Ana Hauser

O presente traballo ten como punto de partida o libro realizado polo profesor Carlos Segovia O Corán. Relixión, home e sociedade. Antoloxía temática. Segundo o noso parecer trátase dunha óptima selección de textos para introducir a un leigo como nós nas complexidades e profundidades do QUR’AN. Con todo, a pesar de que toda selección é unha interpretación, cremos que hai algunhas partes nas que se desliza, non conscientemente pensamos, certa valoración da escatoloxía islámica, mediada pola interpretación tradicional que occidente tivo sobre oriente. Vaia por diante que o noso descoñecemento poida ser o causante do noso xuízo, e o que segue pode ser debido a unha mala interpretación.

Durante a lectura do texto chamouvos poderosamente a atención o encabezamento do grupo IV que se atopa na parte V dedicada á muller, e que titula do seguinte xeito:

As deusas, os astros do ceo…e as huríes do paraíso (249)
Non entendemos porque se escolleu utilizar os puntos suspensivos para introducir o tema das huríes, pois é un recurso ortográfico que non foi utilizado antes e, segundo a nosa opinión reforza a impresión que en occidente se ten sobre o paraíso islámico. No citado apartado recóllense as seguintes aleias:
[?] ¡Quen temen a All?h terán en verdade unha bela Morada final: 50 os Xardíns do Edén coas súas portas abertas para eles; 51 reclinados neles pedirán froita abundante e bebida, 52 e xunto a eles estarán as de mirada recatada, [virxes] novísimas-! Pertencentes á Sura 38 Sad ¡[xunto a eles acharán en efecto] huríes de belos ollos 23 cal perlas escondidas, 24 como recompensa polas súas obras Pertencentes á Sura 56 O Que Ha De Ocorrer. quixemos comparar esta tradución coas decisións que tomou o tradutor da MENSAXE DO QUR’AN editado pola Xunta Islámica e atopámonos as seguintes traducións pertencentes á citadas Sura 38 e 56.
¡QUE [todo] isto sirva de recordatorio [aos que cren en Deus]! -porque, en verdade, a máis fermosa das metas agarda a quen son conscientes de Deus: (50) xardíns de felicidade perpetua, cuxas portas estarán abertas para eles, (51) alí estarán reclinados, [e] pedirán froita e bebida en abundancia, ( 52) e terán xunto a eles compañeiras, afíns a eles, de mirada recatada. Pertencentes á Sura 38 Sad (22) E [con eles estarán] compañeiras puras, de fermosísimos ollos,(23) como perlas ocultas.(24) [Esta será a] recompensa polo que fixeron [en vida]. Pertencentes á Sura 56 O Que Ha De Ocorrer.

Podemos apreciar que as diferentes tradicións difiren Debemos observar que, como noutras relixións e en moitos outros lugares do QUR’AN, a promesa de felicidade posterior á vida terrea se alegoriza aquí mediante descricións que evocan goces terreais, para así aproximala á imaxinación do home. Goces que se representan de xeito sensible para evocar o máis aló cos recursos que o ser humano ten. Chámanos a atención que na tradución do profesor Carlos Segovia refórcese a idea de que no paraíso terán satisfacción as necesidades sexuais; pois o que define ás huríes e a súa mirada recatada; mais a tradutor fai fincapé na súa sexualidade, é dicir, que son virxes, e por se non fose suficiente novísimas. Quizá isto non tería que indicar nada, se non fóra polos puntos suspensivos cos que se introduce o tema. A lectura que facemos pensamos que vén reforzada pola carga semántica que en galego ten o termo “hurí”. O dicionario da Real Academia defíneo do seguinte xeito. Cada unha das mulleres belísimas creadas, segundo os musulmáns, para compañeiras dos benaventurados no paraíso. Con todo no texto Termos Craves do Islam de E. Monturiol. Huríes defínese do seguinte xeito: parellas celestiais “de grandes ollos negros”

O substantivo hûr é un plural ambivalente para o masculino azuar e o feminino haurâ?, termos que distinguen a quen posúen ahuar: intensa brancura do globo ocular e un iris negro brillante. Nun sentido xeral, esta palabra significa ?resplandor? ou ?brancura resplandecente?. O penetrante do iris negro aumenta o contraste do resplandor da beleza dos huríes ou as huríes. Son seres do Paraíso (ÿanna) que satisfacen os nosos desexos plenamente. Belas mulleres e fermosos homes sempre novos, sempre dispostos a colmarnos de praceres e deleites.

Como podemos observar a tradución que en galego (e case que poderiamos afirmar en toda lingua occidental) se fixo de certos termos árabes están cargados ideoloxicamente para que se adecúen á cosmovisión occidental de oriente, e nesta visión, como veremos máis adiante, ten unha gran importancia os aspectos sexuais cos que se tinguiu a visión de Oriente. Pero para continuas con estas aleias queremos indicar que algúns autores viron nas huríes a importancia que ten a observación, ou polo menos que os ollos fan referencia a ser vistos, do mesmo xeito que unha nai ou un pai están atentos ás necesidades dos fillos e á preocupación que sobre eles teñen. Non se recolle niso a idea de non teñen máis ollos que para a súa parella? Se se interpreta como a representación sensible da transcendencia podemos indicar que esta alegoría non exclúe en absoluto que a preocupación e a atención cos que os xustos serán tratados, non discrimina nin a homes nin a mulleres, como di Muhammad Asade e, “quen faga [cantas] boas obras [poida] -sexa home ou muller- e ademais sexa crente, entrará no paraíso” (4:124, e aseveracións parecidas en 16:97 e 40:40).[…] Finalmente, dísenos en 36:56 que neste paraíso “eles e as súas esposas estarán felices, reclinados en diváns” ?e acharán, xuntos, paz e plenitude interior.

Podemos polo tanto ata chegar a dicir que a preocupación e a atención non é mais que a reconciliación cos outros e co Outro que se dará levando unha vida xusta.

Para non irnos do tema o que queremos agora é que, se como mostramos neste caso, aínda continuamos traballando cunha serie de prexuízos que non podemos evitar. A pesar do que diga Gadamer, cremos que os prexuízos relacionados co Oriental (se é que existe algo parecido ao oriental fóra do departamentos universitarios occidentais) impiden ter liberdade de pensamento que nos permiten pensar no outro de modo humano sen mediacións que o limiten e nos limite.

A nosa opinión é que o fragmento que estudamos, a concepción das huríes, non é algo tan marxinal como se poida pensar. A final de contas tres puntos suspensivos non son máis que tres puntos suspensivos, pero se a eles engadímoslle o que en galego se entende e representan as huríes, así como a diferente tradución dos textos que presentamos, lévannos a pensar que aínda hoxe seguen actuando certos visións herdadas que pesan cando se discorre sobre o Islam. Por iso quizá botamos de menos no traballo do profesor Segovia, certa aclaración terminolóxica sobre este aspecto.
A gran cosmovisión na que o termo que traballamos se inscribe, comezou a forxarse a partir do século XIX, coa obra dos orientalistas e escritores europeos. No libro de Said Orientalismo, recóllense os exemplos, de entre outros, Flaubert na que o autor indica:

No tecido que forman todas as experiencias orientais de Flaubert, as fascinantes e as desagradables, hai unha asociación case uniforme entre Oriente e o sexo. Flaubert non foi o primeiro en fai esta asociación, nin o que esaxerou máis un motivo que persistía notablemente nas actitudes occidentais cara a Oriente. De feito, este motivo, en por si, é singularmente invariable.(256)
Polo tanto o pequeno detalle inscríbese na identificación que entre sexo e Oriente que varios autores foron fraguando ao longo do tempo. Esa identificación segue vixente aínda a día de hoxe, e mestúrase con outras visións do mundo nas que se unen sexo, sucidade, impuro, estraño, fecundidade… que non alentan, talvez, máis que unha posición de dominio e de exclusión. Aínda que esta serie de temas levaríanos demasiado lonxe. En resumo quizá a tradución á categorización díganos máis de nós mesmos máis que dos outros, e a identidade entre sexo, paraíso e huríes formada fai tanto tempo é debida a que segundo Said:

Oriente era un lugar onde se podía buscar unha experiencia sexual que resultaba inaccesible en Europa […] O que buscaban con frecuencia era unha sexualidade de diferente clase, quizá máis libertina e menos cargada de pecado (259)

Probablemente hoxe en día non sexa tan simple poder xulgar deste, resulta moi complexo discernir que podería ser unha sexualidade de diferente clase cando practicamente todo corpo é un obxecto de consumo (recórdese que Pasolini [aínda traballado cunha visión de Oriente moi particular debedora dos prexuízos occidentais, na que non podemos entrar aquí] procurou nas tradicións e os contos das mil e unha noites unha última posibilidade de resistencia ante un mundo mercantilizado, posibilidade que refugou no seu profético testamento fílmico Saló) mais a día de hoxe, non forma parten estas valoracións do mesmo conxunto de ideas recibidas nas que se inscribe, sen ir máis lonxe, novelas tan contemporáneas como Plataforma do francés M. Houllebecq?

______________________________


Bibliografía
El Corán. Religión, hombre y sociedad. Antología temática (2007) Edición y traducción de Carlos A. Segovia, Madrid, Biblioteca Nueva,

El Mensaje del Qur’an (2001) Traducción del Árabe y Comentarios Muhammad Asad Edición en español: Junta Islámica, Córdoba.

Monturiol. Yaratul-lah (2006), Términos clave del islam. Shahada de la Junta Islámica de España. Centro de Documentación y Publicaciones Islámicas. Córdoba
Said, Edward W. (2002), Orientalismo Madrid: Debate.