Amor a Cachón

AMOR A CACHÓN

Drocha Hauser

E canta máis forza facía máis me resistía, máis me doía, pero non

abandonaría simplemente por iso.

Levaba tanto tempo soportando o seu peso abusivo,

os seus golpes, os seus simétricos e constantes golpes,

dolorosos como ningún porque a mocada máis vehemente é a que

cicatriza máis alá da faciana.

E a intensidade é tal que un minuto pode parecer un ano, e por suposto a

lembranza dese instante desaforado superará con creces o tempo da súa

aparencia.

Cotenos como pétalos de rosas amarelas que afunden as miñas costelas até

o berro virulento e o vento entrecortado da túa respiración agresiva

arrefría, e tamén alivia, unha bágoa que foxe meixela abaixo.

E aínda que non sempre derramas o meu sangue despois de cuscubiñar o fin da moratoria non deixo de tremer e de pensar en que o

vas facer cada vez,

probablemente sen querer,

pois sempre te avergoñas a posteriori da túa propia violencia.

Agresividade secreta, a porta pechada. Xa estaba a chorar cando me

chuspiches na cara;

non tes menciña nin emenda, e por iso, ás veces, pecho os ollos e abrázote, meu amor,

esquecéndome que aínda estamos nus.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies