Peza vital
Un: Permíteme poñer o meu corazón aos seus pés.
Dous: Se non me ensucía o chan.
Un: O meu corazón é puro.
Dous: Iso xa o veremos.
Un: Non logro sacalo.
Dous: Quere que lle axude?
Un: Se non é unha molestia.
Dous: É un pracer
– Tampouco podo quitalo.
Un: (xeme).
Dous: Operareillo
Para iso teño unha navalla.
Resolverémolo axiña.
Traballar e non se desesperar.
-Ben, xa o temos.
Pero isto é un ladrillo. O seu corazón é un ladrillo.
Un: Pero só latexa por vostede.
Heiner Müller