PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Author Archive
A declaración do común, o acontecemento das revoltas

A declaración do común, o acontecemento das revoltas

Sören Hauser   (Recensión de HARDT, M. e NEGRI, A.: Declaración [trad. cast. de Raúl Sánchez Cedillo]. Madrid, Akal, 2012)     O noso título adianta a relación que nós cremos que persegue toda a obra conxunta de Negri-Hardt, aquela que se refire ao desenvolvemento conxunto do acontecemento –coas súas extensións políticas no concepto de...
Sobre a produción de subxectividade endebedada

Sobre a produción de subxectividade endebedada

Algo no que todas as especialistas (non só) económicas parecen concordar é en que a chamada “financiarización” da economía supuxo unha das últimas transformacións relevantes do capitalismo. Nós imos propoñer a lectura deste proceso desde unha categoría decisiva que hoxe se converte xa en urxente e global: a débeda. E para iso apoiarémonos na última...
O planeta ben o merece. Por favor, lean Barthes.

O planeta ben o merece. Por favor, lean Barthes.

Elisa Hauser Sören Hauser “Trata de soster un discurso que non se enuncie en nome da Lei e/ou da Violencia: un discurso cuxa instancia non sexa nin política, nin relixiosa, nin científica; que sexa, dalgún xeito, o residuo e o suplemento de todos estes enunciados. Como chamariamos a este discurso? Erótico, sen dúbida, pois ten...

Deconstrucións e outro. Unha fantoloxía do acontecemento

Sören Hauser  Resumo:  Hai silencios, marcas, secretos, outros, que non son senón fantasmas que se repiten, asedian e esixen unha concepción de tempo afastado da presenza, onde o pasado insiste no presente e a apertura ao por-vir é precisa. O fantasma aparece, ve e deixa marcas secretas e silenciosas que condicionan o noso ver e...
Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze é un dos autores aos que a tópica acostuma a facer parte dunha filosofía de liña diferencial –xunto a, entre outros, Jacques Derrida, con quen terá puntos en común pero, especialmente, unha distinción clara que fai que ambos se separen radicalmente: o estilo1–. Neste texto apostarase pola tese de que para Deleuze o concepto central da súa...
Toni Negri e Michael Hardt. Encontro cos movementos sociais

Toni Negri e Michael Hardt. Encontro cos movementos sociais

  Conclusións de Toni Negri e Michael Hardt no encontro cos movementos sociais o 7 de outubro de 2011 no Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Madrid. Logo de estar o 6 de outubro dando unha conferencia no Museo Reina Sofía de Madrid diante dunhas 300 persoas, Toni Negri e Michael Hardt achegáronse ao CSA...

15M ou a relación entre o común e o acontecemento

  Sören Hauser 1.- Xustificación Estamos a vivir tempos convulsos no capitalismo, en Oriente, en Occidente, en Europa, no Estado español. A convulsión é froito de moitas continxencias, de moitas realidades vividas ao mesmo tempo, pero tamén de certo malestar, dunha indignación, dun desexo (do) común, a saber, a esixencia de democracia, dunha democracia real,...

A alteridade na Ciencia ficción II: Aldiss, Egan, Robinson

Sören Hauser * Introdución – Resumo.1 O contexto no que nos situamos é o da contemporaneidade científico-filosófica, é dicir, aquel contexto no que o despregamento das categorías científicas no que atinxe á tentativa de facer máis comprensíbel a realidade segue a vivir un gran momento en canto a aceptación e confianza se refire. Quizais por...

A identidade do idioma

Ainat Fees Hizkuntzaren nortasuna Bakoitzaren kulturak gaurkotasunaren indarra eta herriaren esentzia izaten du. Pixkana sortzen baitugu pentsalmol deen jokabide propioa eta hauen arabera aberasten dugu gure izaera. Baina badago hitzaren atzean ezkutatzen den sekretua eta historiaren atal ezinbestekoa bilakatu dena. Hitzak soinu diferentea du eta hauek bilduta “puzzle” pertsonala osatzeko gai gara. Soinu horietan gordetzen...

Radio Piratona

Conversa sobre Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude Conversa na Radio Piratona sobre Toni Negri con Abraham Rubin alias Sören Hauser do Proxecto Derriba, autor do libro Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude. editado por Estaleiro Editora no 2010. Presentacion do Proxecto Derriba na Radio Piratona Localizacion: Radio Piratona...

Paco

  Falar de tí, a lembranza, axuda ao meu peito, Fun anarca inadaptao, xa sabes, non fico dereito.   Lembrando como falabas, en continua performance, menudo arte! Non conseguín esquecerte nin por un instante.   Acórdaste do couzón, o limiar, os nosos encontros? Había outros que non entendían, cubríanse o lombo. Non era ese o...
Fredric Jameson: ENTRE Posmodernidade E UTOPÍA

Fredric Jameson: ENTRE Posmodernidade E UTOPÍA

Se queremos tratar o tema da postmodernidade debemos en primeiro lugar ver de onde sae, fronte a que reacciona e cal é a súa exacta relación con aquilo que o seu propio nome presupón que a precede: a modernidade. Para iso pode ser un bo camiño remitirse aos anos 60, onde o pulo ilustrado moderno...

Arquivos e territorios: o lugar da fronteira. Ensaio breve en dous movementos

Paz Sastre Domínguez1 “Pensar en viaxar” Gilles Deleuze Primeiro movemento. Berlín, 1989. Hai cousas que sempre están a cambiar e que requiren por iso da nosa atención inmediata e constante. Unha delas son as fronteiras. Límites temporais que definen a marxe a partir da cal entramos noutro territorio. Con elas cambian os territorios mesmos e,...

Carta a unha amiga galega

Josemari Ripalda Amiga de verdade: Seica andas dándolle voltas á cousa das fronteiras, para ti algo tan distinto, segundo se trate da túa fronteira do Sur, do teu límite do Leste ou do confín sinistro, pero aberto e magnífico, do mar, destino de séculos para a túa xente. Acabas de cruzalo de beira a beira...

(A) fronteira(s) postmoderna(s)

Sören Hauser Para tratar pormenorizadamente o tema da(s) fronteira(s) desde unha posición que afirme que o propio concepto desta(s) vaise disolvendo aos poucos na época contemporánea, cremos axeitado un enfoque que parta dunha separación, é dicir, unha fronteira, que refira á época histórica chamada postmodernidade definíndoa sempre en referencia ao que se considera algo xa...

Space is the place

Sao Hauser – Vou resolver por min mesma todo este asunto de Babel-17. T’mwarba inclinou a cabeza cara á dereita. – Porque teño que descubrir quen fala esta lingua, de onde vén e que é o que está a tratar de dicir. A cabeza del torceuse cara á esquerda. – Por que ? –continuou ela–....

Sobre a Intelectualidade mexicana

– […] A literatura en México é como un xardín de infancia, unha gardaría, un kindergarten, unha escola infantil, non sei se o podedes entender. O clima é bo, fai sol, un pode saír da casa e sentarse nun parque e abrir un libro de Valéry, quizais o escritor máis lido polos escritores mexicanos, e...
Alteridade e Utopía

Alteridade e Utopía

Recensión sobre Arqueoloxías do futuro, de Fredric Jameson. Sören Hauser Fredric Jameson (1934-…), lembrado crítico cultural estadounidense, abriu en 1981 co libro The Political Unconcious: Narrative ás Socially Symbolic Act (Trad. esp.: Documentos de cultura, documentos de barbarie. Madrid, Visor, 1989) unha investigación sobre o proceso narrativo no mundo cultural como aquilo susceptíbel de deixar...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies