OS RESTOS DE FOUCAULT: “Cultura psiquiátrica, cultura xudicial: reler Michel Foucault”

Bea Hauser


   Entre o 15 e o 16 de Setembro, tivo lugar en París un coloquio internacional baixo o título: “Cultura psiquiátrica, cultura xudicial: reler Michel Foucault”. A intención declarada do encontro era –coa  obra de Michel Foucault como horizonte de reflexión – interrogar, no contexto das recentes controversias en Francia e en Europa, as nocións de peritaxe psiquiátrico no ámeto xurídico, responsabilidade penal dos enfermos mentais e a noción de perigosidade na sociedade contemporánea. Na pequena introdución que acompaña ao programa das conferencias, os organizadores explican por que ler hoxe a  Foucault:

 

            “Dende o século XIX, polo rodeo do peritaxe psiquiátrico, a psicoloxía do inculpado atópase no centro dos debates xudiciais. A xustiza examina à vez os actos cuio carácter delictivo debe ser establecido, e os suxeitos cuia responsabilidade debe ser evaluada. Hoxe, a incrementada importancia da experiencia das vítimas e os medos da sociedade reinterrogan as relacións entre o dominio penal e o médico. Relacións sempre inestábels e conflitivas das que Michel Foucault fixo a historia; unha historia que apunta a incomodar as nosas divisións demasiados evidentes, as nosas certitudes prentendidamente inmemoriais.

<…> A actualidade editorial invítanos a limpar o polvo acumulado <…> No mundo enteiro a publicación dos cursos no Collège de France, iniciada en Francia no 1999, renovou profundamente o noso enfoque da obra foucaultiana. No medio de ese abundante corpus, os dous cursos consagrados á psiquiatría (1973-1974: O poder psiquiátrico e 1974-1975: Os anormais) operan desplazamentos importantes cara o traballo inaugural de 1961 (Historia da locura na época clásica). Para toda unha xeración de investigadores, reler Foucault é sinónimo de escoitalo por primeira vez” Phillipe Chevalier

           

            Certamente, para moitos investigadores reler Foucault é lelo por primeira vez. Se Francia tivo problemas para sobrevivir ao 68, o enterro precipitado dos principais filósofos desa “xeración” foi un acto fallido. Este congreso é sintomático dunha volta na universidade e nas institucións culturais a eses textos. Fenómenos análogos estanse dando con respecto a obra de Deleuze; Derrida tardará moita más, si é que chega, en ser asimilado. Nembargantes, o corpus de Foucault desplazado e alterado leva moito tempo influíndo nas ciencias sociais e mesmo nas políticas públicas. O máis salientábel deste congreso foi o interese en traer un amplo abano de expertos e profesionais, capaces de reciclar a Foucault ou apropialo para a súa prática: psiquiatras e xuristas compoñían case a totalidade dos ponentes. O discurso de Foucault quedaba reducido a súa capacidade descritiva e preditiva, eliminado o elemento de –podemos chamalo cun termo antigo, inda que hoxe se impoña o uso de “deconstrución” – crítica. No centro da maior parte das intervencións, as profundas mutacións do espazo xurídico e da noción mesma de estado de dereito. A vedette do congreso, Robert Badinter, ex-ministro de xustiza da época Miterrand, criticaba con indigación a psiquiatrización da xustiza, o paso dun sistema clásico que condeaba ó acto e buscaba a reinserción a un sistema que condeaba ao individuo como tal, e que, en último termo, busca a eliminación. As posibilidade de detención indefinida antes do fin da condea a individuos catalogados, por un peritaxe psiquiátrico, de perigosos proporcionoulle o modelo desa transformación. Nese ponto, baixo a éxida Foucault, o que se daba era unha defensa do sistema de dereito e os principios humanistas, sen ter en conta precisamente que o texto de Foucault emborrona esa distinción no sistema xurídico clásico (feito que sin citar a Foucault sinalou outra das ponentes, Françoise Digneffe). Textos de Foucault, lido por unha actriz, abrían ou escandían as intervencións, resoando, irremediábelmente, a lectura canónica de igrexa. No congreso non había filósofos. Non e que teña nada de malo, pero é curiosa esa volta do pensamento xurídico e do papel do experto. Ou do espectro, quizáis en Francia rematen o seu luto post-sesentaioto por introxeción, que é máis sinxelo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies