[…]

Mentres tanto, e ata o 18 de febreiro, seguirán poñendo –seguiremos poñendo– os nosos corpos en alianza, coa nosa pel, coa nosa historia, pero todas xa co mesmo nome.

– Zoopolitik

“No se puede arengar a un grupo de gente a empujar y a tratar de impedir un cordón policial de unos policías que están cumpliendo su deber, que no entran ni salen en si lo que está haciendo esa comisión judicial, que cumple una sentencia judicial firme, es o no es, es más o menos justo. Porque no les corresponde a ellos enjuiciar. Enjuicia el juez…”

– Samuel Juárez, Delegado do Goberno en Galiza

Artículo 634.
Los que faltaren al respeto y consideración debida a la autoridad o sus agentes, o los desobedecieren levemente, cuando ejerzan sus funciones, serán castigados con la pena de multa de diez a sesenta días.

“Isto é todo unha corruptela”

– Aurelia Rey, veciña

 

O que vén a continuación son fragmentos de correos electrónicos, comunicados, manifestos, actas…

 

1.

igual deberiamos pensar en facer algún escrito, imaxe, cartaz viral sobre o que significan estas represións e axustizamentos, hai moita xente que pensa que se a xustiza che cae enriba, sexa en forma de multa, burocracias varias ou porra de antidisturbios é porque algo mal fixeches, non hai ningún pensamento sobre o papel do poder, dos seus mecanismos, do control e do outro papel, o da cidadanía, o das xentes, defendendo o sentido común e a dignidade ante todo. desobedecendo para mostrar outro camiño.

 

¿La próxima asamblea ya estaba fijada? Una persona me dijo que era el próximo jueves a las 8 en Própolis, otra persona me dijo que la teníamos que fijar por correo y yo tenía una empanada al final de la asamblea que no me enteré de nada.

 

penso que é importante non deixarse criminalizar nin guetizar; o que houbo na rúa o día 18 foi ben alegre e desa alegría hai que partir; hai xeitos de obedecer e esixir obediencia moi ruíns e que están quedando simplemente obsoletos; a criminalización debería por riba de todo deixar en ridículo a quen tente esta vía.

 

Intervencións na rolda:

1. Nós non somos afectadas polos desafiuzamentos, en Coruña non hai unha plataforma de afectadas, daquela cal é o noso lugar? Paramos desafiuzamentos? Xestionamos desaloxos? Hai unha vía institucional, como a comisión municipal de Culleredo, hai unha necesidade de discurso, hai un eido social, hai despejos que parar, unha oficina da okupación…

2. Na vía institucional entra tamén a reforma lexislativa. O movemento social ten que manter unha pauta: tratar de negociar, facer presión nos bancos, nos servizos sociais, parar o desafiuzamento.

3. Vin que se paraban desafiuzamentos e gustoume. Gústame a consigna “nesta cidade non se desahucia”

Precisamos resituarnos, nós mesmas, non falar a medias nin con silencios, compartir o que sabemos, e logo resituarnos no contexto real dos desafiuzamentos na cidade. Non hai información porque os xulgados non a dan, e haina que esixir. Non sabemos as cifras concretas. Non sabemos se os xulgados están suspendendo execucións hipotecarias, de oficio ou a petición dos avogados. Dos procedementos por aluguer non sabemos nada. Fálase na prensa dun protocolo acordado entre o decanato e servizos sociais, existe? onde está publicado?

4. Cómpre organizarse por grupos de traballo.

5. A prioridade é cambiar leis pra que non haxa desafiuzamentos. Nos casos concretos o máis efectivo non é loitar polas boas, senón negociar primeiro, e se non sae ir á loita. Organizarse ben.

6. Cando comezou Stop Desahucios en Coruña fíxoo como asemblea, tívose consello de Madrid e Valencia, protocolos. Primeiro había tamén persoas afectadas, logo deixaron de estar. Haino que cambiar.

Os Servizos Sociais son unha ferramenta. No caso de Aurelia ocupámoslles a oficina sen avisar. O informe de Servizos Sociais serve pra que o xuíz acepte suspender o desafiuzamento (caso de Tui).

Stop Desahucios abrangue desafiuzamentos e as súas consecuencias. Non debe meterse no transfondo, que vai ser urbanístico, de despidos masivos, de crise. Hai que centrarse nos desafiuzamentos.

7. Pra xestionar desafiuzamentos, facer asistencialismo, non me vexo. Pode haber dúas liñas de actuación. Véxome aportando na acción directa: saír á rúa, protestar, parar un desafiuzamento, facer escraches, cambiar a situación en xeral, cambiar a sociedade. Que se paralice a mera existencia de desafiuzamentos. Obter a ILP, a dación en pago como mínimo.

A ocupación de Servizos Sociais deu a mensaxe de que non estaba todo guai, de que non rematara a loita.

8. Vexo acción directa. Unha morea de xente parando desafiuzamentos, facendo fronte a unha inxustiza. Protesta nas rúas, que se vexan as liñas de acción. A negociación é unha parte, na rúa todos loitando.

9. Sen acción non se fai nada. Acción directa. Presionar.

10. Casos xerais: a ILP pode paralizar miles de desafiuzamentos. Tentar paralos en xeral, facendo escraches, indo ós xulgados. Os casos individuais necesitan a negociación, que é un curro desagradable pero necesario pra protexer á xente. Cando non se solucionan, loitar. Vexo tres liñas, negociación, medios e activismo.

11. Hai que matizar o esquema, que é complexo, secuencial. Abordar casos concretos é o que leva a liñas de acción directa. Fan falla grupos de traballo pero tamén traballo conxunto.

12. Esta situación inxusta chama á xente. Na balanza social hai afectadas e bancos, e polo medio a masa social, que pode decantarse. Hai que facilitarlles a negociación ás afectadas, facendo presión. Pouco a pouco acadar que os axentes dos desafiuzamentos sintan vergoña. Incitar á masa social a desobedecer leis inxustas. Hai unha solidariedade potencial en casos como o de Aurelia que hai que intensificar. Persoas que forman parte dunha rede que se sae dos desafiuzamentos.

Podo aportar: estar na rúa, enlazar cousas (distintas).

13. Activismo: todo é activismo. Estar na rúa, reclamar, escrachar, mobilizar redes sociais, que non se perda a ilusión. Pero moitos desafiuzamentos páranse negociando: que non teña que marchar, ou un prazo máis longo, ou o que sexa. Pode a parte negociadora ser compatible coa parte activista?14. Cómpre xerar discurso. Discurso e praxe. Hai que saber se se vai dicir “propiedade”, “posesión”, estar na creación cultural capitalista, ou falar de okupación…

No eido institucional vexo a participación de institucións non-fascistas, non me importa ter en contra institucións fascistas. Por exemplo, na ocupación dos Servizos Sociais había institucións (partidos) non fascistas.

15. Hai que ter en conta que imos traballar en asemblea. Non hai que saber por adiantado todo o que podería pasar se tal cousa ou tal outra.

16. Temos fallos de coordinación. Non ten que ser responsabilidade de “tal o cual”, é un problema xeral.

Temos que ter o dereito de saber cales son as consecuencias dos actos, non ir de cabeza. Non facer cousas porque si. Non presionarnos. Non manipularnos. Ter un ambiente razoable, moderado, convivir educadamente, expor razóns, que non haxa nada indiscutible.

17. Si vexo dúas liñas. A conciliación, chegar a acordos. Eu véxome cómodo na loita contra o sistema. Non é unha crise, é o sistema, haino que destruír. Stop Desahucios ten que loitar contra os desafiuzamentos, e crear unha liña política de loita, e tirar abaixo todo. Crear unha liña de discurso revolucionario que propoña: se non hai vivendas okupámolas, se o que hai non serve facémolo nós.

18. Sen un mínimo de organización non hai un mínimo de eficacia. Sen un mínimo de sometemento persoal a esa organización e cohesión non hai eficacia. Un mínimo de sacrificio de organización e vontade.

 

Ao fío do expresado onte por algunhas persoas na asemblea, penso que algo así non merece a etiqueta de asistencialismo. Un dos filtros para priorizar algún caso para un apoio máis aló dese asesoramento rápido podería ser a implicación da persoa afectada na loita global, máis aló do seu caso, contra os desafiuzamentos. Un aspecto importante desta implicación por parte d@s afectad@s sería conseguir a comunicación e acción conxunta entre elxs, practicamente imprescindible para a viabilidade de estratexias como os realoxamentos en edificios tomados. Por outra parte, esta sorte de oficina permitiríanos facer análise do noso contexto máis inmediato, sería tamén un labor interesante de investigación, clave noutro dos puntos que se enunciou repetidamente na asemblea: a “produción de discurso” ou “liña política” (porque sería ademais unha investigación empoderante, investigación-acción, produtora de subxectividade, parecido a aquelo que Romano Alquati denominaba co-ricerca).

A este respecto, penso que unha liña política baseada sobe todo en accións de protesta contra o goberno (desde Servizos Sociais ata deputad@s) pode ser bastante pobre. Temos que equilibrala cun repertorio máis amplo, porque se non corremos o risco de converternos en simple carne de canón para conseguir dimisións e, no mellor dos casos, elevar a algúns partidos de esquerdas ao goberno, algo que a experiencia recente desaconsella. Con isto non quero dicir que non deba haber interacción con partidos políticos, nin que sexan todos eles iguais, pero temos que evitar o anterior.

 

O da creación de discurso é fundamental, pra iso hai que ter claro que somos ¿revisionistas ou revolucionarios? Este é o tema. Porque eu ou quen for, non pode andar con discursos da disidencia, das prácticas outras e que logo chovan paos, ou haxa un enrocamento socialdemócrata pra a realización no real desta discursividade. A relación con partidos, concordo, nós marcámo-lo noso espazo e tempo, e novamente, coordinamos. No fondo é dispoñer dos folgos e tempos de cadaquén, distribuílos e repartilos. Ademais a discursividade axuda a baleirar a estigmatización que recae sobre a “morosidade”, por exemplo.

 

vése que non tiñamos protocolo nin filtro nin nada, e o máis semellante a iso foi advertir que nós non podiamos dar unha solución, que o caso podía estar fóra do perfil, pero tamén remitir á asemblea… se cadra na asemblea van chegando persoas afectadas que vaian determinando elas mesmas a interpretación dos casos, axudas etc…

fin de burbulla, estourido nesta parte da cosmópole, e no medio da ruína das solucións individuais, familiares e mercantís, onde e cómo se vai estruturando un xeito de vivir baseado noutras cousas? a que ritmo? con que sinceridade e eficacia propias? mentres a burbulla, deixada ó seu, simplemente se reciclará noutro ciclo de dominio e negocio…

 

Los casos particulares yo creo que se deben atender en reuniones aparte y ya decidirá la asamblea si lo puede asumir o no y cómo decide actuar en cada caso.

 

Olvidadlo, la plataforma cayó, no podemos ni impedir los dos desahucios diarios, mucho menos re-alojar a los sin techo, queda visto que lo único que estamos haciendo sin darnos cuenta es protagonismo en los medios, siendo así, no quiero saber nada, estamos siendo anti-revolucionarios y un incordio para esta misma, por eso, me desvinculo, y mi consejo es que hagamos una plataforma real, esto no va a ninguna parte. Se supone que como plataforma deberíamos ir consiguiendo nuestros objetivos, y en vez de eso nos conformamos con parar un desahucio cada x tiempo, para salir en los medios como los buenos de la película, eso es lo que hacen los capitalistas, una buena acción buena por cada 1000 malas.

 

 

2.

A convocatoria para a concentración de hoxe pareceume estupenda. O “dereito á cidade” pasa, como ben apuntaba… , por que eles e elas conten a súa historia. Será nas súas historias onde caerán as mascaradas e os eufemismos discursivos que falan de “remodelación urbana” no canto de expulsión e limpeza, que din “espazo” cando queren dicir “suelo” (urbanizable, rentable, produtivo). Agora ben, o meu apuntamento baséase en que contar a súa historia pasa porque eles e elas, de novo, digan de que e máis de quen (e contra que ou contra quen) son veciñxs. Ser veciño implica unha estrutura e unha infraestrutura, humana e material, do habitar e da fala, unha infraestrutura social das relacións. Agora ben, un non pode ser veciño de algo ou de alguén que non está, de algo que non fala, que non se ve. Agora o explico.

¿Dinse entre si ou nos din a nós que son “veciñxs do Ofimático“? Esta é a dúbida que vos quería formular.

Como ben diciades na convocatoria, a pasarela peatonal (que xa non é verde) vai de Eirís a Elviña, e viceversa. Eirís e Elviña (tamén Eirís de arriba e Eirís de abaixo, e máis Galán -ou Ghalán- de onde me dicían hoxe algunhas veciñas que eran) teñen unha historia, unha paisaxe, unha color, un olor, teñen memoria e contra-memoria, son administradas, reguladas, vividas, sufridas, queridas, camiñadas, cantadas ou esquecidas. Son primeiramente, ao igual que as nacións, comunidades imaxinadas, pero cheas de materialidade, de realidade, de terra, de pasos e de ósos. O Ofimático non, aínda non.

En lingüística (non me quero poñer académico, de verdade) algúns dos performativos que atopamos nos “actos da fala” -como algunhas sabedes mellor ca min- teñen a característica de “facer cousas”: certas palabras fan cousas. O xuíz que pronuncia a palabra “culpable”, de seguida introduce no corpo do condenado un novo estado, unha nova relación co mundo. O condenado comprende de súpeto que xa nada será o mesmo, que a súa realidade quedou afectada.

O “poder” (por falar sen propiedade, porque xa sabedes que o poder non é unha cousa) ten o “poder” (platillo e redoble de tambor) de dar nome: de dar e de quitar nomes e, polo tanto, de performar e crear realidade. Ó dar nome, establécense diferenzas, xerarquías, ordes etc.

A onde quero ir con esta leria interminable?

Que se lles debería preguntar ós veciños e ás veciñas (se cadra xa o fixestes), se son e se din “veciñxs do Ofimático”.

Porque se nós, ao igual que fai o “poder”, nomeamos o Ofimático desta maneira, o que facemos é esquecer que o Ofimático, a día de hoxe, aínda é un proxecto, aínda non está terminado, aínda non é unha realidade, aínda pode ser detido, criticado, discutido, repensado. En cambio, cicais sexan as veciñas de Eirís ou as veciñas de Elviña (penso que todas, tanto a un lado como a outro da avenida, se dicían de Elviña), as “afectadas polo plan ou o proxecto do Ofimático”. Cabería non perder, penso, non esa identidade senón esa historia dos veciños e das veciñas de Elviña; se nomeamos dun xeito incorrecto a súa veciñanza quizáis lle deamos un mal nome ás súas historias

 

non esquecer que a cidade é unha parte dunha máquina urbana capitalista global, e que temos dereito a circular á velocidade que máis capital xenere pero non a ficar cos brazos cruzados, e si alguén pensa que ten dereito a outra cousa vaino ter que explicar… por suposto a narración sindicalista integrada (somos boas ferramentas, sólidas e rendibles, e temos dereito a ser usadas conforme ás nosas instrucións de uso) xa non lle importa a ninguén…

 

Nom sei, pero cánsame todo este efluvio de suxerencias-ideas e 0 esforzos (eso sim logo temos asambleias de 3h…). O conflito hai q desterritorializalo, levalo á cidade. Se imos facer mani sabelo xa, pegada de cartaces na cidade convocando e pintadas/cartaces denunciando o falso progreso e o verdadeiro espolio da cidade (iniciado nos 90 executado no 2010). Eles tenhen que contar sua historia, si? A quen?

 

Ou implicamos a todo dios, ou seremos esencialistas “de toda la vida”.

 

faixa de stop desahucios, artesanal, pintada a man en tela, vista por última vez na concentración diante do pp… estaría ben tela pra a mani de mañá, que é chula e leva as letras de stop desahucios en grande.

 

entre outras cousas saíu que da outra banda da pasarela @s veciñ@s de elviña, que teñen un longo e duro conflito coa universidade expropiadora, conseguiron que se “desafectasen” algunhas fincas, e seguen na lideira de acadar máis desafección, con qué argumentos e medios non sei… Isto é interesante, porque é un fermoso precedente e tamén porque, se se parte de núcleos de poboación que teñen recoñecido o seu valor e dereito a existir, póde “estender” o ámbito destes núcleos… bueno, o rollo stop progreso, a comunidade “rural” ten valor urbano, bo sitio pra decrecer, dereito a ser aldea en alfonso molina, máis vale leituga en man que plusvalía voando etc. etc.

(polo demais o plan de urbanización racional da zona incluiría reruralizar o ofimático, quitar canles en alfonso molina, baixar a velocidade, rehumanizar a zona elviña-palavea…)

 

Queridísimxs compañerxs de estopización desahucil, tengo el inmenso placer de comunicarles que me ha tocado en gracia el dudoso privilegio de ser otro de los sancionados del “Aurelia’s Day”: 600 pavazos de multa por “jalear a los manifestantes a romper el cordón policial, incluso subiéndose al camión de los bomberos, consiguiéndolo e impidiendo, por tanto, la ejecución de la actuación judicial.”

De todas formas me llenan de orgullo al considerar que han sido mis jaleamientos los que han conseguido “impedir (…) la actuación judicial”. Cuánto honor, si lo llego a saber hubiera empezado a jalear mucho antes, hace años que debería haber iniciado mi labor jaleadora, ¡la de cordones policiales que hubiéramos roto a estas alturas si hubiese sido consciente antes de mis prodigiosas habilidades!

 

Este agasallo vén que nin pintado para facermos unha reflexión necesaria, paréceme a min, sobre a “nosa” comunicación e o “noso” activismo. Iso si, a ver para cando, porque anda que non hai tarefas para facer!

Queda aí suxerida para cando poidamos/queiramos/teñamos.

“La comunicación no es un instrumento de la acción política, sino la acción política misma.” “El «mediactivismo» rompe con la concepción y la práctica de la comunicación política a manos de la izquierda tradicional: el lenguaje, la capacidad expresiva de los movimientos, no es ya sólo una «tubería» a través de la que lanzar mensajes «críticos» o «revolucionarios», sino un espacio político que hay que construir.”

 

Por seguir o fío, xa que a min a entrevista tamén me abriu certas canles de reflexión (gracias!), quedeime sobre todo coa idea da construción dun imaxinario alternativo, que se resume moi ben nisto: “Su tarea es activar y reactivar constantemente las capacidades cognitivas, emocionales, creativas, proxémicas y eróticas que la transformación antropológica en curso tiende a desactivar, paralizándolas y sometiéndolas a la competencia económica.” Recoñezo o meu gusto por esta idea debido ao meu amor, por que non dicilo?, cara a certo cinema activador da vida!
O carallo é como facelo!!

Imos ter que facer unhas convivencias reflexivo-creativas para poñer en común tantas correntes de pensamento. Como se non houbera xa cousas que facer a moreas!

 

e por riba prodúcese unha comunicación lúdica e política moi interesante entre a xente que emprega o camiño veciñal elevado e os automobilistas que elixen unha conduta pouco cibernética para unha semi-autovía, como é baixar un chisco a velocidade, recoñecer que alí están un venres máis os do ofimático, darlles un claxonazo de apoio e recibir o agradecemento en aplausos e seguir coa vida… así que a policía chega, inventa regras como que na pasarela non se pode estar quieto, pretende manter unha velocidade de circulación do tráfico que é unha metáfora da velocidade de circulación das mercadorías, e regañar a ponte para a normalidade anodina e a despolitización cotiá coa súa falta de estrutura social e xeitos de apoio efectivos… etc. pero logo chegan os chiflados…

 

http://www.youtube.com/watch?v=vgxqo3vecqg

 

Apúntome a facer o relato colectivo. Ideas que veñen:

  1. A avenida do alcalde Alfonso Molina. Creo que dás no cravo, […]. A planificación, replanificacións, edificación, reconstrucións, ampliación… da avenida (a escolla do nome oficial tamén) materializa os cambios na forma de entender a cidade. Esa semi-autovía que foi facéndose lentamente ata chegar a como é agora é a imposición do xeito capitalista de facer cidade rexeitando ao mesmo tempo a sempre ineludible simbiose do rural e o urbano en Galicia. Partiu aldeas, veciñ@s, familias. Desde hai décadas está “escoltada” polos símbolos da modernidade capitalista que entrou tarde pero de cheo en Galicia: a Seat, a gasolineira, Begano, Continente, máis centros comerciais, edificios de cadeas hoteleiras que meten medo, unha delegación concreta dos xulgados… Agora, un parque ofimático. Non sei se lembrades como era hai 30 ou 20 anos. Hoxe é unha copia en pequerrecho da “carretera de La Coruña” de Madrid, da A6 (calquera día cámbianlle o nome por “carretera de Madrid”), cunha característica jodida que nos condiciona máis a vida @s que vivimos aquí: que ten pouca competencia como acceso e saída da cidade. A construción do parque ofimático chega con máis de 20 anos de atraso, se o comparamos con outras cidades.

  2. A pasarela. Coincido contigo, […]. Onte toda a policía estaba obcecada co noso acceso e uso dela: forzas de seguridade da pasarela. É a mellor plataforma de visibilidade da avenida, o mellor lugar no que se pode ver UNHA PERSOA. A min tempo atrás producíame agorafobia cruzar por ela, parecía que me estaba a observar toda a cidade, e ao mesmo tempo dábame pracer porque me liberaba de todo o que ocorría inmediatamente debaixo, empoderábame. Por outra banda, creo que é unha conexión entre o rural e o urbano, entre aldeas e veciñanzas nesgadas que teñen unha importancia bestial na Coruña na súa historia cotiá e nas outras, un recurso que mantén relacións sociais molestas, unha liña de fuga transversal. Por iso o concello non a arranxa. É a resistencia que ata agora non daba problemas “graves” ou “rechamantes”.

  3. Como é a vida da xente que vive a carón dunha semi-autovía en casas de aldea? Que é para elas a pasarela?

 

paréceme unha boa proposta. A pesar de que apenas podo participar dela nin de practicamente nada do movemento, quería engadir algo ao fío do aportado por [] (formidable!). Dúas referencias librescas que talvez resulten de interese para pensar a xeografía de Alfonso Molina.

 

Hai un artigo de David Harvey de fai a tira de anos onde describe o modo de goberno local propio da economía financiarizada como “empresarialismo urbano”. Este consiste na produción por parte da cidade de “atractividade” para a inversión (multinacionais, turistas etc.) a través de operacións de diverso tipo, entre elas as urbanísticas. Creo recordar que Harvey se centraba máis no aspecto simbólico do urbanismo das cidades-marca, pero máis recentemente Marc Augé escribe un pouco sobre as implicacións na morfoloxía física, concretamente nas infraestruturas de transporte, destas dinámicas de extroversión urbana. Como no seu momento me pareceu que isto podía servir para entender o que nos pasa na Coruña con Alfonso Molina ou a Terceira Ronda, un bo día traducino ao galego: http://velosofia.wordpress.com/2012/08/27/urbanizacion-global-e-reinvencion-ciclista-da-cidade-marc-auge-2008/

Hai demasiada literatura sobre o tema, con todo o rollo das autoestradas nas grandes cidades por exemplo, pero creo que estas referencias van do que formulou […]. Ademais ela falou do tema do rural/urbano (ou como se lle queira chamar) que é moi importante, o do ofimático é desposesión tamén a través da homoxeneización urbanístico-existencial, como di unha das persoas afectadas: “aí enterraron maneras de vivir”.

Unha aperta liortocultora,

 

Como sabedes, [] e máis eu comezamos o venres a gravación dun vídeo sobre/con historias do lugar de Galán e o espolio do Ofimático, seguindo algúns fíos de conversas informais, suxerencias, pensamentos varios e cruces de camiños. Como isto é cousa de todxs, parecéunos importante mandarvos unhas notas sobre o proceso, que son as que seguen:

  • O venres fixemos unha primeira aproximación ó lugar, rodeándoo primeiro dende abaixo, onde a vía do tren, subindo despois cara a Eirís. Pretendíamos grabar as máquinas traballando, afacernos co lugar, ver o territorio un pouco dende lonxe.

  • Polo camiño de Galán atopámonos con […] e camiñamos con el un anaco. Preguntámoslle se lle importaría que o grabaramos co fin de ter os nosos propios documentos, máis aló ou á parte dos medios de comunicación, para darlles difusión por outras canles. Parecéulle ben e grabamos unha conversa na súa casa sobre o tema do ofimático, a memoria do lugar, as súas vidas alí, as resistencias etc.

  • Por último, grabamos na concentración, a “batalla da pasarela” e a posterior manifestación, co despregamento de grilleras e orcos incluído.

Outro tema son as cuestións técnicas: precisamos facer a envorcadura dos vídeos no ordenador de […], que o está a poñer a punto para poder editar. De tódolos xeitos, isto é algo que vai levar uns días, o cal choca coa inmediatez e urxencia de ter un vídeo para xa. Nós temos a idea de voltar a gravar alí, falar con máis veciñxs, meternos máis a fondo no lugar, construír tamén o noso propio relato… E para iso tamén vemos necesaria a reflexión (que choca coa inmediatez, ains…) e o tempo.

 

Creo que pode ir da man da gravación. Lin os artigos propostos. E veñen máis ideas:

  • A destitución da memoria colectiva da cidade durante o Imperio Vázquez por un relato para o imaxinario colectivo das cidadás que presenta á Coruña como unha cidade autosuficiente e autárquica mentres a transformaban nun elo máis do mundo/cidade, como di Marc Augé a través de […]. Aquí eu atopo moitas diferenzas con cidades nas que vivín (Salamanca, Córdoba, Manchester, Lisboa) e moitas semellanzas (Madrid, Manchester e Lisboa nalgúns aspectos). Isto vai vencellado a:

  • A destitución da identificación das clases sociais obreiras e labregas e das súas historias previas a ser habitantes da cidade (para os inmigrantes) e das que xa habitaban nela antes da modernización capitalista. Esta destitución intenta promover outra que resiste moito: a identificación cos lugares de orixe, coas aldeas e vilas, das inmigrantes. Que procesos de subxectivación as acompañan?

  • O modelo privatizador urbanístico “coruñés”.

  • Fitos relevantes na historia da avenida de Alfonso Molina que dan pistas sobre imposicións, resistencias, superposicións…: as protestas tremendas cando se retiraron as palmeiras que “escoltaban” o que antes de ser unha semi-autovía parecía máis un bulevar (ao estilo dunhas das entradas a Chantada), as protestas ídem cos accesos a Palavea a Vella e a Palavea a Nova, as polémicas coas medianeiras…

 

Pero Stop non ten CIF, non é entidade se non MMSS. E digo eu que isto da externalizacion dos serv. soc. e súa correspondente precarizacion non é o que acredita¿mos? en Stop. Por engadir puntos de reflexión. Ah, o martes 25 ás 11:00 temos o tema da entrega de alegacións polo caso de Aurelia… e tanta premura, a mesma que non tiveron pra garantir o acceso á vivenda. Mais se serven de axuda, adiante. Non sei… non creo que vaian elaborar políticas soberanas de vivenda, se non a xestión caritativa dun ben básico (a solución dos casos, é outro tema) 😉

 

Proposta de xornada lúdico-reflexiva: Este punto hai que explicalo, porque vén derivado dunha conversa hoxe despois da reunión coa muller que queren desafiuzar. Trataríase de tomarnos un día de calma para falar de que discurso queremos ter, cal é a nosa posición con respecto ao dereito á vivenda. É dicir, ter un día no que paramos a dinámica acción-reacción e iniciamos un proceso no que as ideas que temos se transformen en propostas, discurso e accións. O de lúdico é que, aproveitando o verán, podiamos ir por exemplo á praia, compartir un xantar e deixar as ideas e as emocións fluír con menos presión, e así comezar a construír iso que sempre nos queda como último punto ou de xeito transversal.

 

Habitantes do que noutrora fora unha das zonas verdes e hortícolas da cidade, viven agora cercados por un descampado en obras, colonizado polas máquinas industriais e o desexo especulativo de vivendas en propiedade –na Coruña hai xa 20.000 vivendas baleiras-. E, namentres o tempo do conflito avanza, o Concello esfórzase en facerlles sentir que a súa vida é unha molestia, e que o valor das súas lembranzas e vivencias establécese en función do que marca unha Lei do Solo feita á medida da falsa apariencia de desenvolvemento.

As pancartas coas que informaban á cidadanía foron retiradas fai semanas pola Policía Local. As concentracións veciñais na pasarela de Alfonso Molina foron prohibidas a instancias do Concello alegando a peregrina desculpa de tomar precaucións fronte a un posíbel “derrumbe” da mesma. As manifestacións denunciando a situación de espolio vivencial foron prohibidas e invisibilizadas en nome dunha falsa garantía da circulación do tráfico rodado.

Aliás, a alcaldía tenta limpar a súa conciencia convocando ás familias a infrutuosas reunións co obxectivo de desgastalas animicamente coa creación de falsas expectativas, e procurar fraccionar o sentido de comunidade das xentes de Eirís-Galán a través das entrevistas individuais.

 

Somos todas nós, organizadas libremente, quen debemos reformularnos o contexto de especulación, autoritarismo e “desarrollismo”, nunha cidade con 20.000 vivendas baleiras, miles de persoas sen ingreso ningún, desafiuzamentos todos os días, eliminación das axudas para vivenda, hipotecas impagables, alugueres especulativos, colectivos enteiros que só teñen dereito a vexetar e non poden deseñar a cidade e facerse responsables dela… e aínda así a deseñan e a fan na súa subversión cotiá. Pero aínda podemos xuntarnos, pensar, facer en común? Os cachos de cidade dos que sabemos ser parte sen nos render ós ciclos fatais dos caciques? Ser veciñ@s é futurista.

pois este desbarre ten que ver co teu artigo, por incrible que pareza, porque si, alén da xustiza do caso concreto, da xustiza xusticieira, no do ofimático cuestionámonos cousas sobre a dimensión da cidade, sobre cómo unha horta pode ser cidade e unha autovía ser unha invasión e destrución, se a veciñanza aparece como utopía política (pra nós a veciñanza revélasenos na hospitalidade como vivencia directa, e así nos lían de todo pero tamén deixamos de ser observadores da vida bucólica pra estar facendo unha vida moi efímera baseada nunha veciñanza-asembleanza que nos aporta vellos e bocadillos de tortilla que tanto nos faltan, e rebelión concreta, voluntariamente limitada, pero tenaz)…

 

Nalgún momento teriamos que comezar unha reflexión tamén sobre o “dereito á vivenda”, o “dereito á cidade”, ou se se quere, xa non quen ten estes dereitos, senón quen os quere ter, e para qué, e cómo… ó cabo a vivenda e a cidade son tamén grandes liortas e cachivachadas…

 

os casos pendentes penso que van ter que ver coa autoorganización da xente, pero tamén coa nosa capacidade de situalos no medio dos nosos propios casos (ou ó revés; aquí habería que reler o artigo de zoopolitik, ver a parte de “veciñanza” e “hospitalidade”), e no medio de posibilidades como as que se anunciaron nos comunicados de stop desahucios, a saca de favores, a rede de troco, sen papeis e a rede de apoio mutuo de ferrol, o que chamamos naqueles días “a parte construtiva”… que logo tamén encaixa co “dereito á cidade”, a outro urbanismo etc. e finalmente cos dereitos sociais “activos”, pendentes de construción colectiva (o meu dereito a ter casa para facer cousas socialmente interesantes, ou a organizar na cidade funcións sociais, ou a ficar para que siga habendo nos territorios que a cidade relaciona certas resistencias, insistencias, creacións…)

 

(a poética é necesaria, se non morreremos de tedio)

 

Vivir é un dereito e non un negocio do Capital

 

 

3.

Isto non resolve as nosas dúbidas e inquedanzas: serve isto para vencellar a xente ó colectivo? Que pasa co resto dos casos que non son de hipoteca (alugueiro, precario etc.)? Sentímonos ben negociando?

Por outra banda, son varias as frontes que como colectivo temos que afrontar de cara aos desafiuzamentos:

  • Os bancos como culpables: necesario sinalar esa responsabilidade.

  • O Estado: non están garantindo o dereito á vivenda.

  • Persoas afectadas: non se implican directamente, senón que acuden a Stop Desafiuzamentos para arranxar o seu problema particular, polo cal nos convertemos en xestores e intermediarios, papel no que en xeral ninguén se sinte a gusto.

  • Discurso sobre a vivenda: Vivir é un dereito, ter casa tamén!

  • Nós como colectivo: atopar unha vía coa que sentírmonos ben política e personalmente (o personal é político!). A maioría de nós somos anticapitalistas: como dar saída a un discuso anticapitalista no que poder construír outros xeitos de facer dentro do colectivo (implicación e empoderamento das afectadas, discurso teórico-práctico sobre o dereito a vivir e a ter unha vivenda na que facelo, tentar evitar os malestares de ter actuado como un sindicato do desaloxo etc.)?

Posibles camiños que foron saíndo:

  • Retomar a presión sobre os bancos como se facía antes.

  • Okupación como un xeito de presionar ás institucións, aínda que tamén como unha política activa sobre a vivenda e o sistema de cousas.

  • Asembleas de afectadxs! En Vigo fanse (ás veces hai asembleas de cen persoas, mimá!) e de cada asemblea sae unha acción.

  • Facer un protocolo colectivo para xestionar os casos e non andar dando bandazos cada vez.

  • Socializar máis as asembleas: non as estamos publicitando ben nin abríndoas demasiado.

Para concretar certos aspectos, facemos unha rolda de opinión con respecto ás negociacións: a maioría de nós, agás […], non quere negociar, mais tampouco nos importaría que outras persoas o fixesen.

Ademais, decidimos probar a facer a asemblea de afectadxs para poñer novas ideas en práctica e comezar un proceso de auto-organización e empoderamento das persoas afectadas. Polo tanto, os casos xa non se xestionarán de xeito individual, senón invitando á xente a unha asemblea que se fará periodicamente. Isto forma parte do protocolo da xestión dos casos. Digamos que sería unha especie de “obriga” para resolver conxuntamente eses casos individuais.

Evidentemente, xorden as contradicións e as dúbidas (que a xente non se implique, que iso choque moito co discurso anticapitalista que sentimos dalgún xeito como noso, que sexa difícil de xestionar, que se convirta nun espazo demasiado vertical dirixido polo colectivo…). É certo que esta asemblea de persoas afectadas non vai ser sinxela e imos ter que dinamizala, sobre todo no comezo, pero tamén acordamos que temos que tentar ir por ese camiño, pois o funcionamento ata o de agora non nos servía.

Centrándonos máis no propio desenvolvemento da asemblea, e coa idea de axudarnos a ir facendo unha estrutura, expoñemos os obxectivos que nos levan a iniciar este proceso:

  • Buscar outro xeito de levar os casos: entendimos que o seguido ata o momento cae no asistencialismo e non temos nin o tempo nin os medios nin en grande medida a vontade para seguir esa vía.

  • Incentivar a solidariedade, a participación e a autoorganización entre as persoas afectadas.

  • Loitar contra a sensación de vergoña que sinten as afectadas.

  • Promover accións que sirvan para facer reivindicacións políticas ó tempo que para solucionar as situacións concretas de cada persoa.

Tamén hai certos perigos na asemblea que entendemos que debemos evitar:

  • Deriva da asemblea cara a un consultorio legal individualizado: entendemos que o cometido da asemblea é dar ferramentas (das que temos que proveernos aínda) e consellos baseados na experiencia previa, pero non podemos facer a labor personalizada de ir estudando minuciosamente un por un cada caso; perigo da figura do “Avogado”, que xera unha expectativa que non podemos corresponder (e que entedemos nociva).

  • Excesiva focalización en casos concretos: puidera ser que polas dinámicas propias de cada caso, haxa que priorizar uns sobre outros (urxencia, posibilidades), e todo o mundo quererá resolver prioritariamente o seu caso. Buscar non descoidar a ninguén e ó mesmo tempo procurar certa eficiencia.

 


No dejaré que sepulten en vida la ilusión
que construyo en cada día, en cada sueño
una nueva vida en la que
no haya esclavo ni dueño
libertad, libertad, yo grito libertad
y que el grito lo lleve el viento
y rebote su eco revolucionario
no coiro
no coiro
da terra
escríbense as verbas
xiran as noites
afúndense os alugueres
para ser transformados en tempos
e espazos sen sentido e libres de sentires!
pa qué?
buscar fóra o que cadaquén ten dentro
está a xente, nas súas vivendas, desconfiadas
ollan para afora, a sociedade mira de reollo.
Afora estamos nós, e nós somos a esperanza, 
a dignidade.
A dignidade, a forza
xuntas podemos, xuntas paramos
a mina!