Laboratorio Invisíbel

A malla de mallas Universidade Invisíbel alumea un novo espazo de debate en torno a conceptos fundamentais da filosofía contemporánea como biopolítica, migración, imaxe, poder constituínte, imaxinación, etc, o Laboratorio Invisíbel.

Procúrase participación para dar lugar a produción colectiva de ideas ao respecto.

 “A Universidade Invisíbel é un experimento no eido da produción institucional e cultural. Non tanto unha organización ao uso, a Invisíbel defínese en termos de “rede de proliferación”; isto é, unha multiplicidade posta en común na forma dun corpo descentralizado, que coa vontade de experimentar coas formas da producción de saber e animar os debates críticos , coordina distintos proxectos de docencia alternativa, intervención artística e metropolitana, crítica institucional, activismo e experimentación epistemolóxica e concetual.”

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies