Así comeu Zaratustra
Trad. Brais Arribas
A graxa é unha substancia, ou a esencia dunha substancia, ou un modo desa esencia. O gran problema plantéxase cando se acumula na cadeira. Entre os presocráticos, foi Zenón quen sostivo que o peso era unha ilusión e que por moito que comera un home, sempre sería só a metade de gordo que o home que nunca fai flexións. A búsqueda do home ideal obsesionou os atenienses, nunha obra de Esquilo extraviada, Clitemnestra, rompe o seu xuramento de non picar nunca entre horas e arríncase os ollos ao tomar conciencia de que xa non lle cabe o traxe de baño.
Como sabemos, durante siglos Roma considerou o sandwich de pavo aberto, un canapé avant la lettre, o cumio da vida licenciosa; moitos sándwiches foron obligados a permanecer pechados e non se abriron ata a Reforma. As pinturas relixiosas do siglo XIV, representaban ao principio esceas de condeación nas que os obesos vagaban polo Inferno, castigados a unha dieta a base de ensaladas e iogurte. Especialmente crueis foron os españois, e, durante a Inquisición, un home podía ser sentenciado a morte por chear con aguacate un cangrexo.
Ningún filósofo achegouse sequera a resolver o problema da culpabilidade e o peso ata que Descartes escindiu en dous mente e corpo, para que o corpo puidese atracarse namentres a mente pensaba “E qué máis da? Iste non son eu”. A gran dúbida da filosofía segue sen solución: se a vida non ten sentido, qué facer coa sopa de letras? Foi Leibniz o primeiro que dixo que a graxa estaba composta de mónadas; Leibniz fixo dieta e exercicio, máis nunca se librou das súas mónadas, polo menos non das que estaban nas súas coxas. Spinoza, pola súa parte, ceaba lixeiro xa que creía que Deus estaba presente en todo, e resulta intimidatorio engullir un bolo se un pensa que lle está botando manteiga a Causa Primeira de Tódalas Cousas.
Existe relación entre unha dieta saudable e o xenio creativo? Chega con fixarse no compositor Richard Wagner e ver todo o que bota entre peito e peito. Patacas fritidas, queixo gratinado, nachos: meu Deus, a fame deste home non ten límite, e sen embargo compón unha música sublime. Cosima, a súa muller, tampouco quédase atrás, pero polo menos sae a correr tódolos días. Nunha escea extraída do ciclo do Anel, Sigfrido decide salir a cear coas mozas do Rin e, heroicamente, devora un xabarín, dúas doceas de polos, varios queixos de teta e quince barriles de cervexa. Despóis tráenlle a conta e non lle alcanza. Eiquí temos que concluir que na vida temos dereito a un acompañamento de ensalada ou de pataca, e temos que facer a nosa elección sumidos nun estado de terror, non só con plena conciencia de que o nos tempo na terra é limitado, senón tamén de que case tódalas cociñas pechan as dez.
A catastrofe existencial de Schonpeauer non estivo tanto nas comidas como no picoteo. Schopenhauer despotricaba contra a costume innecesaria de andar picando olivas e chetos mentres se estaban a realizar outras actividades.. Unha vez iniciado o picoteo, sostiña Schopenhauer, a vontade non pode resistirse a seguir, e o resultado era un universo cheo de migallas por todas partes. Non menos desencamiñado ía Kant, quen propuxo que pedíramos a comida de modo tal que todos puideramos pedir o mesmo, e de tal xeito o mundo funcionaría moralmente. O que Kant non previu é que se todos pedimos o mesmo prato, entablaranse disputas na cociña para decidir a quen lle corresponde o último bacallau. “Pide como se estiveras a pedir para toda a humanindade”, propón Kant; pero e se o teu veciño non lle gusta a salsa carbonara? O final, claro, non hai alimentos morais, a non ser que consideremos tal o típico ovo pasado por auga.
En síntese: ademáis dos meus crepes Alén do Ben e o Mal, e o aliño de ensalada A Vontade de Poder, entre as receitas realmente extraordinarias que cambiaron o pensamento occidental, a empanada de Hegel foi a primeira en utilizar restos do día enterior con implicacións políticas significativas. As gambas salteadas de Hume poden satisfacer tanto o padal dos ateos como dos agnósticos, mentres que unha recita puco coñecida de Hobbes, para costelas de porco adobadas a barbacoa segue a ser un enigma intelectual. O mellor da miña dieta, a Dieta Nietzsche, é que, en canto se perden uns cantos kilos, xa non se volven a recuperar, o que non ocorre se segue o “Tractatus dun home en forma” de Occam.
ALMORZO
- Zume de laranxa
- Dúas lonchas de beicon
- Cereais
- Ameixas en salsa
- Tostadas
- Infusión
O zume de laranxa é a esencia misma da laranxa posta de manifesto, a aparición da súa verdadeira natureza, aquelo que permite mostrar o seu ser auténtico, a “laranxeidade”, o cal lle impide ser entre outras cousas unha mazá ou mesmo un chourizo o viño. Os devotos a idea de non almorzar café con leite provócalles ansiedade e terror, pero coa Morte de Deus cairon os valores tradicionais e todo está permitido, e poden comerse ameixas a vontade, e incluso permítese mollar todo o pan que se queira na correspondente salsa de acompañamento.
COMIDA
- Espaguettis con tomate e albaaca
- Pan de Cea
- Puré de pataca
- Tarta de mazá
Os poderosos sempre comerán sabrosos alimentos, ben condimentados con salsas pesadas, mentres os débiles picotearán xerme de millo e tofu, convencidos de que o sufrimento lles proporcionará unha recompensa noutra vida, unha vida onde os solomillos a parrilla causarán furor. Pero se como eu afirmo, a existencia fúndase no Eterno Retorno do Mesmo, os sumisos terán que cear a perpetuidade a base de consomés e pescado cocido.
CEA
- Bisté ou salchichas
- Patacas e cebolas doradas a sartén
- Langosta a percebes
- Xelado ao gusto ou porción de pastel
Ésta é unha cea para o Superhome. Que os débiles que viven angustiados polos triglicéridos e as graxas saturadas coman para compracer o seu pastor ou seu nutricionista, pero o Superhome sabe que a carne pouco feita, os queixos cremosos, e os postres suculentos é o que comería Dionisos senón tivera sempre resaca e vómitos.
AFORISMOS
Dende un punto epistemolóxico, facer dieta é discutible. Se todo o que existe é pura perspectiva e a linguaxe non representa a realidade, non só podo pedir calquer cousa nun restaurante senón que podo esixir marcharme sen pagar.
O home é o único ser que aínda sabendo isto pode marchar sen deixarlle propina o camareiro.