As transformacións do discurso político logo das revoltas globais


A política, o político, non é un territorio ben delimitado; senón un espazo agonístico no que as súas redefinicións discursivas son xa accións políticas, e a inversa. Na esixencia de atender aos nosos contextos concretos e repensar, dende unha teoría sempre situada, os lazos entre as palabras e as accións, propoñemos neste obradoiro un percorrido polos diversos efectos que as revoltas inda en proceso están a ter no xeito de facer e pensar a política nun momento de fin de ciclo e mutacións globais. Como pensar a relación entre corpos, accións e discursos na era das mallas sociais? Que implican os procesos de resignificación para termos como “democracia”ou mesmo “política? Que impulsa a xente a saír a rúa co obxectivo de tornarse en axentes dun cambio social? Como contestar a legalidade dende unha xustiza que deslexitima os poderes de feito? Que pode facer unha multitude que se quere constituínte para arranxar as diferenzas sen abolilas? Que implica para o campo enteiro das nosas posibilidades e desexos a irrupción do común como acontecemento? Esas liñas diversas, que non tentan esgotar o obxecto, propóñense como outras tantos percorridos polos que pensar entre todos o que está a acontecernos. Este obradoiro, que se pretende un camiño de ida e volta entre a tradición filosófica recente e a nosa artefactualidade, vai dirixido a calquera que queira participar nun proceso común de pensamento.

+ info

Dossier en pdf: Proxecto Derriba Obradoiro Revoltas Globais

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies