Pola referencia á comunidade, pola relación co pensamento francés “alternativo” e “contemporáneo”, pola súa vinculación a unha sorte de universidade ou actividade lectiva nómada, descentralizada, nosa (aínda que co apoio da USC)… Convídovos a vernos nas xornadas do tiqqun en Corcubión nas datas embaixo sinaladas. Porque nunca se sabe por onde se van nutrir as cousas; seica convén estar. Iremos varios da invisíbel. 

sábado 14 marzo: Teoría do Bloom I. Ignacio Castro.  
Profesor de Filosofía (Madrid).
sábado 18 abril: Teoría do Bloom II. Miguel A. Quintanar.
Profesor de Filosofía (Lugo).
sábado 9 maio: Introdución á guerra civil I. Marcos Lorenzo.
Antropólogo e economista (Santiago).
sábado 5 xuño: Introdución á guerra civil II. Javier Turnes.
Profesor de Filosofía (Cee).
Horario: de 11:00 a 13:30
Coordinación e inscrición: Javier Turnes 

Os libros pódense adquirir directamente na páxina web da editorial Melusina (www.melusina.com), o prezo é de 10 euros cada exemplar.

Solicita máis info preguntando ao noso propio colectivo.