Open Call Seminario comúns e cultura
Á par dos procesos de novos cercamentos, que Harvey ten definido como “acumulación por desposuímento”, xurdíu con forza nos últimos anos unha redefinición da “vella” problemática dos “comúns”. Os comúns abren novos espazos, tanto no ámbito inmaterial, coma no material, ao rachar coa dicotomía entre o público e o privado. Supoñen ademais unha oportunidade de...
#Seminario Comúns e Cultura no MARCO
Este ano imos andar coordenando o Seminario “Comúns e Cultura” que organiza o compa Fran Quiroga de Montenoso, no MARCO de VIGO. Reproducimos abaixo a info do programa completo, que podedes atopar aquí. Datas: 22 abril 2017 – 1 marzo 2018 Lugar: ANEXO (vestíbulo principal) Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 y...
Programa definitivo do Congreso Estratexias de Visibilización
Xa temos o programa definitivo do I Encontro Galego de Nov@s Pensador@s: Estratexias de Visibilización das Culturas Minorizadas. Aquí o programa para dercarga directa O acceso é aberto e gratuíto. Só tedes que inscribirvos co seguinte formulario online na web do CampUSCulturae ATA este domingo 5 de XULLO!!! Ou de xeito presencial o luns 6....
Anotacións nº 8 (Euseino? Editores)
Euseino Editores vén de publicar en abril o nº 8 da súa revista Anotacións. Deixámosvos aquí a ligazón para consultala e descargala. Descarga o artigo en PDF
AVISO!! Re-invencións dos comúns: Prazo de matrícula só ate o 10 de xuño!!!
Tedes até o mércores 10 de xuño para formalizar a matrícula, non ate o día 12, como aparece no cartaz. Amplíase oficialmente do día 5 ao 10 de xuño polo erro na difusión. Ligazón para facer a matrícula: http://www.usc.es/cultura/veran Máis info sobre o curso aquí Descarga o artigo en PDF
Curso de verán: A re-invención dos comúns
IMPORTANTE!!!!! O PRAZO DE MATRICULA REMATA ESTE MÉRCORES 10 DE XUÑO!!! (erro no cartaz) “Aquí e agora” os comúns están a se re-inventar: nos nosos montes, nas nosas casas e (non) cidades, no dixital como espazo virtual que nos reconecta coa tradición facedora de futuros. A re(invención) remite a unha temporalidade que non é a...
Chamamento para o I encontro galego de nov@s pensadores
Chamamento para envío de comunicacións Estratexias de visibilización das culturas minorizadas. I encontro galego de nov@s pensadores. Xustificación: A historia do pensamento filosófico na Galiza, debido á súa situación periférica, moveuse sempre na dialéctica entre a asunción acrítica do foráneo —as grandes figuras do pensamento filosófi co europeo que destacaban en cada época— e a...
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo – Programa e Materiais
Presentámosvos o programa definitivo do curso da USC “Nietzsche no Pensamento Contemporáneo”, xunto cos materiais bibliográficos que iremos incorporando para a súa descarga antes de cada sesión. As sesións serán os mércores de 18h a 21h na Facultade de Filosofía, no edificio de Mazarelos. 11/02/2015. Diego Lubián Prieto, Nietzsche: a xenealoxía, a historia. 25/02/2015. Beatriz...
No Cidec: Filosofía contemporánea para entender conceptos clave
O 26 novembro ás 16:30 terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a primeira sesión do seminario “Análise de cinco conceptos chave”, impartido por integrantes do Proxecto Derriba, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á reflexión filosófica. Esta primeira sesión será impartida por Beatriz Blanco, e tratará sobre o concepto de...
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo 2015
Ofrecemos para o ano 2015 un curso sobre Nietzsche no pensamento contemporáneo, de novo na USC. Para máis información sobre matrícula e prazos, premede aquí. Programa definitivo e materiais aquí!!! Descarga o artigo en PDF
Derritaxes 12 · Cartografías das resistencias
NÚMERO 12. Decembro 2013 pdf completo Editorial O presente texto leva por título “Cartografías das resistencias”. Mais leva inserido un subtítulo: “As transformacións da praxe política ou as revoltas globais”, e neste caso, quizais a mellor vía para a construción dunha editorial que dea conta do que aquí se vai falar sexa analizar...
Timbas poétikas, kaos e botes revolucionarios : Comando Esbardalle
Comando Esbardalle poesía; destrución da linguaxe e rexeneración das palabras A lingua na boca da poesía serve para achegarse ao divino, forma de expresión de realidades superiores que realmente non poden estar contidas na linguaxe… No contexto actual, no que os medios de desinformación constrúen unha opinión publicada que se confunde, interesadamente, cunha...
Agora que (ou) que facer un eloxio da resistencia
Felix Hauser Agora que (ou) que facer un eloxio da resistencia. A decisión de escribir un diario íntimo é un primeiro acto de resistencia. Jean-François Lyotard O que segue é un intento de pór en orde os días nos que buscabamos a senda por onde camiñaban os animais, por onde en definitiva tiñamos dereito...
Stop Desafiuzamentos A Coruña
[…] Mentres tanto, e ata o 18 de febreiro, seguirán poñendo –seguiremos poñendo– os nosos corpos en alianza, coa nosa pel, coa nosa historia, pero todas xa co mesmo nome. – Zoopolitik “No se puede arengar a un grupo de gente a empujar y a tratar de impedir un cordón policial de unos policías que...
Relato(s) situado(s) a través das xeografías do mancomún
Autorxs: [montenoso] G. Quiroga, Fran; Olmedo, Andrea e F. Palicio, Alex Resumo: A investigación arredor das experiencias dos comúns como alternativas reais nas marxes da xestión capitalista dos bens é un exercicio necesario e urxente. O coñecemento profundo destes saberes e prácticas tradicionais é fundamental neste momento de mudanza social. Malia a súa difusión polo...
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo (Formación do Profesorado)
SUSPENDIDOS OS CURSOS NA USC POR FALTA DE MATRÍCULA Descarga o artigo en PDF
Nietzsche no Pensamento Contemporáneo
SUSPENDIDOS OS CURSOS NA USC POR FALTA DE MATRÍCULA Descarga o artigo en PDF
Síguenos