jurij konjar é un fantástico bailarín e coreógrafo esloveno co que estou a convivir estes días encantado da vida, e aprendendo moito. Juij ensínanos de todo: sobre a vida, o pensamento, o corpo, a actitude, a concentración, o estudio… Jurij é un creador e unha personaxe que vive e habita na terra, no globo, viaxando nunha furgoneta equipada por el mesmo, de luxo, onde leva tamén diversos tipos de aparellos electrónicos: equipo de vídeo, fotos, ordenador portátil, gravador dixital de audio… É con estes aparellos que ten montado a súa última instalación-performance de danza contemporánea (en torno á danza contemporánea) chamada Ulysses. Si, o famaso viaxeiro de Ítaca é retomado por jurij para amosar unha diferente concepción da viaxe. Jurij recolleu por diversos lugares de todo o mundo imaxes, sons, sensacións, estímulos, recordos, movementos… A partir de aí monta na escena eses mesmos espazos, marcados polos sons recollidos dixitalmente en alta calidade e mezclados de non se sabe qué maneira. É entón cando comeza a moverse, case cos ollos pechadas, facendo o esforzo de que o seu movemento sexa neses lugares que evoca: prais, montañas, cascadas, cidades de todo o mundo: nova iorque, bruselas, españa… O espectador pode así viaxar no mesmo espazo, sen moverse do sitio… Non suxiría algo así Deleuze? Dende logo. O nómada é aquel que sobre todo, viaxa sen moverse do sitio. Non somos tan nómadas nas nosas sociedades mecanizadas de transporte, onde non podemos prescindir da nosa pechazópn propiamente humana e consumista ante a natureza. Pola contra o nómada atópase en casa fóra da mesa e así é cómo constrúe jurij o seu espazo. Pois el mesmo me confesou: -cando me vedes aí, trato de sentirme, ou síntome como na miña casa. É a miña casa… Curioso; pois o que nos está a amosar, o que estamos a ver é a un home axitado por fortes ventos qwue se escoitan, que zumban no espazo escénico; vemos a un home que anda e camina e corre nese espazo dunha maneira nova, animal case por veces; escopitamos unha forte cascada na que se sumerxe, se baña en público no seu son e se retorce no estruendo da natureza. Esa casa, ese afóra tan interior que é puramente escénico, audiovisual, virtual… é propiamente o espazo e a casa do n´`omada. Aí dentro é capaz de refuxiarse. E o demais, respecto a isto, son trolas…

Jurij ten 30 anos. É un amigo xenial co que falo do mundo, da filosofía, da guerra e da festa, da súa relación. Antonte volvendo dun festival en chantada xa de madrugada viaxaba na súa furgo e cantábamos emocionada e desbocadamente música eslovena, fanfarria. Entón el me dicía que os países que eran bos guerreiros eran tamén bos festeiros: por exemplo os gregos, os turcos, etc… Eu lle dixen entón: -claro, e que unha cousa e outra non son diferentes. A verdadeira guerra, a que non é a da máquina de Estado, é unha guerra e unha loita que non ten como fin a guerra mesma (como a ficción das guerras internacionais estatais, máquina estado en Mil mesetas…) senón que ten como fin a vida, a alegría, a creatividade, a resistencia á opresión, etc. que nós mesmos producimos sobre nós… Esa guerra e esa máquina é a máquina de guerra nómada. E mentres canabamos e viñamos do festival cara a nosa residencia “artística” en sarria, naquela furgo-casa-equipada-máquina-de-guerra sentín, unha vez máis, que estaba a ser soldado deste exército, cumprindo coa súa misión, so seu día a día. Sentínno unha vez máis, aínda que se cabe, cada vez máis certamente, máis profundamente…

Para comentar filosoficamente valería o tema da re-territorialización que supón esta viaxe de Ulysses. Pois é unha re-territorialización propiamente molecular (nin tanto!) desexante (jurij fala moito do movemento e do desexo) que trae por tanto a virtualidade e a potencia dun espazo que non chega a ser territorializado. Podedes consultar máis info en jurij konjar.

mano hauser.