Asumindo a problemática que a construción da identidade implica, non só na adolescencia, senón tamén no que respecta aos nosos roles de xénero, sexuais, etc. na continua reestruturación da personalidade que imos facendo ao longo das diversas etapas da nosa vida, cremos que a literatura é un bo camiño para amosar vías diversas de construción da mesma, e todo o que está detrás dela. Por iso proponse un obradoiro de lectura con catro módulos que investigarán de diversos xeitos as influencias presentes na nosa construción da identidade. Exemplos destas achegas son a procura da figura do “dobre”, a construción do xénero, a figura do “outro” ou o papel da diferenza con respecto á identidade. O obradoiro diríxese a todo tipo de público interesado na temática proposta e con querenza pola lectura. O obradoiro elabórano os investigadores/as do colectivo Proxecto Derriba tratando de que a precisión técnica non sexa un impedimento para o seu carácter pedagóxico. Asegúrase, así mesmo, a flexibilidade en canto ao nivel de lectura esixido.
Enviar folla de inscripción a verbum@vigo.org