O 26 novembro ás 16:30 terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a primeira sesión do seminario “Análise de cinco conceptos chave”, impartido por integrantes do Proxecto Derriba, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á reflexión filosófica.
Esta primeira sesión será impartida por Beatriz Blanco, e tratará sobre o concepto de dereitos humanos.
A declaración dos “dereitos do home” a finais do XVIII soe admitirse como un momento decisivo na historia ao situar o ser humano en canto tal como fundamento do dereito e a universalidade como horizonte da política efectiva. Porén, esa pretensión de universalidade gardaba un momento de exclusión, constatábel xa na súa formulación inicial. Ao longo do século vinte, os dereitos humanos foron obxecto de numerosas críticas, especialmente dende a tradición marxista, e de sucesivas ampliacións e redefenicións que amplían o marco da tradición ilustrada liberal da que xorden. Nesta sesión exporemos algunhas das críticas márelevantes os “dereitos humanos” e tentaremos explorar os límites e aperturas do discurso
sobre os dereitos humanos na conxuntura actual.
Nas seguintes sesións deste curso afondarase noutras catro nocións básicas relacionadas co proxecto de investigación Cidec: Subalternidade (3 Dec), Poder (28 Xan), Cidadanía (5 Feb) e Comunidade (12 Feb). A inscrición é gratuíta. Só hai que anotarse escribindo a proxectocidec@gmail.com
Máis info do proxecto de investigación no seu blogue Cidadanía e Comunicación.