Con motivo do comezo da nova tempada e con intención de vernos as caras e armar o plan xeral de actuación do proxecto cooperativo GZi, convocamos unha reunión extraordinaria para os días 8-10 de Novembro 2013 no espazo Casa Colorida (cómo chegar). Reunímonos membros dos proxectos Alg-a Laboratório, Axóuxere Editora, Casa Tomada, Casa Colorida, Proxecto Derriba, Universidade Cromática das Virtudes así como outr@s particulares. Mais o encontro está aberto á definición e participación de nov@s interesad@s. Ponte en contacto connosco !!

hackatonCasaColorida

Avance programa (podes consultar aquí o PAD colaborativo):

  • Presentación da Coop como coop de usuari@s: motivos e intención de Coop GZi Cultura Libre, produsers & Cultura Dixital, a figura d@ emprendedor@, ecosistema produtivo & P2Production
  • Forma legal/institucional: as vantaxes dunha entidade/empresa baseada no “uso”, estatutos, regulamento de rexime interno, capital social, cotas soci@s usuari@s, relación coop/asociacións/usuari@s/outras entidades/traballador@s.
  • Proxectos: Cousateca e desenvolvemento con Medialab Prado, Adtlántida tv: cuestións sobre o server tv e a súa implementación e coordinacióbn na rede.
  • Sites e ferramentas web GZi: implementacióin rede social coa plataforma Elgg, Semantic Media Wiki, WordPress. Análise das posibilidades e desenvolvemento durante o encontro.
  • Plan de Estudos Independente e vinculación co Procomún: o Plan de Estudos Independente é unha figura legal que permite acreditar oficialmente un programa de estudos a nivel independente.
  • Feiras Imaxinarias / Verbenas Periféricas: Partindo da posíbel e latente relación entre os festexos tradicionais e ancestrais en rexións como GZ e a Cultura Libre/Dixital, plantexamos unha serie de Feiras ou Verbenas alternativas nas que desenvolver workshops, instalacións, sesións de traballo, performances, concertos con persoal da coop.
  • Outros: moedas complementarias, bitcoin, bancos de tempo, etc.

– See more at: http://gzimaxinaria.net/gzing-ou-congreso-anual/#sthash.qAuqmh52.dpuf