PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Posts tagged "Derritaxes"

Land art. A arte como ferramenta para a restauración ecolóxica de espazos mineiros na Galiza

Almudena Rodríguez Vila A minaría na Galiza sempre representou un dos motores fundamentais no desenvolvemento económico da rexión. Porén, o aumento da competencia internacional ofrecendo un produto moito máis barato, o descenso das vendas pola caída da construción e a crise económica mundial, así como a crecente sensibilidade da poboación cara á conservación da natureza,...

É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade

Dexectora Castro RESUMO: Partindo da urxencia no contexto galego de abordar a problemática ecolóxica de forma transversal, promóvese como movemento de resistencia política unha experiencia da propiedade que non exclúa a propia imposibilidade de ser propietario. Para iso analízase e ponse en cuestión o dereito á propiedade que rexe o modelo socio-político vixente e que...

Territorios desprezados-pero-sen-prezo

Iago Carro / Ergosfera RESUMO: A hipótese principal deste traballo é que moitos dos procesos vinculados ao feísmo achegan valores ao territorio postmetropolitano ou transxénico; polo que o seu obxectivo será a construción dunha narrativa crítica capaz de contrapoñerse ás inercias mediáticas xa consolidadas e ás accións lexislativas anti-feísmo que empezan a saír do forno...

A xestión popular da auga: respostas locais fronte á globalización centralizadora

  David Barkin1 Resumo O crecente proceso de privatización dos servizos de xestión e distribución dos recursos hídricos non parece ofrecer solucións axeitadas para responder as múltiples funcións e demandas que xorden dos mesmos. En México, e outras partes de América Latina, están a xurdir novas propostas “populares” de control local dos procesos de “produción...
Burrida

Burrida

Démobilise la culture mais ce que tu sacrifies en route, en traversant la route, ne l’oublie jamais dans ta docte ignorance (Jacques Derrida : Che cos’è la poesia?). Se queres respostar à pregunta “que é?” (ti esti) pon a careta coa que Derrida desmonta o Saber Absoluto. Para máis info: Entrevista a Claudio Pato; A escritura...
Convocatoria Derritaxes 9

Convocatoria Derritaxes 9

Nun momento no que a conversión do ecolóxico en etiqueta comercial convive coa destrución efectiva do oikos, a ecoloxía é lugar de resistencia e espazo suxeito a múltiples reapropiacións. A ecoloxía política e a ecoloxía económica xorden no último terzo do século XX asociadas á crise das materias primas para lembrar o que a economía...
Derritaxes 8 · 15M

Derritaxes 8 · 15M

  NÚMERO 8. Decembro 2011 pdf completo . Faltan os nomes e quedan as datas. O 15 de maio prendeu simultaneamente en moitos lugares do Estado español un movemento que escapa, nas súas derivas heteroxéneas e na complexidade dos seus artellamentos, á asignación dun nome único. No inicio, unha convocatoria por internet no nome dunha...
Toni Negri e Michael Hardt. Encontro cos movementos sociais

Toni Negri e Michael Hardt. Encontro cos movementos sociais

  Conclusións de Toni Negri e Michael Hardt no encontro cos movementos sociais o 7 de outubro de 2011 no Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Madrid. Logo de estar o 6 de outubro dando unha conferencia no Museo Reina Sofía de Madrid diante dunhas 300 persoas, Toni Negri e Michael Hardt achegáronse ao CSA...

Entrevista a dous participantes na asemblea do 15-M Lugo

  1. Que é o 15-M, que foi para vós, como definiriades se lle tiverades que explicar a alguén que pasou, que pode ser isto do 15-M? B. Podemos dicir que é un movemento social, un movemento de contestación social. A. É a consecuencia por unha banda do traballo de moitos movementos sociais alternativos, de...

Manifestación

Drocha Hauser Había unha morea de xente. Resultaba imposible calcular a cantidade estando no medio da masa. Todas as rúas anexas á Puerta del Sol estaban anegadas pola multitude. Moitos de nós chimpabamos ao ritmo do cántico “ANTI-ANTI-ANTICAPITALISTA!” – Se te ha caído — dixo mentres recollía do chan a miña palestina. – Gracias —...

En torno ó 15-M e a deconstrución do relato transicional español

Manuel Artime Resumo: Neste artigo trátase de establecer unha relación entre as mobilizacións cidadás do 15-M e as que tiveron lugar nos anos previos e posteriores á transición democrática. Seguindo a reivindicación que fan os ‘indignados’ de outra democracia máis real, tirarei do fío histórico sobre a participación política fóra dos partidos no Estado español,...

Unha mirada ó movemento 15M dende a filosofía Orteguiá

Jacobo López Castro Resumo: O día 15 de maio de 2011 ficará na nosa memoria colectiva como aquel domingo no que comezou o movemento dos «indignados» e «indignadas» en España, en medio desa ola de manifestacións que tanto o precederon como o continuaron noutros países. Neste ensaio queremos atravesar a costra deste «feito histórico» tomado...

Dislocando conceptos vellos: Bensaïd e o 15M

  Thomas Hauser Resumo. A aparición de movementos contestatarios críticos coa situación xerada a raíz da crise económica xurdida no 2008 fai que sexa cando menos relevante formularse a posibilidade de que conceptos que caeran en desuso –revolución, clase, partido– poidan volver ser repensados á luz da nova situación económica, política e social actual. Inténtase...

Outras políticas: lingua, tempo e as diferenzas

Beatriz Hauser Resumo: Neste artigo téntase percorrer o xeito no que o común acontece dende as diferenzas a través da experiencia dos conflitos en torno á Comisión de feminismos de Sol. Partindo da relación entre o feminismo e a política, e os artellamentos con moitos outros que poden darse aí, exponse a necesidade dunha noción...

15M ou a relación entre o común e o acontecemento

  Sören Hauser 1.- Xustificación Estamos a vivir tempos convulsos no capitalismo, en Oriente, en Occidente, en Europa, no Estado español. A convulsión é froito de moitas continxencias, de moitas realidades vividas ao mesmo tempo, pero tamén de certo malestar, dunha indignación, dun desexo (do) común, a saber, a esixencia de democracia, dunha democracia real,...
Convocatoria Derritaxes 8

Convocatoria Derritaxes 8

  Faltan os nomes e quedan as datas. O 15 de maio prendeu simultaneamente en moitos lugares do Estado español un movemento que escapa, nas súas derivas heteroxéneas e na complexidade dos seus artellamentos, á asignación dun nome único. No inicio, unha convocatoria por internet no nome dunha “Democracia real ya” sacou ás prazas do...
Derritaxes 7 · Universidad: ortodoxia e expansión

Derritaxes 7 · Universidad: ortodoxia e expansión

NÚMERO 7. Xuño 2011 PDF completo . Bolonia, 19 de xuño de 1999. Declaración de Bolonia. Declaración conxunta dos señores ministros europeos de educación. Construír unha universidade europea. A Europa do coñecemento, crecemento social e humano, a cidadanía europea, promocionar a mobilidade, obtención de emprego, independencia e autonomía das Universidades, responder ás demandas da sociedade,...

Universidade

José Mª Ripalda   Hai ben de tempo que estou na universidade e agora, no momento de ir deixándoa, recoñezo que sigo sen entender que é e de que vai, como un enorme xeroglífico do que son un trazo predeterminado. Sei moitas cousas dela; mais é como se mancase algo esencial. Actuei nela; mais no...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies