A malla de mallas Universidade Invisíbel alumea un novo espazo de debate en torno a conceptos fundamentais da filosofía contemporánea como biopolítica, migración, imaxe, poder constituínte, imaxinación, etc, o Laboratorio Invisíbel.
Procúrase participación para dar lugar a produción colectiva de ideas ao respecto.
“A Universidade Invisíbel é un experimento no eido da produción institucional e cultural. Non tanto unha organización ao uso, a Invisíbel defínese en termos de “rede de proliferación”; isto é, unha multiplicidade posta en común na forma dun corpo descentralizado, que coa vontade de experimentar coas formas da producción de saber e animar os debates críticos , coordina distintos proxectos de docencia alternativa, intervención artística e metropolitana, crítica institucional, activismo e experimentación epistemolóxica e concetual.”