PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Posts tagged "Chus Pato"
A escritura poética ou a douta ignorancia

A escritura poética ou a douta ignorancia

D.Rocha Hauser  Resumo O poema en tradución do saber, a súa suspensión, como o seu contrapaso, aparece aquí como o resto do saber, en suma, o saber mesmo que xa non sabe. A-identitario, a-poietico e a-humano/animal, o poema deixa latexar o seu corazón robotizado e pon en xogo, antes que ao saber absoluto, ao poema...

Fisuras nunha liña de progresión: comprender entre o lume

Oriana Méndez orianamf@hotmail.com Resumo: Rexeitemos a orde para protexernos do caos. A dor, a angustia que se crava nos pulmóns ao vermos ideas opostas a si mesmas, ideas cruzadas consigo mesmas, un pensamento que xa non é transparencias: pensamentos apodrentados ou peor, pensamentos contraditorios que foxen da nosa comprensión, que non entran no aparato coherente...

Conversa con… Chus Pato

O tempo da rima pasou cando morreu Deus Conversamos con Chus Pato sobre a temática á que refire a convocatoria deste presente nº de Derritaxes, “Filosofía e literatura”, e comezamos facendo referencia explícita precisamente ao texto da convocatoria, a modo de introdución da conversa. Proxecto Derriba– Literatura e filosofía. Dous campos de traballo, dúas institucións....

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies