Presentámosvos o programa definitivo do curso da USC “Nietzsche no Pensamento Contemporáneo”, xunto cos materiais bibliográficos que iremos incorporando para a súa descarga antes de cada sesión. As sesións serán os mércores de 18h a 21h na Facultade de Filosofía, no edificio de Mazarelos.
- 11/02/2015. Diego Lubián Prieto, Nietzsche: a xenealoxía, a historia.
- 25/02/2015. Beatriz Blanco Vázquez, Repeticións feministas de Nietzsche: desencadrando os marcos.
Materiais: Selección de Textos
- 04/03/2015. Francisco Conde Soto, A lectura de Pierre Klossowski de Nietzsche.
- 11/03/2015. Lucía Castro Varela, Acabando coa metafísica, rematando con Nietzsche. A interpretación de Heidegger.
- 18/03/2015. Rebeca Baceiredo Pérez, O Nietzsche de Deleuze. Nihilismo e transmutación: o devir activo das forzas.
Materiais:
Selección de textos de Nietzsche y la filosofía de Gilles Deleuze
Texto da presentación de Rebeca Baceiredo
- 25/03/2015. Brais González Arribas, “Soñar sabéndose soñando”. O Nietzsche de Gianni Vattimo.
- 08/04/2015. José Luis Vila, Vontade e poder: a experiencia da ebriedade en Nietzsche.
Materiais:
- 15/04/2015. Xacobe López, Á sombra de Nietzsche, a filosofía límite de Trías.
Materiais: texto da presentación
- 22/04/2015. Carlos Areán, Bataille: Nietzsche e os confins da política.
Materiais:
- 29/04/2015. Francisco Conde Soto, Sarah Kofman: Nietzsche e a metáfora.
Materiais:
- 06/05/2015. Abraham Rubín Álvarez, Lazzarato e a débeda. Unha lectura da “Xenealoxía da moral”
Materiais:
1 comment
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo 2015 | Proxecto Derriba says:
Feb 3, 2015
[…] Programa definitivo e materiais aquí!!! […]