que grande é esta historia coa que me atopo! E non tiña escoitado falar dela. Mais Jaques Ranciere parece ser verdadeiramente un tipo moi interesante. Este men está ocupando a praza de Estética e Filosofía política na universidade de París VIII onde estiveron ultimamente Chatelet, Lyotard e Gilles Deleuze. Alguén escoitara falar del? Parece ser que a súa teima e preocupación é a maneira de intruir ao pobo, de liberalo, de emancipalo… estudando a relación entre filosofía e política, estudando a suposta revolución social do século XIX coa aparición dos socialismos… Neste texto, O maestro ignorante (1987; versión castelán Ed. Laertes, 2003) [podes descargar aquí en inglés] defende unha tese excitante, apaixoante, aínda que ben comprometida. Trátase do que chama principio de emancipación, ensinanza universal baseada naigualdade das intelixencias. Todos temos a mesma intelixencia, as mesmas capacidades, as desigualdades de intelixencias son un suposoto interesadodas xerarquçias sociais poderosas. Sen embargo, o seu ataque vai máis ben contra as pseudo-liberacións que destas intelixencias se fai. Pseudo-liberación é a propagación dun sistema de ensinaza baseado na explicación, na mediación dun mestre (ou aparato) sabio, cheo de coñecementos, que outros teñen que aprender. É inxenuo, e ata infantil todo este proceso polo cal o estado e a sociedade (“progresista”) tenta reducir as desigualdades sociais dando unha educación “igual” para todos. Pois esa tentativa soamente fomenta a continuidade dun dominio: un dominio do saber sobre o poder e o desexo que castra a veradeira potencia revolucionaria e emancipadora que é a intelixencia. Mentres sigamos dentro desas tentativas, por moi boas intencións que sosteñan, que pretendan, sempre agochan, sempre inclúen o mecanismo da gregariedade, da reprodión, ata límites insospeitados. A única maneira de safarse desta continua sumisión e ATONTAMENTO que supón o academicismo e a estratificación do coñecemento na academia, é reivindicar o método natural e universal da igualdade das intelixencias; o método que proclama que calquera pode ensinar calquera outra cousa, mesmo aquelas que non sabe. Eu se quero podo ensinar grego, árabe, piano, trapecio… e non me fai falta ter nin p* idea… Para que se queren entón sabios eruditos sentados en sillóns burocráticos copando e bloqueando o manantial do coñecemento e da intelixencia? O certo é que a intelixencia que descubre cómo facer un zapato, cómo facer unha tarta, unha tortilla de pataca… eu que sei! calquera mecanismo como unha lanza, un arco, un hacha primitiva… é a mesma que a que consigue facer un soneto de shakespeare, unha sonata de beethoven, unha ópera de mozart… Sempre a mesma intelixencia, que calquera cidadán ten e que se presta atención á mesma, e a comprende pode ensinar así a calquera outro a empregala tamén, sen escolas nin aparatos burocráticos de por medio. E todo isto está baseado na experiencia real, verídica dun pedagogo revolucionario exiliado, Joseph Jacotot, que ensinou en 1818 cousas que el non sabía, cuns resultados espectaculares, incluso en tanto á calidade da aprendizaxe. Por favor, unha obra e un pensamento este do maestro ignorante altamente recomendábel, e moi contemporáneo por estes temas que trata. Nestas premisas é nas que quero basear a “metodoloxía” dos talleres policreativos. Moi pronto.