Comúns e capitais, capitais comúns
O sistema de produción capitalista non entende de comúns. Como disposición sociopolítica das intensidades e os obxectos, aséntase sobre un réxime de propiedade construído coa cadencia da historia, e implantada violentamente niso que Wallerstein chamou a Economía-Mundo. É posibelmente aquí onde podamos entender que a dinámica de acumulación do Capital se confronta necesariamente con formas...
“É unha crise. E é unha estafa”
Visto así, o sistema capitalista non é outra cousa que unha estafa. O proceso de valorización mediado pola mercadoría consiste, desde un principio, na alienación do tempo traballo. O paso da “distribución das riquezas”, das que se dispón por natureza e sen mediar produción na episteme antiga, á “creación de valor” introdúcese coa economía (política)...
Conversa con… Claudio Pato: “Ser xusto co outro é aceptar a súa monstruosidade”
Conversamos con Claudio Pato sobre as motivacións que levaron a poñer en pé o proxecto denominado “Escrita(s)”, que ten lugar anualmente n’A Coruña dende o ano 2009, os seus antecedentes, obxectivos (de habelos), pretensións e desexos. Proxecto Derriba: Para empezar dunha maneira típica e tópica, e antes de entrar en materia, estaría ben a nivel...
A domadora
Sabela López Pato Resumo1: Partiremos dun elemento central na escrita da arte contemporánea, o artefacto. Polo camiño, perderemos a noción de obra en tanto que unidade ou complexo de sentido e caeremos no disparatado. Presentareivos a domadora e descenderemos das peañas da arte ao lugar dos obxectos comúns: alí onde nós habitamos, alí onde sempre...
Vidaextra: Notas de Presentación para un Proxecto de Filme
Ramiro Ledo Cordeiro Resumo: Guiándonos pola novela de Peter Weiss A estética da resistencia (1975-1981), trátase de superporlla ao noso día a día e de facermos o posíbel para tirarmos proveito dela. Gardando respecto polas características formais do texto, entraremos no edificio do Banco Español de Crédito, na Praza de Cataluña de Barcelona, a través...
Deconstrucións e outro. Unha fantoloxía do acontecemento
Sören Hauser Resumo: Hai silencios, marcas, secretos, outros, que non son senón fantasmas que se repiten, asedian e esixen unha concepción de tempo afastado da presenza, onde o pasado insiste no presente e a apertura ao por-vir é precisa. O fantasma aparece, ve e deixa marcas secretas e silenciosas que condicionan o noso ver e...
Errantes e místicas. Andar sen rumbo no cinema contemporáneo
Marta Pérez Pereiro Resumo: A figura do flanêur asóciase á época de nacemento do tecido urbano que vai en paralelo ao agromar dos medios de comunicación de masas. O cinema, malia a súa capacidade para transmitir o espazo-tempo, a diferenza doutras artes, aínda non atopou a fórmula para trasladar a imaxes as camiñadas do...
Bosques de texto. Rosalía de Castro e a lóxica da sensación
María do Cebreiro Rábade Villar Resumo1: O artigo tentará mostrar a produtividade lingüística, ética e política dun motivo que funciona dun xeito transversal á totalidade da obra de Rosalía de Castro, e que constitúe unha figuración imaxinaria do mundo natural como algo susceptible de ser vulnerado ou ferido. Refírome á representación literaria da talla das árbores,...
“Si ao aborto, porque si á vida”: biopoder, soberanía e reprodución obrigatoria
Beatriz Hauser (beatrizhauser@proxectoderriba.org) Paradoxalmente aqueles que levan anos favorecendo a morte de moitas mulleres por abortos ilegais chámanse a si mesmos “pro-vida”, e aquelas e aqueles que están a defender a vida como vida efectiva e vivíbel reciben o cualificativo de “pro-aborto” ou “pro-elección”. Quen pode chamarse “pro-vida” e en nome de que ou...
Da biopolítica á ecopolítica
Beatriz Hauser Pode aínda, para nós aquí e agora, funcionar a biopolítica como o designador dos complexos mecanismos de poder que nos constrúen, e como o lugar dunha resistencia (im)posíbel? Neste artigo tentaremos remarcar dende os seus desenvolvementos contemporáneos outra noción de vida irredutíbel a calquera contraposición binaria e que faga xustiza á multiplicidade...
Teresa Moure, O natural é político
DexectoraCastro Teresa Moure, O natural é político, Vigo, Xerais, 2008. “O mundo non se acabará por racharmos deliberadamente coas regras inxustas que o sustentan e, entrementres, talvez deamos feito unha fenda para nos ecoloxizarmos” Con esta obra a autora ofrécenos un texto que sen dúbida procura ser divulgativo. Hai que telo dende un...
Vandana Shiva: Biodiversidade, desenvolvemento local e crise financeira
(Esta entrevista, con Roberta Pellizzoli e Haram Sidibé, tivo lugar o 4 de Abril do 2009)1 Pregunta: O G20 concluíu con diversas propostas para encarar a crise económica e financeira global. Cales consideras ti que son as causas de fondo da crise? V.S: A raíz da crise está na desrregulación, que está permitindo ás forzas...
Urbanismo e sustentabilidade
Culturambiente A urbanización do planeta nos últimos cen anos creceu exponencialmente: en 1890 tan só un 15% da poboación vivía en cidades –uns 250 millóns de persoas–, fronte a case o 50% no ano 2000. Mentres que a poboación total se multiplicaba por catro durante estes cen anos, a poboación urbana aumentaba máis de...
Land art. A arte como ferramenta para a restauración ecolóxica de espazos mineiros na Galiza
Almudena Rodríguez Vila A minaría na Galiza sempre representou un dos motores fundamentais no desenvolvemento económico da rexión. Porén, o aumento da competencia internacional ofrecendo un produto moito máis barato, o descenso das vendas pola caída da construción e a crise económica mundial, así como a crecente sensibilidade da poboación cara á conservación da natureza,...
É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade
Dexectora Castro RESUMO: Partindo da urxencia no contexto galego de abordar a problemática ecolóxica de forma transversal, promóvese como movemento de resistencia política unha experiencia da propiedade que non exclúa a propia imposibilidade de ser propietario. Para iso analízase e ponse en cuestión o dereito á propiedade que rexe o modelo socio-político vixente e que...
Territorios desprezados-pero-sen-prezo
Iago Carro / Ergosfera RESUMO: A hipótese principal deste traballo é que moitos dos procesos vinculados ao feísmo achegan valores ao territorio postmetropolitano ou transxénico; polo que o seu obxectivo será a construción dunha narrativa crítica capaz de contrapoñerse ás inercias mediáticas xa consolidadas e ás accións lexislativas anti-feísmo que empezan a saír do forno...
Síguenos