia que moitas veces resulta difícil ver o mundo como realmente é. Quen queira entender a evolución da internet ten que ter moi en conta iso, pois moitos aspectos da cultura dixital non se axustan aos principios económicos neoclásicos. En...

Propiedade e comunidade. A raíz do texto de Marx: “Sobre a cuestión xudía” (1844)

  Francisco Conde Soto O texto que presentamos consta de dúas partes. Na primeira intentamos facer un comentario de certos aspectos da crítica de Marx a dous textos do teólogo e filósofo Bruno Bauer acerca das relacións entre xudaísmo e estado. Este comentario serve de prólogo para discutir as nocións de emancipación relixiosa, política e...

A Economía Política do Procomún

Yochai Benkler 1. Por que o procomún? O procomún son espazos institucionais nos que se pode practicar un tipo particular de liberdade, non suxeita ás restricións que normalmente aceptamos como condicións necesarias do funcionamento dos mercados. – Aínda que a miúdo pensamos nos “mercados libres” como espazos que permiten a liberdade de elección, de feito...

Arquivos e territorios: o lugar da fronteira. Ensaio breve en dous movementos

Paz Sastre Domínguez1 “Pensar en viaxar” Gilles Deleuze Primeiro movemento. Berlín, 1989. Hai cousas que sempre están a cambiar e que requiren por iso da nosa atención inmediata e constante. Unha delas son as fronteiras. Límites temporais que definen a marxe a partir da cal entramos noutro territorio. Con elas cambian os territorios mesmos e,...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.