O pasado sábado 19 de setembro tivo lugar unha festa para celebrar o nacemento de Gender Justice LA. Este colectivo xorde dun colectivo anterior, AKBAR, que levaba xa tempo artellando o movemento trans-xénero na cidade de Los Ángeles.Nome novo, nova andadura para o colectivo que se quere –e o é –disposto a acoller toda a pluralidade irreductíbel que camiña por estas rúas de LA, manexando un doce concepto de inclusión. Esa festa foi para tod@s: trans, queer, heteros, butch, femme, chicanos, chicanas, afroamericanas, anlosaxóns, italo-brasileiros, galegas e ate familias. Ese máis aló da hospitalidade non era só un discurso, era unha actitude total das persoas que estaban aló, dispostas a acoller a quen fose. Sen temer artellar un discurso, que cun fondo radical de optimismo, atrevíase a poñer en primeiro plano as cuestión de raza e de clase, a desunión tamén. Sen deixar de sorrir. O doce non ten porque ser feble, nin empalagoso. A xustiza é tamén cuestión de gusto e de nariz.
Seguiremos atentas.