Autor: danhauser
-
da enunciación dende o común
Existe unha aporía de base que pecha toda posibilidade de crítica ao enfoque. O enfoque determina o campo discursivo, o posible na enunciación sobre o imposible. Encontrar o que un andaba buscando, o vello truco do prestidixitador da teoría formal, ou da formalidade teórica. Saírse dun marco teórico non é tan sinxelo -diríase imposible- porque…
-
altofalantes para todas
A interrelación produción biopolítica/subxectivación capitalística, con formas de vida (socius) e desintegración metabólica do oikos, é o tema de reflexión do último Guattari. “A crise ecolóxica remite a unha crise máis xeral do social, o político, o existencial. O problema aquí exposto é o dunha sorte de revolución das mentalidades para que cesen de avalar…
-
Comúns e capitais, capitais comúns
O sistema de produción capitalista non entende de comúns. Como disposición sociopolítica das intensidades e os obxectos, aséntase sobre un réxime de propiedade construído coa cadencia da historia, e implantada violentamente niso que Wallerstein chamou a Economía-Mundo. É posibelmente aquí onde podamos entender que a dinámica de acumulación do Capital se confronta necesariamente con formas…
-
“É unha crise. E é unha estafa”
Visto así, o sistema capitalista non é outra cousa que unha estafa. O proceso de valorización mediado pola mercadoría consiste, desde un principio, na alienación do tempo traballo. O paso da “distribución das riquezas”, das que se dispón por natureza e sen mediar produción na episteme antiga, á “creación de valor” introdúcese coa economía (política)…
-
Ecosofía e Procomún. Paradigmas de re-existencia
D@n Hauser 1. A proposta ecosófica. Félix Guattari e as tres ecoloxías Situamos, en primeiro lugar, a problemática a abordar no eixo que, pensamos, determina a urxencia da revitalización do procomún e da súa defensa: a ecosofía, entendida esta como o discurso que conecta os riscos ambientais –ecoloxía ambiental–, coa degradación social que provocan…
-
Primeiro Manifesto Infrarrealista
DÉIXENO TODO, DE NOVO primeiro manifesto infrarrealista “Até os confíns do sistema solar hai catro horas-luz; Até a estrela máis próxima, catro anos-luz. Un desmedido océano de baleiro. Pero, estamos realmente seguros de que só haxa un baleiro? Unicamente sabemos que neste espazo non hai estrelas luminosas; de existir, serían visíbeis? E se existisen corpos…