Existe unha aporía de base que pecha toda posibilidade de crítica ao enfoque. O enfoque determina o campo discursivo, o posible na enunciación sobre o imposible. Encontrar o que un andaba buscando, o vello truco do prestidixitador da teoría formal, ou da formalidade teórica. Saírse dun marco teórico non é tan sinxelo -diríase imposible- porque non se pode pensar dende o punto cego, ou porque intentalo implica que un se enfronta á intemperie, sen a armadura conceptual forxada nas discusións longamente estudadas que constrúen a “tradición teórica”; como no xadrez, mellor se executa a apertura como se consolidou a través de tantas contendas, que se improvisa o peón da torre no primeiro movemento.

grafenlavAbordar entón o marco diferencial que se abre con certas gretas no espazo de inscrición (CsO) do significante contemporáneo dende a exclusiva visión materialista, condénanos, certamente, a caer na estreita lectura da valorización. Así, o novo -como para o pensamento máis conservador- é máis ou menos o vello -pero reinterpretado á luz do foco da temporalidade presente-. Aí non hai dúbida: o desprazamento da lóxica capitalística dende a mercantilización industrial á mercantilización do coñecemento como extensión e trasposición do límite interno do sistema -valorización do valor-. A financiarización como ámbito privilexiado para observar como a hexemonía da produción do valor se volve cara á produción significante de capital ficticio, fagocitando de paso o general intellect a tal fin. A “creatividade” que mana do campo social na interacción das subxectividades, instrumentalizada nas estratexias de innovación implementar para monopolizar temporalmente unha actividade produtiva, mobilizadas para manter con vida a dinámica de acumulación capitalista sobre a taxa de beneficio. Claro, nada novo baixo o sol.

Analizar as redes de comunicación e os seus movementos en torno dende a crítica materialista ao sistema capitalista -ou ao modo de produción capitalista-, conduce, indubidablemente, ao peche categorial da crítica do valor. E como dispositivo crítico ten toda a súa pertinencia aquí: a ilusión do antagonismo de clase diluído na democracia douspuntocerista, sen considerar unha destrución necesaria das categorías que gobernan a lóxica de reprodución capitalista –traballo, valor, produción, capital-, obviando as externalidades que a súa dinámica produce e produciu ao longo do seu reinado -ambientais, sociais e mentais, nos tres planos guattarianos-, ou pretendendo conter a potencia destrutiva con certo reformismo verde que pasaría por aceptar o desprazamento da valorización dende o material ao plano do intanxible inocuo. Aquí o problema está en que ascender na “curva de notario” [Naredo: 2006] non supón desmaterialización, senón máis ben, todo o contrario: acelerar a capacidade de consumo material gobernando a capacidade de apropiación con esa intanxibilidade financeira.

Pero e se movemos o periscopio? E se buscamos comprender a lóxica de devir dende a produción significante, rastrexando aquilo que subxace á ordenación do sistema-mundo-capitalista e fundamenta a construción do espazo estriado de/na civilización?

Os dispositivos de enunciación non estruturan o campo do posible, que implosiona no acontecemento, pero apuntalan a narrativa que lexitima o ámbito de inscrición de todas as posibles realidades. Cada arranxo constrúe os seus dispositivos para conter as liñas de fuga transdiscursivas. Os dispositivos de enunciación retroalimentan o fluxo significante hexemonizado polas estruturas reáis; é a estada que apuntala a arquitectura deste sistema-mundo. Nun sentido postestrutural, postmaterialista, habería que entender como se con-forman as vías de significación que abren -ou pechan- os campos de posibilidade do real, é dicir, analizar “a incidencia das Disposicións de enunciación” sobre as producións semióticas e subxectivas, nun contexto problemático dado” [Guattari: 2000]. O real non se dá sen un terremoto na lexitimación dos discursos, nas formas lexítimas e asentadas nun marco de posibilidade que non é outro que o que delimita unha determinada orde do discurso. A “esquerda clásica” -se serven de algo as cartografías ideólogas- ten tratado de combater o discurso hexemónico coa forma antagónica do contradiscurso, e con iso non contemplou a necesidade de subverter a propia lóxica discursiva. Porque o campo de batalla non estaba tanto no que se enunciaba, senón en como se daba o enunciado, en que regras seguía a enunciación dentro do campo epistémico da representación -ou representatividade-.

Comprenderon que a dialéctica do século XXI xa non está baseada no materialismo, senón na semántica. A semántica é o carácter principal da guerra da información. É dicir, non as palabras para a guerra, senón as palabras como guerra.

Subcomandante Marcos. Entrevista en La Tribune de Genéve, 21 de Abril. 

Cando cambia a lóxica dende o sistema massmediatizado cara formas distribuídas e autorreguladas de produción significante, forzosamente entramos nun sistema de sedimentación semiolóxico diferente. A produción de subxectividade entra nunha dinámica descoñecida onde se pode agardar o imposible -calquera cousa-, a liberación de toda potencia polos desertos, ata agora ermos, do por-vir. É esta unha greta que non se prefigura en esquemas xa coñecidos, malia que é dende a iterabilidade que produce as súas posibilidades. É o sistema de codificación o que entra nunha espiral de decadencia e móvese histérico cara a algunha outra asa. O que se derruba é “certo réxime xeneralizado da representación, unha formación sistémica que articula e condiciona as ordes discursivas, visuais, semiolóxicos… ” [J.L. Brea: 2007] Una ideoloxía

O común imponse como categoría para substituír a lóxica mercantil-produtivista que goberna a real-ización do mundo e das subxectividades. O punto de unión entón, entre comúns materiais e inmateriais, vén determinado pola súa capacidade de destituír a representación no campo do valor e no campo da ideoloxía. Trata de buscar o espazo político que redefina as formas relacionais -coa alteridade: mundo, subxectividade e socius-. Un movemento forzosamente inclusivo -malia a exclusión ou orixinaria exclusividade- na medida que é a cooperación o seu campo de batalla, a súa lóxica sistémica. O Común como espazo de inscrición de máquinas, dispositivos, institucións, formas alternas de relación.

Pero a única revolta verdadeira comeza no momento en que […] o home da multitude decide non alienar máis en favor doutro, sexa quen sexa, a parte de soberanía que lle corresponde. Soamente nese momento, asume en si mesmo, e só nel, a enteira verdade do suxeito.

Bataille. Lo que entiendo por soberanía

@danhauser