EL TIEMPO. Habíamos interiorizado sus prisas, sus ritmos, su velocidad. BASTA. Vamos despacio porque vamos lejos. Vamos despacio porque queremos ir tod@s junt@s. Vamos despacio porque queremos hacerlo bien. Vamos despacio porque el camino es igual de importante que el resultado”1

12 de Xuño, a acampada de Madrid non remata; desterritorialízase, desprázase, reinvéntase a si mesma e busca, como dende o inicio, novos nomes. Nas semanas precedentes o que comezara como un chamamento nas redes sociais de internet, tomou corpo e produciu nesa praza, e en tantas outras de xeitos cada vez distintos, un lugar para palabras e para encontros inanticipábeis. Fronte á representación, fronte á política da metáfora, búscase o espazo metonímico, producindo un campo heteroxéneo e múltiple, pero que se expande de xeito inclusivo e que é, cada vez, produción de orde. Unha orde inesperada, quizais fráxil, como calquera, que emerxe e constitúe un plano de inmanencia subsistindo por un desexo (do) común: do espazo da rede á organización en rede para reclamar os lugares e recrearse no común. Para iso non fixo falta un nome, senón máis ben desfacer certos significantes para logo refacelos. 15 M é unha data, o “aquí e agora” do encontro. Un selo que reúne nun lugar e un tempo, sen impoñelos, o trazo dunha deriva.

De “Democracia real ya” ao movemento 15M hai unha desapropiación e unha reapropiación que altera palabras e acentos. “Democracia”-ese significante baleiro, emblema da política contemporánea e campo de loitas hexemónicas- non era quizais o lugar para dar nome ao común. Sen criticalo expresamente e sen deixalo de lado, acadouse a redefinir un espazo máis aló do modelo representativo que lexitima os modos de goberno actuais para a participación inclusiva de todos, e de todas.2 “Le llaman democracia y no lo es”, “Que no, que no, que no nos representan” non son precisamente novidades nas proclamas; pero nunca tiveron unha forza performativa tal que agora na constitución dunha acción colectiva radicalmente política.

O grao de organización acadado mostra que por enriba dos supostos fins están os “medios”, se esa distinción foi nalgún momento válida. A urxencia política non é a imposición da efectividade e a aceleración dos tempo da decisión, a insistencia da Madrid no consenso o revela. As decisións tómanse de xeito máis lento; pero tórnanse nun proceso de inclusión das diferenzas, atento á necesidade de deixar abertas as propostas para construílas entre todas. Isto é de seu un acontecemento. O consenso neste caso funciona incluíndo a diferenza, impoñendo fronte ao númerico como procedemento decisorio, que repousa nunha violenta abstracción, un procedemento non cuantitativo que abre un espazo ao outro. Quizais quedaría por ver que podería ser unha política fóra da razón comunicativa e do ideal do consenso, outro artellamento das diferenzas e incluso de proliferación radical de contidos e estratexias que talvez estea por vir; pero a vontade de consenso neste caso é unha vontade de inclusión baseada nun principio de respecto á heteroxeneidade. É unha afirmación de que a acción política non é de receitas; senón un espazo aberto para as palabras, no que a reafirmación do común é a recreación de subxectividades outras.

Se alguén esperaba un programa, terá que revisarse a si mesmo. Houbo propostas e inda haberá máis, houbo xeitos de estar e de facer, houbo o sostemento dos lugares e a reunión dos corpos. O tempo da política non é o tempo da actualidade. A acción faise coa urxencia, pero a urxencia non é a présa. Hai que empezar por tomar o tempo.

Aquí e agora un desexo que escapa aos nomes se reinicia.

1 Extraído de “¿Qué pasa en Sol?”,texto escrito por individualidades y leído en la Asamblea General de la Acampada Sol del viernes 3 de junio. El texto fue leído durante toda la tarde en vagones del Metro de Madrid: YA NO SOMOS PORTADA. Hace una semana nos queríais por lo que os contaban los medios de comunicación y, ahora, nos criticáis por lo que os cuentan esos mismos medios. Los problemas sociales que ahora utilizan para deslegitimarnos, son los mismos que ya existían la primera semana de acampada, los mismos que ya existían antes de que llegásemos a Sol, los mismos por los que estamos aquí luchando./NOS PEDÍS SOLUCIONES. La solución que damos ante estos problemas también sigue siendo la misma que cuando llegamos: la participación inclusiva de todas las personas en la construcción del cambio que queremos./TODAS LAS PERSONAS: El ama de casa cuyo trabajo no se reconoce legalmente. La persona sobre la que se ejerce violencia por vivir libremente su sexualidad. El autónomo que ha sido desahuciado y debe seguir pagando la hipoteca. La migrante a la que le piden papeles para tener trabajo y trabajo para tener papeles. El estudiante cuyo único futuro es una beca que nunca le permitirá emanciparse. Aquella persona a la cual el sistema enferma ocultando su existencia y condenando su visibilidad. La parada que no puede acceder a una vivienda. El trabajador que debe hacer horas extras no remuneradas por miedo a perder su empleo…/EL MIEDO. Todas aquellas personas que por miedo no somos libres, todas distintas pero todas con el mismo miedo. En Sol hemos sustituido el miedo mutuo por el apoyo mutuo. Hemos unificado nuestras luchas para combatir el miedo que nos impone el sistema. Pero esto requiere tiempo./EL TIEMPO. Habíamos interiorizado sus prisas, sus ritmos, su velocidad. BASTA. Vamos despacio porque vamos lejos. Vamos despacio porque queremos ir tod@s junt@s. Vamos despacio porque queremos hacerlo bien. Vamos despacio porque el camino es igual de importante que el resultado./ENTONCES, ¿QUÉ ES LO QUE HA CAMBIADO?/QUE HEMOS CRECIDO, QUE ESTAMOS EN TODOS LOS BARRIOS Y MUNICIPIOS DE MADRID, EN MILES DE CIUDADES DEL MUNDO, QUE ESTAMOS AÚN MÁS INDIGNAD@S Y MÁS UNID@S, QUE SUS MENTIRAS NO NOS CIEGAN, QUE SU MANIPULACIÓN NO NOS FRENA, QUE SU VIOLENCIA NOS HA HECHO MÁS FUERTES, QUE, AHORA MÁS QUE NUNCA, NO NOS REPRESENTAN. QUE YA NO SOMOS PORTADA PERO POR FIN ESTAMOS ESCRIBIENDO LA PRIMERA PÁGINA DE NUESTRAS PROPIAS VIDAS./APAGA LA TELE, CIERRA EL PERIÓDICO Y COMIENZA A ESCRIBIR TU PROPIA HISTORIA, QUE ES LA DE TOD@S.” Fuente: http://madrid.tomalaplaza.net/2011/06/03/%C2%BFque-esta-pasando-en-sol/

2 Ese feminino, posibilitado pola lingua galega, marca unha das múltiples diferenzas que traballan o xeral e que foi dende o inicio algo incómodo para os que eran incapaces de aceptar que dentro do común algo se marque como distinto e escape a homoxeneización. As críticas vertidas por individualidades nalgúns medios de información a comisión de feminismos de Sol revela este feito, así como medo profundo a outro artellamento do xeral que contemple a súa heteroxeneidade. O común terá lugar na perpetua tradución de diferenzas, ou quizais non teña lugar.

Beatriz Hauser