Falouse de novo de Tiqqun en costa da morte, que estou comezando a pensar que é máis ben un centro da morte. Pois ao cabo, chamalo costa da morte, ben mirado, supón referilo a unha excentricidade respecto da morte que estaría noutro sitio, e o que se quere dicir non é que aí hai unharelación especial coa finitiude? Dende logo, nos debates do tiqqun o lugar parece estar tendo unha influencia especial sobre o que se fala e se pensa. Nas dúas xornadas a mesma teima: a violencia, o desastre, a morte, o asasinato, o crime. Todo elo, como poténcia do pensamento; acaso cabe comprendelo doutro xeito? Aí xorde o problema, cando algúns insinúan que pensala morte e o crime en potencialidade ten algo de influencia de facto respecto do seu acto. Mais, non vén o acto do crime influido máis polo non-pensamento, pola inconsciencia, etc. que por unha capacidade íntegra do pensar? As pantasmas da finitude, alá onde o sol se agocha tralo mar, alá onde os solpores semella, que ninguén máis os presencia, onde xa non hai máis terra por-vir, siléncio, inmensidade, absoluto que rodea á terra, onde se dilúen as ánimas e as súas ansias por chegar máis lonxe… alí, na suposta fin do mundo, fálase da morte, e do asasinato, do crime, inevitablemente, centro da morte, poténcia da vida, horizonte aberto de pensamentos.

O profesor Miguel Anxo Quintanar de Lugo fixo unha magnçifica exposición, tremendo desprego, posta en marcha da máquina sintetica de pensamentos que podedes atopar no blog de corcubión. Sen moitas dificultades o profesor Quintanar sácanos un libriño explicativo do Tiqqun en edición tipo Baía ou Orto, que podería resultar ben interesante e útil.