Felix Hauser

Agora que (ou) que

facer un eloxio da

resistencia.

A decisión de escribir un diario íntimo é un primeiro acto de resistencia.

Jean-François Lyotard

 

O que segue é un intento de pór en orde os días nos que buscabamos a senda por onde camiñaban os animais, por onde en definitiva tiñamos dereito de paso.

Para o que teríamos que resistir canda eles, fóra de todo intento de suxeición. De toda regra metafísica asentada na violencia xudeo-cristiana-musulmana do sacrificio.

Pór en orde é un dicir, amañar quizais unha escritura caligráfica que me acompañou durante unha estancia en Trasmiras. Pasar logo dunha escritura analóxica a unha dixital, e dar grazas á máquina, ás máquinas que posibilitan este tránsito. Tanto como a escritura mesma que foi quen de ir acollendo aos animais que, por non sabermos que idea/problema, pensabamos desaparecidos.

Veremos que resistir non ten regras.

 

1.

oito de setembro (trasmiras)

 

Regras para uns días:

a posmodernidade explicada ´xs nenxs →(Glosa sobre a resistencia)1

fedón, banquete, fedro

o animal que logo estou se(gui)ndo

 

Así, se era quen de seguir estas regras, podería pasear o resto do día pola chaira e mirar para os animais que xa non había na aldea, tal como tampouco aldea. Pero quedarían seguro os restos, as velocidades mínimas e comúns polo longo desa frase: agora que, agora que facer…

 

Unha desorganización da memoria, un soño no que vos perdo no redor dun gran mercado, dun porto, dunha cidade descoñecida. Unha variación que repite o desaxuste e un teatro. Aínda non un deserto.

Como resistir?

 

( Proxecto de texto para Cartografías da resistencia. )

 

Sabía a estas alturas con seguridade cal era o marco das charlas das que viña. Mais o asunto é que aquelas gravitaban canda o meu corpo e levaban unha idea, e polo tanto un problema, a miña cotidianidade vacacional. Para onde é que marcharan os animais.

 

O adversario e o cómplice da escritura, o seu Big Brother (ou máis ben, o seu O`Brien), é a lingua, quero dicir, non só a lingua materna senón a herdanza de palabras, xiros e obras que chamamos cultura literaria.” (Lyotard, 104-105)

 

Ademais, ou antes ou entre-medias

  • as infiltracións
  • o íntimo e o público
  • os terrores secretos
  • a combinación das resistencias e o desfalecemento
  • o xa dito e o aínda non dito

(…)

 

Desexo

Escritura

(a)poría

O(s) totalitarismo(s) fronte á continxencia incontrolable da escritura

A inquietude

A falta

A idiotez

Escribimos contra a lingua, pero facémolo necesariamente con ela. Dicir o que ela xa sabe dicir, iso non é escribir. Queremos dicir aquilo que ela non sabe dicir pero que, segundo supoñemos, debe poder dicir” (L 105)

Que é un acontecemento:

Entón o síntoma máis ben que a cura, pero non a “carencia” máis ben a excedencia sintomática.

Unha promesa que promete o imposíbel.

Que subtrae o imposíbel ao forzoso de toda totalización.

ABRIU UNHA FERIDA NA SENSIBILIDADE” (L 106)

Só debe suceder aquilo que foi anunciado, e todo o anunciado debe suceder. O prometido e o forzoso son equiparábeis” (ibid.)

O AMO/X ESCLAVX

(L108) o acontecemento “nacido de boca a boca de dúas voces despoxadas” que nada prometen, sendo a promesa xusta, o instante, a singularidade microlóxica dun irse, dun restar no marcharse.

Fuxir do atraco a un banco non é menos importante que chegar xusto ao enterro dos que máis queremos.”

O imperceptíbel

Unha temporalidade secreta

Unha guerra de guerrillas

Lyotard dirá “A guerrilla do amor contra o código dos sentimentos … salvar o instante contra o costume” (L 106)

 

 

pour l, f, d, a, r, b, d, derritaxes…

 

Unha lectura de determinados camiños…

Verán en T 2013 fronte a hexemonía do negocio

Aporía acontecemento corpo do amor micro poréticas da resistencia

Como non falar, incluso →como falar?

Sobre a escritura, o amor e a(s) singularidade(s) que se presta(n) a resistir AQUELAS OUTRAS COUSAS

como no final do Fedro.

 

 

Un idioma (L 107)

A fantasía (L 108)

 

→ El inconsciente debe ser confesado y declaro. Din e tratan de dictar a lingua.

 

Nós respondemos:

Polo tanto o inconsciente debe dotarse dun sistema anárquico de invención – involución – creación, un alén do propio territorio.”

(…) …a infancia de Mozart, a ra de j.l.godard…

Dada a responsabilidade de resistir e de testemuñar:

Por esta razón paréceme necesario prolongar a liña da razón na liña da escritura. A labor da escritura (→105) está emparentada co traballo do amor (→ 101/7), pero inscribir a pegada do acontecemento iniciático (→105) na linguaxe, e ofrecela desta maneira ao reparto, senón do coñecemento, alomenos ao reparto da sensibilidade que pode e debe ter, por común”. (L 111)

ESTA LIÑA

→ “procura testemuñar o único que conta, a infancia do encontro, a acollida, que se fai á marabilla de que sucede (algo), o respeto polo acontecemento.” (L 112)

 

Platón – Banquete

Pero… por que traer aquí o banquete e por qué traer aquí a Platón e antes a Deleuze e Guattari → “Porque se construía un aparato de Estado que non sirve máis que para a destrucción. Entón, a máquina de guerra xa non traza liñas de fuga mutantes, senón unha pura e fría liña de abolición.” (D&G cit. Rubín, texto 53)

 

Antes daba voltas dun sitio ao outro ao azar e, pese a crer que facía algo importante, era máis desgraciado que calquera outro, non menos ca ti agora, que pensas que é necesario facer todo menos filosofar.” (Banquete, 173a)

 

Resistimos fronte á hexemonía dos negocios.

 

 

2.

Nove de setembro (trasmiras)

 

Esta noite miramos os primeiros animais.

Que desatan un instante de acumulación temporal.

Un sentido re-traído a unha longa cola para acceder a un centro de baile.

Danse todos os sentidos un por un heteroxéneos no corte que abre e destapa o desexo, quizais un aló da lingua.

 

(…)

Señoras, miren as relacións, que diferentes maneiras de resistir, de resistencia nos alumean:

Mais o máis frecuente é que un grupo ou individuo funcione el mesmo como liña de fuga; creala máis que seguila, ser o arma vivinte que un forxa máis que aquel que se apodera dela” (D&G cit. Rubín, texto 52)

 

Agora Platón:

“… pero ademais é flexíbel de forma, xa que, se fose ríxido, non sería capaz de envolver por todos lados, nin de pasar inadvertido na súa primeira entrada e saída de cada alma […]” (Banquete, 196 a)

 

Flexíbel a arma, a liña de fuga, o amor. Crear máis que seguir. Unha resistencia que se resiste a seguir –pero que segue por– inventa outras vías. Que non se detén, que se acaso acaracóchase…

Aínda non se achica. A do animal que logo estou sen(guin)do.

O animal que me mira e a quen miro que se abre de pernas ou que camiña…

 

(…)

 

Diotima

 

O REALISMO

Pero este realismo do tanto-ten é o realismo do diñeiro”

(L 14)

Pero nas invitacións multiformes que incitan [a abolir a diferenza e a repetición das profundidades do íntimo-privado e da público-común] a suspender a experiencia artística [estética-sensible para que “abrote” á superficie] hai un mesmo chamado ao orde [dos x(s)uízos determinantes contra certa inquietude do vivo, da vida, que teimuda (re)torna por saír de quicio de con-vivir máis aló da forza de determinación (naturalización algo que vén dun dentro/fóra da lei, que reflexiona. Reflexiona o xuízo)] un desexo de unidade, de indentidade, de seguridade, de popularidade, no senso de Deffenflichkeit, de “atopar un público”. ( L 14)

E antes toda esa historia dos x(s)uízos determinantes e reflexionantes, toda esa guerra e ese enunciado do tanto-ten lanzada pola hexemonía do beneficio fronte ás resistencias sen regras (sen pazos) pero que lanzan a paixón (spinoza).

 

O SUBLIME E A VANGARDA

Queda “un acordo non determinado, non regulado, queda logo un xuízo que Kant chama reflexivo entre a capacidade de concibir e a capacidade de presentar un obxecto correspondente ao concepto” (L 20)

O sublime é un sentimento diferente”.

He aquí as ideas que non teñen presentación posíbel”

Podería dicirse que son irrepresentábeis” (L 21)

Entón as resistencias, as micro-resistencias, ao andar a eito no choio do como do mundo, aquilo que el pode e debe querer dicir, poderíamos dicir que son así mesmo irrepresentábeis.

 

FEDÓN

Ou terceiro exemplo sen regra, como vivir.

A idea dun irrepresentábel, como representar a vida ou como representar a morte, para vivir, para non morrer.

O diálogo mostra a idea problema dun señor que vai enfrontarse ao seu último día. Pero, será o seu o último día do que alí se fala ou caberá unha outra idea? En concreto, a da eternidade da alma para que este último día sexa un outro asunto. E é que Socrates resiste a marchar. Pero marcha.

Poderíamos dicir que a idea da eternidade da alma relaciona ao vivo ca morte facendo salto nun abismo que resiste a representarse, que se anuncia sen regra, polo tanto, sen resultado. Fóra entón da liña de beneficio, inútil, sen rede, pero que caberá pensar como lixeiro, plástico, o resistir, a resistencia. No Banquete, non a idea da eternidade da alma (que tamén), a idea do amor. → repetición: “ pero ademais é flexíbel de forma, xa que se fose ríxido, non sería capaz de envolver por todos lados, nin de pasar inadvertido na súa primeira entrada e saída […]” (195e / 196 abd).

Pero o que nos interesa aquí e o ABISMO aquilo do que estamos a falar, aquilo que seguimos, e pensamos produce a resistencia.

 

Marcho hoxe” (Fedón, 61a)

Pero da marcha queda unha restancia, a restancia irrepresentábel da micro-resistencia do nome propio. Do exemplo do xuízo reflexionante.

senón que simplemente tiña en min un pensamento estraño” 58e -59a

Por banquete 197d e → “el é quen nos valeira de estrañamento” (en 4)

Ela, a resistencia, a resistencia quizais.

 

 

3.

Dez de setembro (trasmiras)

 

Turbulencias, nebra(s).

Unha escritura “salvaxe” fechada sobre temas incalculábeis.

Soños e liñas telegráficas stop

Dixo – unha ganancia, mais non unha ganancia da terra

  • este pobo é moito aínda que ti non o saibas

Regra: “este desprazamento fala que o laboratorio mellor equipado ten máis posibilidade de ter razón”

  • son 100 euros por veciño 150 por bar

Entón a qué réxime de enunciados nos referimos se é que xa non hai “pobo”, pero si calculo beneficio e ganancia.

Na orixe latina do termo MODO, modernidade.

No pensamento na enunciación na sensibilidade un modo microlóxico de facer. Fóra de todo beneficio tras o calculo, calculado na hexemonía do negocio, da usura.

O home quizais sexa tan só un nó moi sofisticado na interacción das radiacións que constitúen o universo”

Pero

Máis adiante apúntase outro tipo de complexificación (L 92)

e en L 100 remata nunha esquela:

unha especie de segunda corteza”

segundo o criterio do subdesenvolvemento”

Un “último golpe ao narcisismo da humanidade” triple transtorno, r de copérnico, r de freud, r de marx&engels

 

NOTA 1

Presupuxen ese outro día ao comezo deste apuntamento/diario que a carta novena viña sendo a liña de apertura ilimitada a unha resistencia que ía viaxar dende as profundidades do quiasma da escritura á apertura dun pensamento da “promesa sen promesa”, a un “logos” en relación a un inconmensurábel que terma de abrir as relacións, de pensar esa complexificación da segunda corteza solar (pero xa me estou liando).

 

Isto entre medias dun desexo aínda fechado sobre unha circularidade desastrosa dos afectos, das afectacións sen “anámnese”, sen posibilidade algunha de pos-rotación planetaria dos outros sobre o outro que escribe, sobre o propio do irse dos animais, o propio irse do planeta.

Pero como se non dende aquí falar  resistir.

Liña de arranxo que nos religa ao por-vir.

 

sempre andamos en(tre) dificultades.

e ti (preguntou) como fas para saír de ti

paseo e namórome. Dixen: vivir é dificil

si, sempre estamos en dificultades.

pero a vida hai que desoxidala, poñela en suspenso tanto como se poida. Dixo: “O feito de que filosofar é ante todo unha autodidáctica” (L 116)

Unha Anámnese (L 98)

 

nube

 

Non te gastes (e ten temperanza) corazón. → “vibra corazón gastado”.

 

Debemos ser capaces de afrontar a opinión masiva, malintencionada. Pero temos que elaborar a nosa resolución, tratar de saber cal é o obxecto da nosa loita” (L 122)

 

4.

Once de setembro (trasmiras) madrugada

 

 

FEDÓN

Px 39

Frase tola: (66e)

Q é o morrer I (64c)

Q é morte II (67d)

 

4.

Once de setembro (trasmiras)

 

Soños, a morte en venecia, velázquez, unha praia e un depósito de cadáveres, rafa g, e r.

 

Kant

Forma imperii: segundo a cal se exerce a dominación, delegación do poder supremo.

Forma regiminis: principio segundo o cal o estado fai uso do seu poder.

 

54 Lyotard

… multiplícanse as infraccións a estas regras, xustamente porque acordan máis valor a buscar o acontecemento que ao coidado da imitación ou da conformidade”.

“… é unha infracción que reabre a cuestión da nada e do acontecemento.”

 

¿ ?

 

Un inconmensurábel

 

Un Diferendo → un corte pero tamén unha fenda, unha ferida, unha fera. Un resto…

 

J estaba dicindo que a alma de B non só nos permeabilizaba a nós, senón que sobre todo permeabilizaba a Camala. A alma de B dixo era unha barca. Un animote!

 

E que todo isto que nos sucedía viña dun afora. Dun retiro que o levaba fóra de si.

(…)

 

5.

Doce de setembro (trasmiras)

 

Unhas palabras do corazón(pour a)

 

Unha liña de arranque crítica. Quizais non que a filosofía da diferenza non pense, non teña unha política. Máis ben unha política sen promesa. Fóra da idea de dominio, de poder, da toma de calquera pazo onde asentar aos novos zares para temperar os invernos. Ese inconmensurábel do tempo da vida. Esa palabra dos corazóns dxs sen casa, dxs sen parte. Pero que vibra e resiste fóra xa de calquera absoluto. Esa dificultade de non falar polos outros pero canda os outros. Esa infancia, esa inquietude tensiva, POLÍTICA do pensamento.

 

E tempo de que sexa tempo, de que a pedra se compoña para florecer.”

 

(Derrida, 20-21)

Semella que Lactancio atribúe ás bestas non só a fala senón tamén o riso”.

A propósito, por que se di ‘comeuche a lingua o gato’”?

Ou tamén: por que B dixo que marchaba para nos tocar (toucher).

 

Nada poderá nunca facer desaparecer en min a certeza de que se trata aquí dunha existencia rebelde a todo concepto” (D 25)

 

Comunidade libre

Comunidade sen comunidade

Comunidade (re)querida

 

6.

trece de setembro (trasmiras) madrugada

diarios en T pour B

 

Escribe Derrida: “o propio do home que ten incluso como propio non ter propio”

 

Que é unha caricia?

 

Abismo

Animotes

Que é politica? Pregunta ao tempo que nos acaricia.

Agora ben, quixen lembrar a nudez diante do gato”

A nudez de min, de ed, de claudia…

 

Limia e Antela concordan que a altura ideada por Platón no Banquete é portentosa, pois atinxe a todos os estratos de Corazón.

 

Si, todos estes dias cando colledes das silvas as moras, aínda incluso máis insiste ela Alma.

 

Fálase, por conseguinte, dende hai tanto tempo”

 

Resístese a calquera dos golpes que se derivan das nosas vidas.

E tamén (xa o dixemos) desístese nun resistir que se separa, pero que de igual xeito é unha resistencia.

 

6.

trece de setembro (trasmiras)

 

Por que, con que impropia propiedade non soubemos darlle arrimo, con que voz non falamos para desfacer as cimentacións desa dor que acoulleu ao fin unha liña de desterritorialización navegábel. Pero como se non soubemos do río e do seu alcance máis aló do tempo. Corazón. Barca acaso innegociábel. Innegábel do “Can they suffer?” Podía quizais ela non sufrir unha tal perturbación.

O testemuño irrecusábel desa piedade” (D 45)

Esta guerra a propósito da piedade” (ibid.)

 

→ “A limitrofía. Este é, polo tanto, o tema. Non só porque trataremos do que se desenvolve e medra no límite, no redor do límite, manténdose co límite senón do que se alimenta o límite, o xera, o fai medrar e (sobre todo) o complica” (D 46-47)

 

Entón, resistencia(s), límite(s), arredores, desenrolos, mantementos, alimentos, complicacións onde medra (a) resistencia.

 

Dicimos, que resistencia sempre produce un arranxo canda a acción.

Pero tratamos de dicir que (a) resistencia pode inventar a cada toque.

 

 

e tiñan entendemento. (Fedón,76c)

 

7.

catorce de setembro (trasmiras) madrugada

 

 

Vías de transmisión das liñas de universo.

Os corpos que as encarnan, efectúan.

Liñas de universo → os corpos que as inventan.

A(s) alma(s) que as respiran, repiten cando a efectuación,

un día en que (a) diferenza traza un hipo.

unha adiviña da voz, un ruído, un roedor que lle dá en envío a un paxaro un cáliz.

Un que?

Un anaco de queixo que destrama da trampa onde descansa a lei, o patrón.

Pois a resistencia abre a diferenza para que alume no mundo, entón a resistencia, un litixio, unha desavenencia, unha controversia… Un resto innumerábel. Unha desproporción de corazón.

 

Fai tanto frío en Alaska.”

 

Un proceso inconmensurábel

Croa croa croa unha ra

 

…… cando se vale do corpo para observar algo, pola vista ou o ouvido ou calquera outro sentido, é arrastrada polo corpo cara ás cousas que nunca se manifestan de igual xeito, co cal ela sofre extravíos, dúbidas e mareos, como se o contacto con estas cousas lle producise vertixe?” (Fedón, 79c)

E entón é cando ela (se extravía, se perturba) se marea, hahaha cando se efectúa a voz o croar da ra e asalta o alimento (in)dixeríbel.

Unha irrigación estelar ao caer sobre a superficie do pilón unha meditación.

A meditación da invención dun alustre, acaso.

Pola contra, cando as observa por si mesma” (Fedón, 79d)

Entón x ratx ao pensar a trampa, alma non tampouco corpo: un ratx, un gatx un patx…

Non sabemos se as liñas de universo teñen capacidade de sentir sufrimento, mais pensamos que arrastran os múltiples de efectuación. Agora = aos restos. Esa(s) caricia(s) que tantas veces nos teñen resistido.

 

Dixo: pensar algo como sempre idéntico ou como cómplice / dun sacrificio →

A identidade. Que cousa!

 

 

Outro, a liña de universo en envío

A de quen? Preguntou

A de Afora.

 

“… o corpo é o máis semellante ao humano, mortal, multiforme, irracional, solúbel e que nunca está idéntico a si” (Fedón, 80ab)

 

Algo cae

Quen? Ou, que?

 

E vós, como queredes o mundo solúbel ou indisolúbel?

 

Por un ciclo tan estacional, oh atlántico! Estación favorábel.

 

Espectros (Fedón, 81d)

 

7.

catorce de setembro (trasmiras)

 

 

Eloxio do cabelo longo (resistir ser (im)piadosx, se acaso non lavarse pero si, ás veces) e do aprender a razoar.

 

– Pode que mañá, Fedón, cortes estes fermosos cabelos.

– É moi posíbel, Sócrates –respondín.

– Non, se me fas caso.

– ¿e logo? –dixen eu.

– Hoxe –dixo– tamén eu cortarei os meus e ti os teus, se é que o noso razoamento fracasa (morre) e non somos capaces de facelo revivir. (Fedón, 89b)

 

Pois así. Razoar…

 

Pero, entón, a lei da harmonía desfaise como un apriori, tanto así, no abrirse somnámbulo ás relacións ao redor do vivo.

Pois é fermoso o litixio, e inclusivo, pois aquí a mistura e a disxunción danse a tope. E vale a pena correr o risco.

… e é tempo de que me vaia bañar. Pois creo que é mellor que me bañe e beba despois o veleno, para evitar así ás mulleres o traballo de lavar un cadáver.” (Fedón, 115a)

 

Pois así.

 

Un estilo indirecto de esta clase en segundo o tercer grado sólo lo vuelve a utilizar Platón en el Parménides”

 

 

8.

quince de setembro (trasmiras) madrugada

 

 

… así un compañeiro do seu entusiasmo.” (Fedro, 228b)

 

 

8.

quince de setembro (trasmiras)

 

Unha casa con planta baixa, só unha planta baixa ao xeito dun soto-terraza.

Unha xuntanza de amigas.

Un proxecto para a resistencia atravesado por unha (in)determinada violencia exterior-interior a calquera pensamento.

Para!

Deter unha idea-bouza para a vida. Para que esta se desfaga nunha fermosura.

Fala das verduras e de Felipe. O can palleiro que trenza canda o millo un rumiar da terra que nos fai na xuntanza alucinar e declinar toda regra de almacenamento e de casa…

 

A idea dunha protesta.

Dunha “ protesta consecuente contra ese singular xeral: o animal” (D 57) contra esa machacona repetición sen marcar a diferenza das profundidades que nos re-envía ou nos re-trae fóra de toda idea de ruptura. Pero, entón, por que este marco de guerra que insiste sobre a dominación do outro, máis outro ao conformar unha casa de feras.

O animote múltiple seguiría sufrindo ao ter sempre ao amo enriba de el. Estaría até os narices ao ter sempre ao amo enriba de el” (D 56ss)

 

De que xeito resoa aquí todo o texto de Diferenza e repetición. Tanto como todas as derivas materialistas dos diálogos de Platón. Os desencaixes desa escritura, de toda escritura fóra do réxime despótico das regras. Sen arghé, que forzar nos límites, nos marcos para que a paz adveña.

A paz para o animote múltiple.

Para nós…

Para o mundo…

Esa violencia da resistencia, do pensamento. Coas mans. Dirá.

Se o pensamento se nega a pensar, a violentar, exponse a padecer sen froito todas as brutalidades que liberou a súa ausencia(Rougemont, D. Pensar con las manos, cit. en Godard)

 

Que é ese “mundo”? Que quere dicir “mundo”?

 

Escea:

O que chamo mundo (“texto”) é tamén o que inscribe e desborda practicamente seus límites.

 

9.

dezaseis de setembro (trasmiras) madrugada

 

 

Dedicas parte do día á lectura atenta. Apenas paseas inda que paseas. E ocúpaste de determinadas ideas que traballan sobre ou por riba ou a través de teu corpo, teu eu, túa alma, que desbordan a tempo aínda incluso o tempo. Podías chamarlle a isto microloxías da resistencia. Cousas pequeniñas que te fan madrugar.

 

9.

dezaseis de setembro (trasmiras)

 

 

Unívoco canda os restos de todas as resistencias.

 

Agora si, un transporte de planos ao sentir as marcas que nos trasladan, os paseos dun a outro plano de consistencia. Tan reais, o río, a ribeira e os lentes por onde entrecuza a pasaxe estrelada polos restos dos animais.

 

Gustaríame preguntarlle entón qué relación establece entre a diseminación e a pulsión de morte.”

 

10.

dezasete de setembro (trasmiras) madrugada

 

DE ANIMA

 

… non sacrificarlle ningunha diferenza, ningunha alteridade, a dobra de ningunha complicación, a apertura de ningún abismo por vir.” (D 112)

 

No que ía do derrame da serra do san Mamede até a estribación leste do Larouco, B contaba doutro xeito para nós a(s) historia(s) da(s) nosa(s) vidas, ao tempo que refería á(s) súa(s).

 

(«por exemplo, a sinxela cuestión da resposta, acerca da sinxela e abisal cuestión de saber o que quere dicir “responder”.» D 103.)

 

Claro que podería tirar unha foto (o que vén sendo unha representación; e tratando de illar esta palabra nun sema, pensei na operación, nx operadorx en relación co material-científico-técnico para a produción do sema, da representación, da imaxe, da foto, do foco) do asunto que se agrupa na inflamación.

Mandarlla á doutora, ese signo en envío que procesa tantos outros… Doutora.

 

Pero B. Alma, xa tiña rexistrado os negativos das nosas vidas, e por iso que ela aclaraba as resistencias que se ían dar a cada instante na serra canda o paso dxs lobxs.

 

Sen terra(s).

 

10.

dezasete de setembro (trasmiras)

 

 

un primeiro debuxo animado do que vimos seguindo

 

Unha extremidade certera, unha marxe chea de murmurios e de marcas. E si de marcos, de liñas fronteirizas poboadas de microefectuacións que C trata de ocultar. Un despregue lingüistico de orneos, semiótico-tecnolóxico que B anima para que nós canda ela resistamos. ASÍ, para marcar ao tempo que big big big C carga unha idéntica fronteira, todo poderoso de identidade. Fronte a estes marcos totalizadores do concepto; B non deixa de insistir e polo demais de crear, de inventar solucións ao programa, ao pro-lema dunha repetición (big big big brother) sen restos, sen potencia que non trata ao outro cal multiplicidade singularizada que se acolle aos espazamentos das verduras.

 

Na liña do cogito cartesiano dirásenos que C é quen de “ter un eu na súa representación.” Mais B resiste no insistir. En tanto que animote ou ánima traballa unha inquietude que a leva por camiños tortos e implosivos

(incluso ás veces explosivos) ←→

Que máis aló de responder a un eu organizado, idéntico todas as veces. Dá nos namoreos das liñas en arranxos.. Diríase que B é unha diseminación, un exemplo de nome propio diseminado.

 

Quiasmática, (diranlle: afectada, tísica, sifilítica, sidosa, desgotable, subalterna…) sen acougo. B anima unha politica da resistencia dos desertos. Pois deserto do real non se dá. Ou se tal (pensara B) ao redor das verduras máis ben hai deserto(s) e non nada.

 

 

PERO SI HA SER → O ANIMOTE QUE NOS RESISTE

Garda esta idea o animote (animot) preverbal da voz, da pregunta e da resposta infinita dunha restancia.

 

segue un segundo debuxo animado

 

Alguén dirá que B fronte a C opera co pasado científico-tecnolóxico, logocentrado dunha máquina de guerra posta ao servicio dun eu polas multinacionais máis aló do estado-nación. Mais a pregunta será, a que se dedica B logo de atravesar as sendas trazadas pola desaparición dos animais e quedar a vivir no deserto. Alguén incluso eu podería pensar que falamos do deserto do real.

Pero quizais non, e acaso, non incluso dunha tripartición da resistencia.

 

E talvez alguén, quizais podería tamén pensar nunha máquina de guerra artística. Cando menos B procede por unha determinación que desborda toda domesticación estatal ou para-estatal. Diremos así para o noso ben que a resistencia que inventa B contraefectúa ao desterritorializar o poder en potencia un sen fin de arealidades que producen iso que máis arriba demos en chamar deserto.

 

De que nos vale unha única e idéntica liña de paso, se esta está empeñada en repetir e marcar unha indivisíbel fronteira. Se esta non con-trae un infinito e diferencial ánimo.

 

Eis as resistencias, até as narices dese debilitamento, desa domesticación dese amaestramento da socialización humana.

Se C dá coa súa patrulla na arrogancia “ganadera” do un sen fisura, incluso máis aló da carreira armamentística e farmacoquímica que asedia ao planeta e que el domina autotelicamente. En resumo, estaríamos a falar dun guía, dun amo, dun sabio da analoxía, da identidade, da eminencia. Con esa frecuencia de freada exacta (que recorda ao correcamiños) que cousifica ao descalificar ao descalcificar o territorio a terra da que se di governante.

 

«Un chisme (dirá Derrida) unha maquinación da providencia (deux ex machina) un “eu penso”.» (D 118)

Unha guerra sacrificial tan vella como o Xénese.” (D122)

 

B pre-existe a toda esa trangallada. E INVENTA outra HISTORIA. Todas as historias.

 

Por isto que B non para de inventar, de resistir cando os inventos fóra do sacrificial, ben sabendo ela que «esa perversidade é precisamente o outro ou o inconsciente do “eu penso”… iso outro é o que de anteman asedia ao eu penso que acompaña todas as nosas representacións.» (D123)

 

Un xenio maligno, dirán a propósito de B que é preciso conxurar. De aí o big big big (o Big Brother (ou máis ben o seu O´Brien)) do comezo deste diario. Do humano, animal-máquina cartesiano; máquina providencial kantiana, que polo que seguimos non sería capaz de voz, de resposta, de poema, entón incluso. Pero si, ha ser, o animal que nos resiste.

Garda esta idea o animote (animot) preverbal da voz, da pregunta e da resposta infinita dunha resistencia.

 

 

Non sei por que facemos isto… nin de onde vos vén este valor (risas) … de seguir escoitandome!” (D 167)

 

Ao mellor resistir é isto un lugar (in)seguro onde vivir canda os outros ese valor xusto de seguir escoitando.

Resistir é un deserto, ATACAMA quizais. Dixo B.

 

 

Este diario en T pour B foi posible gracias aos folgos de Beatriz H. e de outros moitos animotes. Por elxs é que resistimos.

Con Adriana, Sara e Antón…

 

ESCOLIO

Ola, mándoche unha receita de galletas de améndoa riquísimas:

– 350 gr. de manteiga en pomada (semifundida)

– 450 gr. de azucre

– 6 claras de ovo

– 375 gr. de améndoa moída

– 300 gr. de fariña triga

Mesturas todo e logo polo a arrefriar unhas horiñas. Logo fas uns cilindros (axudándote co papel film) cortas e forneas a temperatura media (170ºC) sobre papel de forno para que non se che peguen. Cando vexas que as beiras van tomando cor torrada sácalas e deixas que arrefrien. Son unhas pastas durechas tipo tella. Xa me contarás

Ah! as unllas moi longas de Hölderlin.

 

bibliografía:

 

DERRIDA, Jacques (2008): El animal que luego estoy si(gui)endo. Madrid, Editorial Trotta.

 

GODARD, Jean-Luc (1988-1998):“Histoires(s) du cinéma”.

 

GUZMÁN, Patricio (2010): Nostalgia de la luz.

 

LYOTARD, Jean-François (2012): La posmodernidad (Explicada a los niños). Barcelona, Editorial Gedisa.

 

PLATÓN (2008): Diálogos III, Fedón, Banquete, Fedro. Madrid, Biblioteca Clásica Gredos.

 

PLATÓN (2001): Diálogos. Laracha, Editorial Xuntanza.

 

RUBÍN, Abraham (2012): Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo. Tirado o 31 de outubro de 2013 de http://proxectoderriba.org/gilles-deleuze-acontecemento-e-desexo/

 

STRAUB, Jean-Marie & HUILLET, Danièle (1998): “¡Sicilia!”

 

1 Lyotard, 2012: 103-112. Foi esta carta, seguro, a que vehiculizou (cando o seminario do Proxecto Derriba, sobre Cartografias da resistencia) este intento de diario. Nela Lyotard parte da análise da obra de Orwell 1984 para pensar a escritura, o acontecemento, o corpo, o amor, determinaas profundidades por onde pasan corpo e amor. E algún (importante) xeito de resistir á hexemonía do beneficio.