PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Author Archive
da enunciación dende o común

da enunciación dende o común

Existe unha aporía de base que pecha toda posibilidade de crítica ao enfoque. O enfoque determina o campo discursivo, o posible na enunciación sobre o imposible. Encontrar o que un andaba buscando, o vello truco do prestidixitador da teoría formal, ou da formalidade teórica. Saírse dun marco teórico non é tan sinxelo -diríase imposible- porque...
altofalantes para todas

altofalantes para todas

A interrelación produción biopolítica/subxectivación capitalística, con formas de vida (socius) e desintegración metabólica do oikos, é o tema de reflexión do último Guattari. “A crise ecolóxica remite a unha crise máis xeral do social, o político, o existencial. O problema aquí exposto é o dunha sorte de revolución das mentalidades para que cesen de avalar...
Comúns e capitais, capitais comúns

Comúns e capitais, capitais comúns

O sistema de produción capitalista non entende de comúns. Como disposición sociopolítica das intensidades e os obxectos, aséntase sobre un réxime de propiedade construído coa cadencia da historia, e implantada violentamente niso que Wallerstein chamou a Economía-Mundo. É posibelmente aquí onde podamos entender que a dinámica de acumulación do Capital se confronta necesariamente con formas...
“É unha crise. E é unha estafa”

“É unha crise. E é unha estafa”

Visto así, o sistema capitalista non é outra cousa que unha estafa. O proceso de valorización mediado pola mercadoría consiste, desde un principio, na alienación do tempo traballo. O paso da “distribución das riquezas”, das que se dispón por natureza e sen mediar produción na episteme antiga, á “creación de valor” introdúcese coa economía (política)...

Ecosofía e Procomún. Paradigmas de re-existencia

  D@n Hauser 1. A proposta ecosófica. Félix Guattari e as tres ecoloxías Situamos, en primeiro lugar, a problemática a abordar no eixo que, pensamos, determina a urxencia da revitalización do procomún e da súa defensa: a ecosofía, entendida esta como o discurso que conecta os riscos ambientais –ecoloxía ambiental–, coa degradación social que provocan...

Primeiro Manifesto Infrarrealista

DÉIXENO TODO, DE NOVO primeiro manifesto infrarrealista “Até os confíns do sistema solar hai catro horas-luz; Até a estrela máis próxima, catro anos-luz. Un desmedido océano de baleiro. Pero, estamos realmente seguros de que só haxa un baleiro? Unicamente sabemos que neste espazo non hai estrelas luminosas; de existir, serían visíbeis? E se existisen corpos...

Formas-de-vida II

d@n Hauser “Todo aquilo que ten que ver co xogo das formas-de-vida é susceptible dunha elaboración colectiva, e que aí, onde este xogo se experimenta con sufrimento, reside unha intensidade que o converte de entrada en algo político” Cun rápido desprazamento dende aquelas figuras jüngerianas do traballador e o emboscado, trazadas coa intención de comprende-las...

Multiplicidade, totalidade e política

Multiplicidade, totalidade e política Maurizio Lazzarato Publicado en Multitudes Trad. d@n hauser A política do futuro só poderá ser unha política da multiplicidade. O marxismo contemporáneo, nas súas formas política e sindical, constitúe o obstáculo maior pra a aparición dunha política semellante, ficando clara a súa incapacidade pra saír de certas categorías totalizadoras (clase, traballo,...
F. Guattari. Para unha refundación das prácticas sociais.

F. Guattari. Para unha refundación das prácticas sociais.

Para unha re-fundación das prácticas sociais   Félix Guattari na súa obra Las tres ecologías (Valencia, Pre-textos), desenvolve a noción de «ecosofía» que descansa sobre tres ecoloxías. A primeira, medioambiental, é a demarcación ecolóxica ordinaria. A segunda, a ecoloxía social, consiste en opoñerse ó capitalismo mundial integrado, recreando espazos de economía individual, autónoma, e relacións...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies