Falar de tí, a lembranza, axuda ao meu peito,

Fun anarca inadaptao, xa sabes, non fico dereito.

 

Lembrando como falabas, en continua performance, menudo arte!

Non conseguín esquecerte nin por un instante.

 

Acórdaste do couzón, o limiar, os nosos encontros?

Había outros que non entendían, cubríanse o lombo.

Non era ese o tema, de feito tiñamos o noso a-cordo,

Seguir camiñando, e ben a modiño, sempre polo bordo.

 

Xa sabía que daquela ían caendo tódalas fronteiras, e ías avante,

Por dios que non te esquecín nin por un instante.

 

Unha vez tras outra, día tras día, achicando os espazos,

Trazos que ían e viñan marcados roubándonos o paso.

Adiantándose ao tempo, o noso, o que non chegara,

O evento que irrumpe de fronte coma nunha arroutada.

 

Non esquezo a túa impronta na xente, o vexo a cotío,

Partes túas, proxeccións feitas a partir dos teus fíos.

Se ás veces non acougo e, pensando, é como terche diante,

En todo este tempo non te esquecín nin por un instante.

 

Xa sei que fuches capaz de tomar decisións,

Exporche, todito enteiro, sen deixar nada no caixón.

Aquilo foi duro, doente, cambiaba a diario,

Era ben certo que a diferenza cheaba o escenario.

 

Ora ben, co gallo disto, quería dicirche

Cousas que xa sabes, que lembras, que xa viches.

Mais, a pesar diso, non consigo perdelas,

Quizais non quero ou non podo, dende logo vivo con elas.

 

Elxs querían entender a cousa, e ti entrabas a saco,

Non deixei de pensarte nin por un anaco.

 

O outro agochado, sempre de costas, por se che alcanzaba,

Levo comigo día a día aquela derradeira mirada.

 

 

Ab