PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Bitácora
#Seminario Comúns e Cultura no MARCO

#Seminario Comúns e Cultura no MARCO

Este ano imos andar coordenando o Seminario “Comúns e Cultura” que organiza o compa Fran Quiroga de Montenoso, no MARCO de VIGO. Reproducimos abaixo a info do programa completo, que podedes atopar aquí. Datas: 22 abril 2017 – 1 marzo 2018 Lugar: ANEXO (vestíbulo principal) Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 y...
Programa definitivo do Congreso Estratexias de Visibilización

Programa definitivo do Congreso Estratexias de Visibilización

Xa temos o programa definitivo do I Encontro Galego de Nov@s Pensador@s: Estratexias de Visibilización das Culturas Minorizadas. Aquí o programa para dercarga directa O acceso é aberto e gratuíto. Só tedes que inscribirvos co seguinte formulario online na web do CampUSCulturae ATA este domingo 5 de XULLO!!! Ou de xeito presencial o luns 6....
Anotacións nº 8 (Euseino? Editores)

Anotacións nº 8 (Euseino? Editores)

Euseino Editores vén de publicar en abril o nº 8 da súa revista Anotacións. Deixámosvos aquí a ligazón para consultala e descargala.
AVISO!! Re-invencións dos comúns: Prazo de matrícula só ate o 10 de xuño!!!

AVISO!! Re-invencións dos comúns: Prazo de matrícula só ate o 10 de xuño!!!

Tedes até o mércores 10 de xuño para formalizar a matrícula, non ate o día 12, como aparece no cartaz. Amplíase oficialmente do día 5 ao 10 de xuño polo erro na difusión. Ligazón para facer a matrícula: http://www.usc.es/cultura/veran Máis info sobre o curso aquí
Curso de verán: A re-invención dos comúns

Curso de verán: A re-invención dos comúns

IMPORTANTE!!!!! O PRAZO DE MATRICULA REMATA ESTE MÉRCORES 10 DE XUÑO!!! (erro no cartaz) “Aquí e agora” os comúns están a se re-inventar: nos nosos montes, nas nosas casas e (non) cidades, no dixital como espazo virtual que nos reconecta coa tradición facedora de futuros. A re(invención) remite a unha temporalidade que non é a...
Chamamento para o I encontro galego de nov@s pensadores

Chamamento para o I encontro galego de nov@s pensadores

Chamamento para envío de comunicacións Estratexias de visibilización das culturas minorizadas. I encontro galego de nov@s pensadores. Xustificación: A historia do pensamento filosófico na Galiza, debido á súa situación periférica, moveuse sempre na dialéctica entre a asunción acrítica do foráneo —as grandes figuras do pensamento filosófi co europeo que destacaban en cada época— e a...
No Cidec: Filosofía contemporánea para entender conceptos clave

No Cidec: Filosofía contemporánea para entender conceptos clave

O 26 novembro ás 16:30 terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a primeira sesión do seminario “Análise de cinco conceptos chave”, impartido por integrantes do Proxecto Derriba, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á reflexión filosófica. Esta primeira sesión será impartida por Beatriz Blanco, e tratará sobre o concepto de...
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo 2015

Nietzsche no Pensamento Contemporáneo 2015

Ofrecemos para o ano 2015 un curso sobre Nietzsche no pensamento contemporáneo, de novo na USC. Para máis información sobre matrícula e prazos, premede aquí. Programa definitivo e materiais aquí!!!  
Por-vires de Marx

Por-vires de Marx

Aquí tedes o programa definitivo do curso de verán!
Quizais

Quizais

Xa está nas librerías Quizais. Filosofía ético-política do porvir, do filósofo galego Delmiro Rocha. Este título novo da colección Casabranca, dedicada á filosofía, pescuda na consecuencia política da aplicación do que Jacques Derrida chamou “a lóxica do quizais”: a deconstrución da democracia. É no interior inestable deste concepto que camiña desde Grecia onde o quizais atopa o seu lugar de...
Premio de Ensaio da AELG 2014 · A revolución non vai ser televisada

Premio de Ensaio da AELG 2014 · A revolución non vai ser televisada

A partir da obra de Gilles Deleuze, Rebeca Baceiredo elabora unha proposta na que vai trazando outro devir, o que se amosa na arela de expoñer un proxecto teórico —e a teoría é a que fai o mundo— para ceibarnos da descompensación entre o desenvolvemento onto-ético e o desenvolvemento maquínico e técnico da sociedade capitalista....
Derritaxes 12 · Cartografías das resistencias

Derritaxes 12 · Cartografías das resistencias

NÚMERO 12. Decembro 2013 pdf completo   Editorial   O presente texto leva por título “Cartografías das resistencias”. Mais leva inserido un subtítulo: “As transformacións da praxe política ou as revoltas globais”, e neste caso, quizais a mellor vía para a construción dunha editorial que dea conta do que aquí se vai falar sexa analizar...
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo (Formación do Profesorado)

Nietzsche no Pensamento Contemporáneo (Formación do Profesorado)

SUSPENDIDOS OS CURSOS NA USC POR FALTA DE MATRÍCULA
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo

Nietzsche no Pensamento Contemporáneo

SUSPENDIDOS OS CURSOS NA USC POR FALTA DE MATRÍCULA
GZing ou Congreso Anual

GZing ou Congreso Anual

Con motivo do comezo da nova tempada e con intención de vernos as caras e armar o plan xeral de actuación do proxecto cooperativo GZi, convocamos unha reunión extraordinaria para os días 8-10 de Novembro 2013 no espazo Casa Colorida (cómo chegar). Reunímonos membros dos proxectos Alg-a Laboratório, Axóuxere Editora, Casa Tomada, Casa Colorida, Proxecto...
Derritaxes 11 · Escrita(s) II

Derritaxes 11 · Escrita(s) II

NÚMERO 11. Xuño 2013 . EDITORIAL Seguramente un dos camiños que a novidade ten para saír adiante é a partir da repetición –é algo sabido–, da decisiva influencia que se dá no presente tanto dende a insistencia do pasado coma dende o asedio continuo do porvir. Claro que esa insistencia do asedio fai irromper novas...
Compostela (Libraría Couceiro) Presentación monografías: ULRICH BECK e TERRY EAGLETON

Compostela (Libraría Couceiro) Presentación monografías: ULRICH BECK e TERRY EAGLETON

MARTES, 28 DE MAIO DE 2013 ás 20:00h Presentación das monografías sobre ULRICH BECK e TERRY EAGLETON LIBRARÍA COUCEIRO PRAZA DE CERVANTES – COMPOSTELA intervirán:       XOSÉ MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ (autor de O deseño dun círculo marxista)     MIGUEL MOSQUEIRA (Estaleiro editora)     FRANCISCO CONDE SOTO (autor de Cosmopolitismo versus globalización)...
A.C. BOU EVA Presentación Monografías Pensamento Contemporáneo

A.C. BOU EVA Presentación Monografías Pensamento Contemporáneo

24 de Maio,ás 20.00. Presentación da colección de monografías de pensamento contemporáneo “Materiáis e Ferramentas Procomún“, no Bou Eva (Vigo)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies