Presentación das monografías sobre ULRICH BECK e TERRY EAGLETON


capa_eagleton2-202x300O próximo venres, 26 de Abril às 20 h. no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, LALÍN, Estaleiro Editora presentación de: O deseño dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton e Cosmopolitismo versus globalización. Unha lectura de Ulrich Beck. O acto contará coa presenza de Francisco Conde Soto (autor de “Cosmopolitismo versus globalización”), Carme Adán Vilamarín (filósofa e deputada no Parlamento de Galicia) e Xosé Manuel López Fernández (autor “O deseño dun círculo marxista”)

As obras son resultado da colaboración continuada que manteñen os colectivos Estaleiro Editora e Proxecto Derriba, ao que pertencen os dous autores. Na monografía sobre Eagleton, Xosé Manuel López, que asina o libro co pseudónimo Karl Hauser, estabelece unha cartografía básica para nos achegarmos á produción dun dos pensadores marxistas máis influentes das últimas décadas, especialmente atento aos procesos simbólicos da vida social e cultural e á activación do discurso crítico cunha función transformadora.

capa_beck3-202x300Francisco Conde, que asina como Frank Hauser, elabora igualmente unha sintética mais estimulante introdución ao pensamento de Ulrich Beck. Na obra faise un repaso polas principais categorías sociolóxicas desenvolvidas polo filósofo alemán (sociedade de risco, individualización, globalización, subpolítica, cosmopolitismo…), imprescindibles para comprender as sociedades contemporáneas.

Como é norma nas series monográficas elaboradas polo Proxecto Derriba, publicadas por Estaleiro, as dúas obras apostan por unha clara vontade sintética e pedgóxica, con apoio nunha escolma de textos dos autores estudados.

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies