Edoardo Bazzaco

 

 

 

A) A DIRETIVA DE RETORNO.

 

O 18 de xuño do 2008 o P. E. aprobou a Diretiva de Retorno: a aprobación, logo dun procedemento parlamentario e longas negociacións co Consello Europeo (a diretiva foi presentada pola Comisión Europea en 2005), foi saudada polos seus promotores como “…o primeiro paso cara unha política común en tema de inmigración da UE”. En efecto, esta foi a primeira vez que se seguiu o procedemento de co-decisión en materia de inmigración, o que supón que a decisión do Parlamento é vinculante, o mesmo que a do Consello.

A diretiva busca armoniza-la normativa europea sobre detención e expulsión de persoas estranxeiras: consta dun conxunto de normas que os estados membros deberán incluir nos seus ordenamentos xurídicos, aínda que despois cada país terá a libertade de operar entre os límites marcados pola diretiva. Evidentemente, a Diretiva afecta ás persoas inmigrantes procedentes de países que non pertenzan á Unión Europea e que non cumpran ou teñan deixado de cumprir as condicións de regularidade de estancia ou residencia.

A medida, das contidas na Diretiva, que máis clamor suscitou foi sen dúbida a que ten que ver coa posibilidade de detención até os 6 meses (e ampliable outro ano máis, até chegar ós 18 meses, no caso en que a persoa ou o país de procedencia non colaboren no proceso) das persoas a cargo das cales un país europeo teña emitido unha orde de expulsión. Paga a pena lembrar que a expulsión dun país da UE supón a prohibición de entrada en toda a Unión durante 5 años.

Díxose que parte da política europea celebrou a aprobación da DIR como un primeiro paso cara a política común de estranxeiría, máis que migratoria, da UE. En efecto, durante os últimos anos a UE demostrou unha absoluta incapacidade para elaborar unha coherente política migratoria común.

Un elemento que emerxe e paga a pena salientar entre as contradicións da Política Migratoria Europea é o proceso de externalización das fronteiras comunitarias que ten implementadas, en particular no ámbito Mediterráneo coa súa política de desplaza­mento das fronteiras cara o Sur, delegando o control fronterizo a países exteriores dos que provén unha parte da inmigración, como Marruecos, Argelia, Libia, Mauritania, Túnez ou Senegal. A externalización das fronteiras comunitarias está por baixo, digamos como “cara menos agradable”, de conceptos como Política Europea de Vecindade e dimensión exterior da política migratoria.

A título de exemplo, en jullo de 2006, celebrouse en Rabat a Conferencia Ministerial Euroafricana sobre a Migración e o Desenvolvemento (experiencia repetida o final do mesmo ano na Conferencia ministerial UE-África sobre migración e desenvolvemento que reuniu representantes dos 53 países africanos y dos 25 membros da UE).

Durante a Conferencia de Rabat, os países participantes acordaron unha serie de accións comúns pra frear os fluxos de inmigración clandestina dende África Occidental cara a UE. As medidas incluían:

  • A posta en marcha de sistemas eficaces de readmisión a nivel bilateral;

  • O apoio loxístico dos países africanos na identificación dos inmigrantes irregulares;

  • A instauración dun sistema de alerta precoz no caso de chegadas de caiucos;

  • E a implementación de mecanismos de cooperación judicial e policial.

Paralelamente, a UE, que considera que a principal resposta ó incremento dos fluxos migratorios dende África Occidental cara Europa debería ser unha maior axuda financiera á rexión, otorgou unha subvención de 18 billóns de euros destinados a África para o período 2007-2013. Antes da Conferencia, os representantes de ONGs de vinte países adoptaron un documento co que os signatarios facían unha chamada ós gobernantes para que desenvolvesen políticas de admisión e de integración que garantizaran o dereito de asilo e que aseguraran o recoñecemento dos dereitos dos inmigrantes como traballadores e como cidadáns. Da Conferencia non saiu ningún compromiso nesta dirección.

B) EXTERNALIZACIÓN DAS FRONTEiRAS e “EUROPA FORTALEZA”

Por outra banda, nos últimos anos as decisións e actuacións da UE en materia de inmigración confirmaron a realidade dunha “Europa Fortaleza”, dunha UE “illa inalcanzábel” pra as persoas que non reúnan determinadas condicións de entrada.

A nivel xeopolítico, podemos dicir que nos últimos anos asistimos a grandes rasgos a unha extensión do dereito de libre circulación para certas persoas, os cidadáns comunitarios “do este”, é dicir, cidadáns da maioría dos países da Europa oriental que ingresaron na UE no ano 2004 (República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, Eslovaquia e Eslovenia) e á obstaculización e criminalización de outras persoas, as non comunitarias.

A implementación do proxecto político de “Europa fortaleza” deu un paso importante no 2004 coa institución por parte da UE da FRONTEX, é dicir, a axencia Europea para a Cooperación Operativa nas Fronteiras Exteriores dos Estados membros, que foi creada co objectivo de “…promover un modelo pan-europeo integrado de seguridade fronteiriza”.

Os principais eixos de traballo da Axencia son:

  • Coordina-la cooperación operativa entre Estados membros en materia de xestión das fronteiras exteriores.

  • Establecer un modelo de evaluación común e integrada dos riscos.

  • Asistir ós Estados membros para a formación dos seus gardas de fronteira.

  • Dar seguimento da evolución da investigación en materia de control e vixiancia das fronteiras exteriores.

  • Apoiar ós Estados membros para organizar operacións de retorno conxuntas.

Respecto a este último punto, as operacións realizadas pola Axencia ó longo dos últimos dous/tres anos involucraron a varios países e apuntaron ó control dos movementos de población procedentes de diversos puntos xeográficos. A finais de 2006 púxose en marcha a operación Amazón, que en febreiro de 2007 tivo a súa segunda fase. O obxectivo: controla-lo ingreso de persoas inmigrantes procedentes de América do Sur nos principais aeroportos da UE (Ámsterdam, Barcelona, Frankfurt, Lisboa, Londres, Madrid, Milán, Paris e Roma). Durante a operación Amazón 2.178 nacionais de países sudamericanos foron rexeitados, procedentes principalmente de Bolivia, Brasil e Paraguay.

Sempre a mediados de 2007 a Axencia puso en marcha a primeira fase de Poseidón, unha operación de control marítimo e terrestre no Mediterráneo oriental, na que se detiveron a 673 persoas inmigrantes indocumentadas, procedentes de Albania, Afganistán, Iraq, Pakistán, Georgia e Palestina. Outras operacións de tipo similar foron bautizadas como Nautilius, no Mediterráneo Central e Malta; Hera III nas Illas Canarias; Niris, no Mar Báltico. Nas operacións da Fronteira Sur da Unión, é dicir a fronteira mediterránea (ampliada ó Atlántico, no caso das illas Canarias) participaron nas misións coordinadas polo Frontex España, Italia, Portugal, Francia, Malta, Alemania, Chipre e Rumania, que colaboraron co envío de patrulleiras e avións de vixiancia marítima.

Co fin de face-las operacións coordinadas por Frontex máis efectivas, o 1 de juño de 2007 o Parlamento Europeo e o Consello aprobaron unha Regulación para establecer un mecanismo para a creación de Equipos de Intervención Fronteiriza Rápida (RBIT as siglas en inglés). O propósito é proveer asistencia operacional, por un periodo limitado de tempo, a petición dos Estados membros que se vexan confrontados con situacións de presión excepcional, especialmente a chegada dun grande número de nacionais de terceiros países ós puntos das fronteiras exteriores, e que pretendan entrar no territorio de forma irregular. A Regulación define as tarefas a realizar polos RBIT e o poder dos seus integrantes durante as operacións nun Estado membro distinto do propio. Os integrantes son expertos provintes dos distintos países comunitarios e serán entrenados por Frontex. O primeiro entrenamento púxose en marcha en novembro de 2007, no aeroporto de O Porto, en Portugal. Gardas de fronteira de 16 países comunitarios axudaron ás autoridades portuguesas ante a “ameaza” de inmigración ilegal dende unha illa imaxinada, curiosamente chamada “República de América Central”.

Unha mención especial merece a misión “técnica sobre migración ilegal” de Frontex en Libia, entre o 28 de maio e o 5 de juño de 2007, a petición da Comisión Europea. O informe elaborado por Frontex resume distintos aspectos da súa presencia en Libia, como a reunión inicial en Trípoli, a visita ó deserto no sur e ás zoas de fronteira marítima, repasa as normativas de inmigración e asilo, ofrece un resumen sobre os fluxos migratorios que afectan a Libia, avanza unhas conclusións e até se atreve cunha serie de recomendacións. Sen embargo, en todo o documento non hai ningunha referencia ós campos de internamento de inmigrantes, nin unha soa mención á constante violación de dereitos humáns ós que son sometidos os estranxeiros que atravesan o territorio libio, nin unha soa palabra sobre os mortos no deserto e no Canal de Sicilia. Abusos, violacións, arrestos arbitrarios, detencións sen motivo en condicións degradantes, ataques racistas, torturas, violencia física e sexual, repatriación de refuxiados e deportacións ó medio do deserto. Crímenes que a Unión Europea fai que non ve, e continúa autorizando os rexeitamentos de migrantes cara Libia por medio das patrulleiras de Frontex, aínda que a Corte Europea de Dereitos Humanos teña prohibido os rexeitamentos masivos dende Lampedusa a Trípoli.

Os exemplos anteriores amosan claramente as dúas diferente líneas de intervención da Axencia, e entonces da coordinación do control fronteirizo a nivel europeo:

  • por un lado, o control estricto (e frecuentemente arbitrario e aleatorio) dos aeroportos, que representan a principal porta de entrada, a nivel numérico, da inmigración irregular en Europa;

  • por outro, un presidio constante da Fronteira Sur mediterránea, a través da estratéxica externalización do control fronteirizo (da que falamos anteriormente) a países do África septentrional e occidental e dunha vixiancia estricta, con medios propios, das costas.

Dende unha perspectiva humanitaria e de violación dos dereitos humanos, o caso da Fronteira Sur é dramático: so limitándonos a unha lectura dos periódicos internacionales (en efecto, é moi complicado manexar números fiables), os datos fálan de 13.098 mortes documentadas – é dicir con rescate de corpos – de persoas inmigrantes dende 1988 até hoxe na fronteira meridional europea. En total, no Mediterráneo morreron polo menos 8.830 persoas, mentres intentaban chegar a Europa a bordo de pateras ou de barcos en pésimas condicións: entre Marruecos, Argelia, Mauritania e Senegal hacia a Península Ibérica e Canarias morreron 4.189 persoas, no Estreito de Xibraltar ou o Océano Atlántico. No Canal de Sicilia morreron 3.000 persoas mentres viaxaban entre Libia, Túnez, Malta e Italia. No Mar Egeo 896 personas inmigrantes morreron perto das illas entre Turquía e Grecia.

O número real de mortes na Fronteira Sur é aínda máis escalofriante, debido a que moitas máis son as muertes e as desaparicións das que non se supo nunca e das que nunca se ha saber nada. Paga a pena lembrar como no mes de abril do ano pasado, a Unión Europea reconoceu que so ó longo dos últimos cinco anos e so no intento de chegar ás illas Canarias ou de cruzar o Estreito de Xibraltar, faleceron polo menos 10.000 persoas – e segundo o cálculo de numerosas ONGs, a cifra real sería aínda moi superior.

A todo iso hai que engadir que nos últimos anos moitos gobernos europeos (España, Francia, Italia etc.) endureceron aínda máis as súas políticas de control das fronteiras e de repatriación de persoas en situación de irregularidade: en todos estos casos, o discurso político preocupouse de invisibilizar tanto o drama das persoas falecidas, como as constantes violacións dos Dereitos Humanos que conleva a estratexia de externalización do control fronteirizo a terceiros países.

No caso de España, por exemplo, debido ó endurecemento dos controis marítimos, en 2007 pouco máis de 18.200 persoas indocumentadas chegaron en caiucos ou pateras ó Estado español, o que supuxo unha reducción de perto do 60% en relación co 2006, cando en total chegaron ás costas españolas 37.647 persoas inmigrantes. Por outro lado, a política de extranxeiría do Goberno español demostrou na última lexislatura unha fixación obsesiva respecto ó tema das expulsións. En total, en 2007 o Ministerio do Interior repatriou a 55.938 persoas inmigrantes en situación irregular, en virtude das diferentes figuras recollidas na Lei de Extranxeiría (retornos, readmisións, expulsións e devolucións): a cifra é un 6% máis elevada que a de 2006, cando foron repatriadas 52.814 persoas.1

Aínda máis impactante é o dato relativo ó número de repatriacións na última lexislatura: dende 2004, as repatriacións efectuadas polo Goberno ascenderon a 370.027, un 43,4% máis que na lexislatura anterior 2000-2003, na que se chegou á cifra de 258.049; as expulsións en voos de repatriación aumentaron até un 183%, pasando das 14.397 do 2000-2003 ás 40.787 do periodo 2004-2007.

Control de fronteiras e expulsións. Variación 2006-2007.

 

2006(1)

2007

Variación (%)

Variación

Total de repatriacións

52.814

55.938

+6%

+3.124

Retornos (portos e aeroportos)

19.332

24.355

+26%

+5.023

Readmisións

4.616

6.248

+35,40%

+1.632

Expulsións

7.214

9.467

+31,20%

+2.253

Devolucións (pateras e caiucos)

21.652

15.868

-27,30%

-5.784

(1) Exclúense os datos referentes ás persoas de Rumania e Bulgaria, xa que pasaron a ser membros da UE o 1 de Xaneiro de 2007.

Fonte: MIR (2007).

Evolución das repatriacións e dos voos de repatriación dende o ano 2000.

 

2000-2003

2004-2007

Variación

Total de repatriacións

258.049

370.027

+43,40%

Expulsados en voo de repatriación

14.397

40.787

+183,30%

Fonte: MIR (2007).

Do mesmo xeito, en Francia se está asistindo a un endurecemento da lexislación en tema de inmigración: a finais de 2007, o Consello Constitucional francés validou o polémico uso do test de ADN – previsto pola Ley de control da inmigración aprobada polo goberno de Nicolas Sarkozy – que impón ós candidatos á reagrupación familiar que proben a súa filiación coa nai instalada en Francia. Paga a pena lembrar como a máxima jurisdicción constitucional francesa rechazou anteriormente a parte da mesma Lei que preveía a recollida de datos sobre a orixe étnica ou racial das persoas, o considerala anticonstitucional.

Pero o caso máis evidente de endurecemento do control da inmigración, ademáis que de criminalización da persoa inmigrada, é o de Italia, onde o Goberno aprobou un proxecto de lei que define a inmigración clandestina en Italia como un delito. A consideración da inmigración clandestina como delito xa figuraba nunha lei promulgada durante o anterior mandato de Berlusconi, que foi declarada parcialmente inconstitucional polo TC italiano. Sen embargo, o primeiro ministro italiano, volveu retoma-la loita contra a inmigración como unha das súas principais bandeiras durante a campaña electoral, convertíndoa nun dos asuntos centrais na vida política italiana. O proxecto de lei prevé que si unha persoa extranxeira entra ou permanece en Italia de modo irregular, poderá ser condeada a unha pena de entre seis meses e catro anos de cárcere; no caso de que delinca, a pena serlle elevada automáticamente nun tercio e no caso de condena a unha pena superior, ós dous años será expulsado do país. O decreto establece ademáis moitas obrigas e ningún dereito para os inmigrantes: endurécense as condicións para o reagrupamento familiar, que se limita a pais e fillos, previa proba de ADN, e fíxase ademáis a permanencia máxima das persoas inmigrantes en situación “ilegal” nos CPT en 18 meses, en línea co contido da Directica europea que se aprobará so un mes máis tarde. Outras medidas discriminantes fan referencia ás persoas que pidan asilo político, que non poderán moverse do lugar asignado polo prefecto; e os propietarios que aluguen casas a persoas estranxeras “ilegais”, que arriscan entre seis meses e tres anos de cárcere, multa de 50.000 euros e a confiscación da propiedade.

E todo iso está ocurrindo nun contexto caracterizado polo creciente racismo racial.

C) RACISMO SOCIAL EN EUROPA

Nos últimos anos, algúns países europeos veñen rexistrando un aumento importante nos casos de racismo social e de rexeitamento á convivencia cos colectivos de personas inmigradas. As diferentes explosións de odio de tintes racistas rexistradas nos últimos anos representan unha “mostra” de algo moito máis grave e profundo: o calado que nas sociedades europeas se está producindo de prexuízos e xeneralizacións que criminalizan a persoas e colectivos en base a algunha característica común, como é a orixe.

Este incremento do racismo social está sendo alimentado polos mesmos partidos políticos, tanto conservadores como tradicionalmente progresistas, que asumiron un discurso alarmista en tema de inmigración, fomentando con fins electoralistas a idea de que a inmigración conleva “ameazas” e de feito garantizando a constante reproducción dos tópicos negativos sobre a población inmigrada, tópicos que contribúen á lexitimación da impunidade das diferentes manifestacións racistas e xenófobas. A interiorización dun discurso propio da extrema dereita por parte de partidos democráticos representa un peligro pra a convivencia dos distintos colectivos que compoñen a sociedade europea.

Os partidos de extrema dereita, que centran o propio discurso político no rexeitamento da convivencia coa población inmigrada, tiveron en varios países europeos un crecemento extraordinario: demóstrao, ademáis do caso de Italia, o de Suiza, país históricamente tolerante, onde o ano pasado o partido de extrema dereita xenófobo SPV-UDC (Unión Democrática de Centro) se situou como o partido máis votado nas eleccións á Asamblea Federal, co 28,8% dos votos e 61 escaños; e en Bélxica, o partido xenófobo flamenco Vlaams Belang (VB) incrementou en 2007 os seus votos en numerosos municipios e en sete convertiuse na forza máis votada, a pesares do asasinato a tiros en Amberes dunha muller orixinaria de Malí a mans dun militante do mesmo partido catro meses antes das consultas electorais.

En paralelo, está crecendo en Europa o número de brotes racistas violentos. En efecto, o 2006 foi de algunha maneira o ano da “nova explosión” de violencia xenófoba na Unión Europea (e máis en xeral en Europa) perpetrada por grupos organizados de ultradereita: foi entonces cando os organismos de loita contra o racismo do Consello de Europa, da Unión Europea e da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) denunciaron a intensificación e a gravidade dos actos racistas nos países europeos.

Algúns exemplos:

En Alemania, segundo fontes policiais, o número de militantes neonazistas duplicouse entre 2006 e 2007; pasou de 2.000 a máis de 4.000 persoas e as súas organizacións, de 87 a 105. As autoridades alemanas constataron que os grupos de ultradereita están cada vez más organizados e consideraron a 10.400 dos seus integrantes “potencialmente violentos”. De promedio, en Alemania producíronse todo-los días 28 delitos relacionados coa ultradereita, dous deles de carácter violento. En total, os ultradereitistas presentes no país serían uns 40.000, cifra que supera con creces a de calquera outro país da UE.

  • En Italia asistiuse no último ano a un incremento dramático do número de agresións vecinais (en algúns casos, con vítimas) a dano da poboación extranxeira; por outro lado, o 2008 caracterizouse até o de agora polas repetidas agresións, asaltos, queimas perpetradas por grupos organizados a asentamentos de xitanos Romaníes en Milán, Roma, Nápoles etc.

D) VULNERACIÓN DOS DEREITOS SOCIAIS

Ademáis, o colectivo inmigrante segue a se-lo máis vulnerable na UE en relación ós dereitos sociais básicos, entre os cales se deben incluir os dereitos referentes ó traballo, á educación, á vivenda. En todos estes ámbitos, a poboación inmigrante foi profundamente discriminada en comparación coa autóctona.

Limitándonos ó caso español, que é o que coñezo máis directamente, no ámbito laboral, segundo datos máis fiables, máis dun 30% da poboación activa inmigrada traballaba na economía sumerxida. Segundo a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento (OCDE), a inicios do 2007, a metade das persoas inmigradas en situación regular no Estado Español traballaba con contratos temporais, e a poboación empleada inmigrada cobraba entre un 7,2% e un 16,3% menos que a española polo mesmo emprego, unha diferencia salarial que pode acadar o 30% no caso dos empregos de economía sumerxida.

Por outro lado, a poboación inmigrada segue representando o colectivo máis vulnerable á siniestralidade laboral. En 2007, a tasa de siniestralidade laboral no Estado español foi de 5,8 falecidos por cada 100.000 traballadores, máis dun 30% porriba da media da Unión Europea dos 15: e o principal foco de atención foi o sector da construcción, onde boa parte das víctimas foron traballadores inmigrantes.

No ámbito educativo, un estudio do CES subraiou que a meirande presencia de alumnado estranxeiro en centros públicos concretos require medidas específicas para evitar “procesos de marxinalización” e recomendou a implementación nos centros escolares de políticas e prácticas que favorezan a integración dos estudiantes estranxeiros.

Por outra banda, segundo un estudio da Axencia Europea de Dereitos Fundamentais que analizou a situación da xenofobia e o racismo na Unión Europea, no Estado español un dos ámbitos onde se da maior discriminación é no acceso á vivenda: segundo os datos do estudio, en España, o 20% das persoas inmigrantes dispón de menos de 10 metros cadrados pra vivir. A Axencia Europea denunciou unha presencia importante na prensa de anuncios xenófobos, nos que se nega o aluguer ou a venta de pisos a persoas estranxeiras. Ademáis, investigacións rigurosas demostraron como o 47% das persoas inmigrantes residentes en España vivían como inquilino subarrendado, o 19% en condicións de hacinamento.

CONCLUSIÓN

O reseñado até aquí confirma a persistente vixencia da visión utilitarista, instrumental e unilateral da política migratoria comunitaria. Neste sentido, a UE parece entende-la asociación e a cooperación cos Estados de orixe das persoas migrantes como un mecanismo para extender o seu control sobre ditos países (e máis no caso dos países máis empobrecidos) e avanza pouco e nada no campo da loita contra as desigualdades e a pobreza.

En particular, a visión da regulación dos fluxos migratorios proposta pola Unión e polos Gobernos dos países membros é totalmente incompleta, unilateral e polo tanto, insuficiente e equivocada: ignóranse conscientemente tanto as causas da inmigración como as violacións da legalidade e dos Dereitos Humanos que está supoñendo o control das fronteiras a calquera precio, ó que hai que engadir a total falta de criterios de transparencia, legalidade e humanidade.

A externalización das fronteiras da UE por un lado, o peche dos canles regulares de entrada na Unión e a loita contra a inmigración “non controlable” representan o escenario de fondo desta realidade: entonces, a idea que subxace nas diferentes propostas políticas da UE que se veñen sucedendo dende inicios da década é a mesma: ubicar fora das fronteiras europeas o control de entrada das persoas inmigrantes, non deixar que se acheguen, e si non fora posible, repatriar ás persoas migrantes os seus países.

1 De estas cifras exclúense os cidadáns rumanos e búlgaros, que pasaron a formar parte da Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007. O total, as personas repatriadas en 2006 foi de 99.445.