PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Derritaxes 12 · Cartografías das resistencias

Derritaxes 12 · Cartografías das resistencias

NÚMERO 12. Decembro 2013 pdf completo   Editorial   O presente texto leva por título “Cartografías das resistencias”. Mais leva inserido un subtítulo: “As transformacións da praxe política ou as revoltas globais”, e neste caso, quizais a mellor vía para a construción dunha editorial que dea conta do que aquí...
Latest entries
Timbas poétikas, kaos e botes revolucionarios : Comando Esbardalle

Timbas poétikas, kaos e botes revolucionarios : Comando Esbardalle

Comando Esbardalle   poesía; destrución da linguaxe e rexeneración das palabras   A lingua na boca da poesía serve para achegarse ao divino, forma de expresión de realidades superiores que realmente non poden estar contidas na linguaxe… No contexto actual, no que os medios de desinformación constrúen unha opinión publicada que se confunde, interesadamente, cunha...
Agora que (ou) que facer un eloxio da resistencia

Agora que (ou) que facer un eloxio da resistencia

Felix Hauser Agora que (ou) que facer un eloxio da resistencia. A decisión de escribir un diario íntimo é un primeiro acto de resistencia. Jean-François Lyotard   O que segue é un intento de pór en orde os días nos que buscabamos a senda por onde camiñaban os animais, por onde en definitiva tiñamos dereito...
Stop Desafiuzamentos A Coruña

Stop Desafiuzamentos A Coruña

[...] Mentres tanto, e ata o 18 de febreiro, seguirán poñendo –seguiremos poñendo– os nosos corpos en alianza, coa nosa pel, coa nosa historia, pero todas xa co mesmo nome. - Zoopolitik “No se puede arengar a un grupo de gente a empujar y a tratar de impedir un cordón policial de unos policías que...
A declaración do común, o acontecemento das revoltas

A declaración do común, o acontecemento das revoltas

Sören Hauser   (Recensión de HARDT, M. e NEGRI, A.: Declaración [trad. cast. de Raúl Sánchez Cedillo]. Madrid, Akal, 2012)     O noso título adianta a relación que nós cremos que persegue toda a obra conxunta de Negri-Hardt, aquela que se refire ao desenvolvemento conxunto do acontecemento –coas súas extensións políticas no concepto de...

A democracia como o an-arkhé ou o poder dicir de “calquera”

Thomas Hauser Resumo: Debido á conxunción de diversos factores –que englobamos en tres categorías vertebradas polo concepto “crise”: crise económica, crise ecolóxica e crise de representación– consideramos ao paradigma vixente en franca disolución. Centrándonos no que chamamos a “crise de representación” intentarase desenvolver unha noción de política e de democracia que substitúa á lóxica policial...

O malestar na cultura: individuo ou sociedade?

Francisco Conde Soto Resumo: Neste texto trátase de expor como a teoría psicanalítica sitúa a causa principal do malestar do suxeito no plano individual e non no plano colectivo-social. Partindo da teoría da cultura de Sigmund Freud no seu texto O malestar da cultura (1930) e diferentes textos de Jacques Lacan en torno ao capitalismo,...

O afecto indignado e outro desexo

Rebeca Baceiredo Resumo: Cales son os motivos polos que, a pesar das situacións de opresión, as oprimidas e os oprimidos non se organizan contra a súa escravitude? A magnitude do poder é inversamente proporcional á potencia dos individuos. Sen potencia, hai indignación (con sorte), mais non revolución. E o estado de cousas non pode máis...
Relato(s) situado(s) a través das xeografías do mancomún

Relato(s) situado(s) a través das xeografías do mancomún

Autorxs: [montenoso] G. Quiroga, Fran; Olmedo, Andrea e F. Palicio, Alex Resumo: A investigación arredor das experiencias dos comúns como alternativas reais nas marxes da xestión capitalista dos bens é un exercicio necesario e urxente. O coñecemento profundo destes saberes e prácticas tradicionais é fundamental neste momento de mudanza social. Malia a súa difusión polo...
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo (Formación do Profesorado)

Nietzsche no Pensamento Contemporáneo (Formación do Profesorado)

SUSPENDIDOS OS CURSOS NA USC POR FALTA DE MATRÍCULA
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo

Nietzsche no Pensamento Contemporáneo

SUSPENDIDOS OS CURSOS NA USC POR FALTA DE MATRÍCULA
GZing ou Congreso Anual

GZing ou Congreso Anual

Con motivo do comezo da nova tempada e con intención de vernos as caras e armar o plan xeral de actuación do proxecto cooperativo GZi, convocamos unha reunión extraordinaria para os días 8-10 de Novembro 2013 no espazo Casa Colorida (cómo chegar). Reunímonos membros dos proxectos Alg-a Laboratório, Axóuxere Editora, Casa Tomada, Casa Colorida, Proxecto...
Convocatoria Derritaxes 12

Convocatoria Derritaxes 12

A política, o político, non é un territorio ben delimitado; senón un espazo agonístico no que as súas redefinicións discursivas son xa accións políticas, e á inversa. Na esixencia de atender aos nosos contextos concretos e repensar, dende unha teoría sempre situada, os lazos entre as palabras e as accións, propoñemos neste obradoiro un percorrido...
Restos da lingua

Restos da lingua

 “NON HAI LUGAR PARA OS RESTOS” Beatriz Hauser Resumo Como gardar os restos do que nos foi subtraído, da negación da lingua propia sen facer deles monumento, nova instancia da Lei? Esa cuestión percorre o trazado que vincula a cuestión da memoria co da suxeito/soporte como acontecemento da inscrición (subxectil) e propón unha xustiza cara...
Pedra e carniza intelixente. Poesía comunal 2000-2008

Pedra e carniza intelixente. Poesía comunal 2000-2008

Ana Salgado A partir destas palabras que lemos en Contra Maquieiro (Méndez Ferrín, 2005) e dunha das liñas propostas para este ciclo, “un singular-plural que atenda a todos cantos modos de escrita son no mundo”, tratarase de realizar unha achega a algunha poesía de vontade comunal feita aquí na presente década. Intentarase pór de relevo...
Ventriloquizar o Silencio

Ventriloquizar o Silencio

Miguel Prado miguel@taumaturgia.com Resumo1  O 8 de Abril de 2011 e en resposta ao convite de Claudio Pato para participar nas Escrita(s), fixen unha presentación na galería Sargadelos da Coruña baixo o título Silencio en branco. Experimentación, ruído e correlacionismo, baseada na exposición do texto Silencio en blanco (Prado, 2011). Unha aproximación ao uso do...
Cantaruxadas da caixa de ferramentas

Cantaruxadas da caixa de ferramentas

  — UNHA viaxe á meseta dez ou 15 cantigas de ontoloxía práctica (problemas) — ontologique love (Recensión de DELEUZE, G. E GUATTARI, F. (1988): “Devenir-intenso, devenir-animal, devenir-imperceptible”, en Mil mesetas. Trad. cast. de J. Vázquez e U. Larraceleta. Valencia, Pre-textos, pp. 239-316) Adela Hauser Celia Hauser “A filosofía é devir, e non historia; é coexistencia...
Dous Modelos. Acontecementos

Dous Modelos. Acontecementos

 Paula P. Álvarez  No mundo, nas nosas vidas, ocorren a cotío multitude de sucesos que, en ocasións, se transforman en noticias e pasan a formar parte dunha realidade construída que excede ao individuo, dunha realidade social que afecta á comunidade enteira. Á selección do repertorio das historias que son quen de converterse en protagonistas dos...
Taller Obxector

Taller Obxector

David Castro Aquí estamos a falar cunha certa ou total usura dun estado de “taller” onde se intenta extraer ou desprazar unha doenza, sen éxito nomear un “xesto”; dun cadro xeral apuntamos e erramos a decisión cara a un “obxecto”, mais é un obxecto vivo, un “campo”, un obxecto que non colabora. O “obxector” é...