PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Posts tagged "poréticas"
Cartografías das resistencias: transformacións da praxe política ou as revoltas globais

Cartografías das resistencias: transformacións da praxe política ou as revoltas globais

O Obradoiro A política, o político, non é un territorio ben delimitado; senón un espazo agonístico no que as súas redefinicións discursivas son xa accións políticas, e a inversa. Na esixencia de atender aos nosos contextos concretos e repensar, dende unha teoría sempre situada, os lazos entre as palabras e as accións, propoñemos neste obradoiro...
Sobre a produción de subxectividade endebedada

Sobre a produción de subxectividade endebedada

Algo no que todas as especialistas (non só) económicas parecen concordar é en que a chamada “financiarización” da economía supuxo unha das últimas transformacións relevantes do capitalismo. Nós imos propoñer a lectura deste proceso desde unha categoría decisiva que hoxe se converte xa en urxente e global: a débeda. E para iso apoiarémonos na última...
“É unha crise. E é unha estafa”

“É unha crise. E é unha estafa”

Visto así, o sistema capitalista non é outra cousa que unha estafa. O proceso de valorización mediado pola mercadoría consiste, desde un principio, na alienación do tempo traballo. O paso da “distribución das riquezas”, das que se dispón por natureza e sen mediar produción na episteme antiga, á “creación de valor” introdúcese coa economía (política)...
Poréticas da Crise: Estratexias do poder, espazos de resistencia

Poréticas da Crise: Estratexias do poder, espazos de resistencia

O poder fala de crise… A crise converteuse na súa lexitimación e a súa reprodución no seu obxectivo. Con tal estratexia as institucións, os media e o establishment pretenden que reproduzamos aquilo que elxs insisten en producir, a saber, unha subxectividade acorde co poder e o capital, unha subxectividade que leva a débeda no seu...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies