Identidade e Diferenza na Literatura

 

Asumindo a problemática que a construción da identidade implica, non só na adolescencia, senón tamén no que respecta aos nosos roles de xénero, sexuais, etc. na continua reestruturación da personalidade que imos facendo ao longo das diversas etapas da nosa vida, cremos que a literatura é un bo camiño para amosar vías diversas de construción da mesma, e todo o que está detrás dela. Por iso proponse un obradoiro de lectura con catro módulos que investigarán de diversos xeitos as influencias presentes na nosa construción da identidade. Exemplos destas achegas son a procura da figura do “dobre”, a construción do xénero, a figura do “outro” ou o papel da diferenza con respecto á identidade. O obradoiro diríxese a todo tipo de público interesado na temática proposta e con querenza pola lectura. O obradoiro elabórano os investigadores/as do colectivo Proxecto Derriba tratando de que a precisión técnica non sexa un impedimento para o seu carácter pedagóxico. Asegúrase, así mesmo, a flexibilidade en canto ao nivel de lectura esixido.

+ info

pdf Dossier

Enviar folla de inscripción a verbum@vigo.org

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies