Foto: Javi Sáez

 

pacovidarte.org

 

 

“Pola contra, os poucos que se rebelan, aínda que sexa de modo irracional, acadan algo, voltan a descubrir algo que lles dá esperanza. Ningunha xustificación, pero comparado cos que se resignan ante a vida prefiro ao que, mesmo tolo, é capaz polo menos de ter esperanza.”

R.W. Fassbinder

 

 

***

 

 

Ti que nos ensinaches a(s) diferenza(s),

contigo que volvimos aos xogos de nenos…

A nai nunca deixa espazo á novidade

(“mellor na casa coa nai que na rúa coñecendo xentuza”),

mais esta nai coñecía a diferenza,

era esta nai a que a levaba dentro súa, a mesma alteridade…

Ti que fuches o noso pulo,

ti que aguantaches como a nosa malla,

como aquilo que ía e viña, o mallado por nós,

o acontecer volto torto, volto infame.

Sabiamos que a alteridade levaba con seu o imposíbel, a novidade,

tan chea de faíscas como de merda, de apertura como de pechazón.

Hoxe, o noso peito fica aberto

e foi a túa diferenza a que esnaquizou a propiedade, o programa,

tal como sempre dixeches.

Ábrese a fenda, resta a falla…

Amigo, a túa diferenza xa muda en nós.

 

Ab

 

***

 

{youtube}QuMiBq5wpAA{/youtube}